A Marcha Mundial das Mulleres condena os ataques de Israel contra a franxa de Gaza, Palestina. Imprimir
Escrito por Administradora   
Venres, 18 Xullo 2014 12:08

A Marcha Mundial das Mulleres condena a violencia extrema que Israel está utilizando na franxa de Gaza e esixe que se pare de inmediato con calquera tipo de ataque, neste ou noutro territorio Palestino.

Desde hai máis de sesenta anos, e cunhas condicións de vida cada vez máis deterioradas, a poboación palestina sofre a diario nun estado de apartheid: expropiacións ilegais, brutais detencións, discriminación, acoso, graves limitacións no acceso aos seus dereitos básicos... A violencia sistemática que miles de palestinos y palestinas soportan a diario ten que ser detida de inmediato, e a comunidade internacional non pode continuar calada. As autoridades israelís, apoiándose no seu exército, intensificaron recentemente a súa escalada de violencia e os brutais ataques contra os dereitos de civís palestinos. Fai unha semana, ignorando todos os chamamentos internacionais, Israel lanzou unha ofensiva militar en Gaza chamada -Eixe Protector- que se ten cobrado xa a vida de muchas persoas, incluíndo nenos e nenas, e ten causado graves danos materiais, moitas (xa de por si precarias) infraestruturas civís palestinas.

A Marcha Mundial das Mulleres, mostra a súa solidariedade coas nosas irmás e irmáns palestinos, e esixe firmemente o inmediato cese dos ataques. Así mesmo, apela á Comunidade Internacional para reaccionar de forma contundente no cumprimento das súas obrigas morais coa protección da poboación civil palestina, e traballar de forma coordinada na activación dos adecuados mecanismos de rendición de contas e enxuizamento dos responsables desta masacre.

Mulleres do mundo, estaremos en marcha hasta que todas as mulleres sexamos libres!