MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Por un Haití Libre e Soberano! PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Luns, 15 Febreiro 2010 22:43

No marco da alianza do Jubileo Sur, Via Campesina, Marcha Mundial das Mulleres e outros movementos sociais, construímos unha posición común para presentar na reunión dos ministros dos países doantes realizada en Montreal, o pasado luns 25 de Xaneiro.

PAÍSES DOANTES, SEXAN VERDADEIRAMENTE SOLIDARIOS: reconstrución coas haitianas e os haitianos

Despois do terremoto, miles de persoas manifestaron a súa solidariedade con Haití co envío de xenerosas doazóns e coa demanda de accións aos seus gobernos.

Constatamos con alivio que a axuda de urxencia está organizada e que a comunidade internacional procura un plan de reconstrución. No entanto, apelamos á vixilancia para que a soberanía do pobo de Haití e o dereito das mulleres sexan respectados.

A Federación de Mulleres do Quebec e a Casa de Haití acreditan que un plan de reconstrución ten que ser pensado nunha perspectiva de durabilidade. Con isto, apelamos aos gobernos e ás organizacións reunidas no marco da conferencia dos países doadores a ter unha real solidariedade co pobo de Haití.

Estaremos presentes para que estes países estean involucrados en:

  • Asociar e incluír ás mulleres nos proxectos de reconstrución, porque elas son os piares da vida social e política do país.
  • Ter unha atención especial co tema da violencia contra as mulleres e as nenas, nunha situación na cal existe unha maior vulnerabilidade por un clima de inseguridade. Con isto, é clave que as axudas humanitarias estean alerta e o teñan en conta para as súas intervencións.
  • Anular inmediatamente e de xeito incondicional a débeda externa de Haití.
  • Non conducir a Haití a un novo endebedamento. Os recursos destinados á axuda e á reconstrución de Haití teñen que ser doazóns e non empréstamos.
  • Reafirmar o dereito á soberanía de Haití. A axuda de urxencia e os plans de reconstrución non deben de relacionarse con ningunhas condicións, nin estar ao servizo dos intereses dos países doantes.
  • Incluír a soberanía alimentaria no plan de reconstrución e recoñecer a implicación das mulleres.
  • Afrouxar as regras de migración e facilitar a reunificación das familias.

Precisamos de vostedes para facer circular esta mensaxe de solidariedade aos países doantes.

Descarga aquí o

[ Chamado a acción de Quebeque aos gobernos e organizacións reunidas en Montreal ante a situación en Haití ]

Modificado o ( Xoves, 18 Febreiro 2010 11:38 )
 

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Publicacións:

Campaña:

25n2011w.jpg

Cartel
Cartel

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
CAF - Comisión da Muller [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]

VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]

FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]

PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra

COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller

COSTA DA MORTE
Buserana

A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 3 convidadas en liña