Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo
| As accións internacionais da Marcha Mundial das Mulleres... |
|
|
|
| Escrito por Administradora |
| Luns, 09 Novembro 2009 12:46 |
|
... son momentos para fortalecer a nosa identidade como movemento. Estar en marcha expresa a idea de seguir libremente, sen coaccións ou impedimentos, para expresar a forza das mulleres organizadas de forma colectiva, en asociacións, grupos, movementos, con experiencias, culturas políticas e etnias diferentes, mais que teñen unha identidade común: superar a actual orde inxusta, que provoca a violencia e a pobreza. Tamén expresa a nosa solidariedade internacional e o facto de que estamos alertas ao que pasa ás nossas compañeiras noutras partes do mundo.
No 2010, faremos as nosas voces seren ouvidas aínda con mais forza entre os dias 8 de marzo e 17 de outubro en todo o mundo. As nosas accións mundiais serán organizadas en dous momentos de maior énfase:
Cómo participar? Ao longo do 2010, están previstas diversas accións locais, nacionais e europeas como parte da construcción global da mobilización da Marcha Mundial das Mulleres. Algunhas das actividades previstas na Galiza son:
[ Descarga a volantina en RAG ou AGAL ] As organizacións, colectivos ou mulleres individuais que se queiran unir á preparación da Acción 2010 poden entrar en contacto connosco en [link do contacto da MMM] ou + 34 671 695 968 MULLERES EN MARCHA ATÉ QUE TODAS SEXAMOS LIBRES! |
| Modificado o ( Mércores, 23 Decembro 2009 00:19 ) |