Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo
| Por un aborto libre e gratuito, nen un paso atrás |
|
|
|
| Escrito por Administradora |
| Martes, 31 Xullo 2012 22:17 |
|
A Cordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres convídavos a participar nas concentracións que faremos todos os martes a partires do 7 de agosto, ás 20:30 diante do MARCO (Vigo), para visibilizar o noso total desacordo coas restriccións á actual Lei de Aborto anunciadas hai poucos días polo ministro de xustiza, Gallardón. As mulleres non descansaremos ata que os escasos logros que obtivemos nos últimos anos sexan inamobibles e interiorizados polos gobernos presentes e futuros, como algo normalizado e fundamental dunha sociedade democrática e igualitaria. As mulleres da Marcha Mundial das Mulleres constatamos con rabia que os discursos machistas, hipócritas e cargados de noxento paternalismo, estanse a extender en todos os pobos, máis iso non é para nosoutras causa de abafamento, máis ben ao contrario, levamos loitando máis de dez anos en diferentes terras e en diferentes frentes, por iso unha vez máis na Galiza berramos: ¡¡¡MULLERES EN MARCHA ATA QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!!! |
| Última actualizaciónfeita en Martes, 31 Xullo 2012 22:30 |