MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

III Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres!! PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Mércores, 23 Decembro 2009 00:21

As accións internacionais son momentos para fortalecer a nosa identidade como movemento. Estar en marcha expresa a idea de seguir libremente, sen coaccións ou impedimentos, para expresar a forza das mulleres organizadas de forma colectiva, en asociacións, grupos, movementos, con experiencias, culturas políticas e etnias diferentes, mais que teñen unha identidade común: superar a actual orde inxusta, que provoca a violencia e a pobreza. Tamén expresa a nosa solidariedade internacional e o facto de que estamos alertas ao que pasa ás nossas compañeiras noutras partes do mundo.

No 2010, faremos as nosas voces seren ouvidas aínda con mais forza entre os dias 8 de marzo e 17 de outubro en todo o mundo. As nosas accións mundiais serán organizadas en dous momentos de maior énfase:

  • periodo entre o 8 e 18 de marzo, con marchas de diferentes tipos, formas, cores e ritmos, nas rexións, que marcarán tamén o centenario da Declaración do Dia Internacional das Mulleres;
  • marchas e accións simultaneas no dia 17 de outubro con un punto de encontro internacional en Sud Kivu, Congo, como forma de fortalecer o protagonismo das mulleres na resolución de conflictos.

Cómo participar?

Ao longo do 2010, están previstas diversas accións locais, nacionais e europeas como parte da construcción global da mobilización da Marcha Mundial das Mulleres. Algunhas das actividades previstas na Galiza son:

  • Marchas reivindicativas nas diferentes localidades da Galiza do 8 ao 18 de marzo.
  • Accións ao redor dos campos de acción da MMM: Ben común, violencia contra as mulleres, paz e antimilitarismo e/ou muller e traballo.
  • Obradoiros de batucada feminista e construcción das bonecas "As Marchantas".
  • Mobilización europea pola paz e antimilitarismo en Istambul en Xuño.
  • Apoio e difusión da acción internacional da MMM na República Democrática do Congo en Outubro

    

          

[ Descarga a volantina en RAG ou AGAL ]

As organizacións, colectivos ou mulleres individuais que se queiran unir á preparación da Acción 2010 poden entrar en contacto connosco en 

marchagaliza@gmail.com

+ 34 671 695 968

www.feminismo.info

MULLERES EN MARCHA ATÉ QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!

Última actualizaciónfeita en Mércores, 23 Decembro 2009 01:36
 

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 73 convidados en liña