Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo
| Crónica 25 de Novembro 2010 "Día Internacional contra a Violencia Machista" |
|
|
|
| Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza |
| Sábado, 27 Novembro 2010 11:43 |
|
No Día Internacional contra a Violencia Machista deste ano quixemos co lema "Recortar Recursos é Atentar contra a Igualdade" poñer de manifesto que non só exerce violencia o asasino de cada unha das mulleres mortas na Galiza e no resto do mundo cada ano, senón tamén quen colabora na perpetuación dunha sociedade patriarcal, fomentando as desigualdades entre mulleres e homes, sexa goberno ou oposición, organización social pública ou privada, igrexa ou estado, todos están pondo os baseamentos para que se siga discriminando e asasinando ás mulleres. Na Coruña reunímonos no bairro da Agra onde participantes no obradoiro de Teatro da Oprimida que tivo lugar o pasado agosto, criaron unha peza de teatro-imaxe sobre as opresións coas que as mulleres temos de cargar, e convidou ás/os asistentes a cortar as cordas da opresión como mostra de que a loita contra as violencias machistas ten de ser responsabilidade de toda a sociedade.
En Ferrolterra contouse coa colaboración da asociación “O Aturuxo de Melpómeneâ€. A actriz Carmen Louro fixo un monólogo e a cantautora Maite cantou dúas das súas cancións. Rematouse compoñendo un puzzle coa palabra Igualdade sobre as palabras “Violencia Machistaâ€, pretendéndose representar que os recortes económicos atentan contra a igualdade e como entre todas poderemos recompoñela.
As compañeiras de Ourense realizaron unha acción “nocturna†na que colocaron bandas violetas en diferentes estatuas da cidade facéndoas así participes das denuncias contra a violencia machista. Desafortunadamente estas bandas foron retiradas das estatuas o que causou un gran malestar entre as compañeiras de Ourense.
Desde a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza agradecemos a todas as organizacións, colectivos e cidadanía por apoiar as diversas concentracións é accións contra a violencia machista que se estiveron a desenvolver no noso país durante este ano e instamos á aplicación no seu día a día das medidas individuais e colectivas e precisas para a súa erradicación. Porque "Recortar Recursos é Atentar contra a Igualdade" as mulleres berramos  "Mulleres en Marcha ata que todas sexamos libres!"  |
| Última actualizaciónfeita en Sábado, 27 Novembro 2010 15:14 |