MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

SOLIDARIEDADE CON ACTIVISTAS SINDICAIS NA TURQUÍA EN VÉSPERAS DO SEU XUIZO (19 – 20 NOVEMBRO DE 2009 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Xoves, 19 Novembro 2009 00:42

31 sindicalistas van a xuízo na cidade de Izmir, Turquía, no 19 e 20 de novembro,  e a Confederación, Federación e Sindicatos involucrados denuncian isto como unha represión dos dereitos sindicais para o funcionariado (mestras e mestres, na súa maioría) nunha tentativa para criminalizalos. Destes 31 sindicalistas,  10 mulleres e 12 homes están na cárcere á espera do xuízo.

Catro das mulleres á espera de xuízo son membras da Marcha Mundial das Mulleres: Elif Akgul, ex secretaria de mulleres do Sindicato de Profesorado, e Yuskel Mutlu, profesora xubilada, integrante da Asociación de Dereitos Humanos e da Asemblea Turca pola Paz; Songul Morsumbul, Secretaria de Mulleres da KESK (Confederación dos sindicatos do Funcionariado de Turquía) e Culcin Isbert, membra de Egitim-Sen, o sindicato de mestres. Moitas das outras mulleres detidas son lideresas de secretarías de mulleres, preocupadas especialmente cos dereitos das mulleres. Estes sindicatos estiveron presentes en todos os Foros Sociais Europeos nos últimos 8 anos e pola tanto temos interese en protexer a súa liberdade de actividade coa solidariedade feminista internacional e sindical, especialmente porque o Foro Social Europeo vai acontecer en Istambul, en xullo do 2010.

Este é o primeiro xuízo despois do arresto de 34 sindicalistas no 28 de Maio de 2009, e do detemento de moitas e moitos deles ata agora, en contravención a todas as leis do Estado Turco e das convencións internacionais relevantes ratificadas por Turquía. No 9 de Xuño, a Marcha Mundial das Mulleres sacou unha declaración de solidariedade, mentres os sindicatos e movementos sociais fixeron o mesmo. 

Na reunión da Coordinadora Europea que tivo lugar do 23 ao 25 de Outubro en Thessaloniki, Grecia, nós as delegadas tomamos a decisión de aumentar a nosa solidariedade con respecto aos valores da nosa Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade: igualdade, liberdade, solidariedade, xustiza e paz.

Liberdade, Afirmación 2:
Toda persoa goza de liberdades individuais e colectivas que garanten a súa dignidade, particularmente: liberdade de pensamento, de conciencia, de crenza, de relixión, de expresión, de opinión; de asociación, de reunión, de sindicalizarse, de manifestarse...

Xustiza, Afirmación 1:
Todas as persoas, independentemente do seu país de orixe, da súa nacionalidade e do seu lugar de residencia, son consideradas cidadás e cidadáns con pleno goce e exercicio dos seus dereitos humanos (dereitos sociais, económicos, políticos, civís, culturais, sexuais, reprodutivos, medioambientais) dunha maneira igualitaria, equitativa e verdadeiramente democrática.

Xustiza, Afirmación 4:
Instáurase un sistema xudicial accesíbel, igualitario, eficaz e independente.

Solidariedade, Afirmación 2:
Todos os seres humanos son interdependentes e comparten o deber e a vontade de vivir xuntos, de construír unha sociedade xenerosa, xusta e igualitaria, baseada nos dereitos humanos, exenta de opresión, de exclusións, de discriminacións, de intolerancia e de violencias.

Paz, Afirmación 3:
Exclúense todas as formas de dominación, de explotación e de exclusión por parte dunha persoa sobre outra, dun grupo sobre outro, dunha minoría sobre unha maioría, dunha nación sobre outra.


Nesta declaración de apoio e acción esiximos:

  • A liberación inmediata de todas e todos os detidos, a súa absolución e a retirada de todas as acusacións contra elas.
  • O fin da represión dos movementos de oposición, incluíndo o movementos de mulleres, sindicatos e asociacións de dereitos humanos.

¡Mulleres en Marcha ata que todas sexamos libres!

Coordinación Europea
Novembro de 2009

Poden enviar as súas mensaxes de protesta por Fax  a:

  • Primeiro Ministro de Turquía, Recep Tayyip Erdogan: 0090 312 417 04 76
  • Presidente de Turquía: 0090 312 418 4183
  • Ministra de Mulleres, Selma Aliye Kavaf: 0090 312 417 39 87
Modificado o ( Venres, 27 Novembro 2009 00:35 )
 

Publicacións:

Campaña:

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
CAF - Comisión da Muller [ir]
CNT [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]

VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]

FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]

PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra

COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller

A CORUÑA
Asociación Cultural Alexandre Bóveda [ir]

COSTA DA MORTE
Buserana

A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Quen está en liña?

Temos 5 convidadas en liña

Usa software libre

Cartel