MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Nós somos todas Honduras, estamos en resistencia! PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Martes, 30 Xuño 2009 18:33

Nós somos todas Honduras, estamos en resistencia!

A Marcha Mundial das Mulleres e a Rede Latinoamericana Mulleres Transformando a Economía unímonos a todas as organizacións feministas e do movemento social de Honduras para condenar e repudiar vehemente o golpe de estado contra o presidente Manuel Zelaya Rosales, dirixido polas Forzas Armadas e o presidente do Congreso Nacional, Roberto Micheletti, co apoio dos medios de comunicación controlados pola oligarquía dese país.

Executado polas forzas armadas ás 5 da mañá do domingo, 28 de xuño, o golpe truncou as aspiracións democráticas da poboación, que se preparaba para realizar unha enquisa onde se lle preguntaría á sociedade hondureña se estaba de acordo en convocar a unha Asemblea Nacional Constituínte que elaboraría unha nova constitución. Ademais, o golpe militar instaurou na presidencia a Roberto Micheletti, monicreque da oligarquía hondureña.

Apoiamos á resistencia pacífica do pobo, en particular ás feministas hondureñas, que están mobilizadas en vixilias e folga xeral en apoio ao Presidente Zelaya e á restitución da democracia hondureña, e xuntámonos a todos os movementos sociais para esixir:

  1. O reestablecemento da orde constitucional, sen derramamento de sangue.
  2. Que o Exército no reprima á poboación de Honduras que esixe o retorno da democracia.
  3. Que se respecte a integridade física das feministas e demais dirixentes sociais, que estivesen á fronte da consulta.
  4. O retorno inmediato do Presidente Zelaya ás súas funcións en Honduras e o rexeitamento a Micheletti por parte da Organización dos Estados Americanos.
  5. Que as autoridades garantan o dereito da populación ao pleno exercicio da democracia a través da consulta popular.

Denunciamos o rol dos medios de comunicación comerciais, utilizados polas oligarquías hondureñas como ferramenta para frear a vontade popular e intermediar, alentar e xustificar o golpe, facéndoos cómplices.

Exhortamos a todas as persoas, organizadas e non organizadas, en nivel nacional e internacional, a que se manifesten en contra desta agresión aos dereitos do pobo hondureño e a difundir este pronunciamento. Invitamos tamén a socializar informacións producidas polos medios populares como a Radio ELM (www.radioeslodemenos.org) e Rádio Mundo Real (www.radiomundoreal.fm).

Ademais, facemos un chamamento aos movimentos sociais a protestar fronte ás representacións diplomáticas e comerciais de Honduras, e a enviar cartas de rexeitamento ao golpe de estado ás embaixadas en cada un dos seus países.

Estaremos en marcha ata que todas sexamos libres!

29 de xuño de 2009

Modificado o ( Martes, 30 Xuño 2009 18:34 )
 

Publicacións:

Campaña:

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
CAF - Comisión da Muller [ir]
CNT [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]

VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]

FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]

PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra

COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller

A CORUÑA
Asociación Cultural Alexandre Bóveda [ir]

COSTA DA MORTE
Buserana

A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Quen está en liña?

Temos 8 convidadas en liña

Usa software libre

Cartel