Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo
| 25 de Novembro 2010 "Día Internacional contra a violencia machista" |
|
|
|
| Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza |
| Mércores, 24 Novembro 2010 22:47 |
|
Baixo o lema “Recortar recursos é atentar contra a igualdade†desenvolve a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza a campaña do 25 de Novembro de 2010 do Día internacional contra a violencia machista. Nesta data sinalada internacionalmente debemos recoñecer toda a sociedade que a violencia de xénero é a principal ferramenta que emprega o patriarcado para manter as mulleres na subordinación social. Isto acontece nos nosos días e desde sempre, nas nosas sociedades occidentais e en todas as culturas e modos de vida; polo que cómpre abordar un cambio social integral para erradicar a face máis dramática da violencia de xénero: o asasinato das mulleres a mans das súas parellas, sen esquecer as outras manifestacións sociais e de carácter estrutural da violencia contra as mulleres. É maltratador e violento quen denigra, vexa e chega a asasinar, mais tamén exerce violencia de xénero o lexislador que non ten perspectiva de xénero, as institucións que privan de novos recursos para a igualdade e recortan os existentes; e todo aquel que propaga ideas patriarcais como o desprezo ás mulleres con cargos públicos, como negar a necesidade das políticas de igualdade, como falar da familia tradicional e da tradición para xustificar a maternidade, os cuidados e a sexualidade pasiva como exclusivamente das mulleres, aínda que logo faga MINUTOS DE SILENCIO. Queremos que se acabe xa coa complicidade entre o poder político e os grupos pro-vida para recortar os dereitos das mulleres. SON TEMPOS DE CRISE DA IGUALDADE, por iso o feminismo é tan necesario, porque desde o feminismo traballamos pola cidadanía plena para as mulleres e reclamamos recursos para a igualdade das institucións. Con cidadanía e recursos frearemos o paso de xigante da violencia de xénero. Actos da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza A CORUÑA Concentración na Rúa Corcubión (Praza das Conchiñas) de 19 a 20h 19h30 - Teatro-imaxe 20h - Lectura manifesto Participación das Batukadas Feministas COMPOSTELA Concentración na Praza do Toural ás 20h FERROLTERRA Concentración na Praza de Galiza de Narón ás 20h OURENSE PONTEVEDRA Concentración na Praza 8 de Marzo ás 20h30 VIGO Manifestación dende a Praza de Urzáiz ás 20h    |
| Última actualizaciónfeita en Mércores, 08 Febreiro 2012 00:14 |