Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo
| A viaxe do Papa que a pague a Igrexa do seu peto! |
|
|
|
| Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza |
| Venres, 05 Novembro 2010 14:41 |
|
A Marcha Mundial das Mulleres de Galiza quere denunciar o custo que a administración da Xunta do PP vai gastar coa visita do Papa a Compostela. Non podemos deixar de denunciar que mentres a xunta do PP recorta un 40% do orzamento no ámbito social (un 4,9% menos en sanidade, un 6,6% en educación e un 40% na vivenda), privatiza a xestión de hospitais, centros de día de maiores, centros asistenciais para persoas con discapacidade, gardería;, desmantela os centros Quérote para privatizalos, etc., non escatimará en recursos para subministrar un suculento catering ó exclusivo persoal que o día 6 se reúna Praza do Obradoiro. Unha vez máis demostrase que a separación Igrexa-Estado non existe. O Alcalde de Santiago e o Delegado do Goberno piden os cidadáns de Compostela que actúen como bos anfitrións colaborando cos visitantes en todo o que necesiten. Pero o dereito a traballar queda suspendido para aqueles que o fan na rúa. Suspenderase a liberdade de expresión, reunión, manifestación e circulación os días previos, mentres se lle da todas as facilidades de expresión, reunión e manifestación ós devotos dunha “relixiónâ€. A Marcha Mundial de Mulleres rexeita o enorme custo económico da visita do Papa con cartos públicos, que o fai en nome dunha igrexa que rexeita a igualdade da muller, rexeita os matrimonios homosexuais, ataca o uso do preservativo, está en cotra do aborto é defende o patriarcado e o fundamentalismo. A Marcha Mundial das Mulleres esixe ó Estado e ós seus gobernantes que os cartos empregados para este evento e os futuros, sexan pagados integramente pola Igrexa. A Marcha Mundial das Mulleres de Galiza apoia as convocatorias das organizacións que rexeitan a visita do Papa pagadas cos nosos impostos.
|
| Última actualizaciónfeita en Venres, 05 Novembro 2010 21:37 |