Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo
| O Aborto a Debate - Observatorio da Mariña pola Igualdade |
|
|
|
| Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza |
| Luns, 29 Xuño 2009 21:41 |
|
O Observatorio da Mariña pola Igualdade organizou en Burela (Lugo) no xoves 25 de xuño a palestra ‘Falemos de...O Aborto a Debate!’ na que participaron a sexóloga e matrona Beni Martínez, a xurista e presidenta desta organización Luísa González, e as compañeiras da Marcha Mundial das Mulleres Lupe Ces e Mariola Mourelo. As presentacións das diferentes relatoras deu pé a un moi interesante debate no que se reflexionou sobre as diferentes focaxes que se lle dá á interrupción voluntaria da gravidez desde os distintos sectores da sociedade. Salientouse a necesidade de dar unha resposta contundente desde o feminismo ás agresións e discursos integristas que se están a producir dunha forma continuada, así como de desdramatizar ao aborto, que nas maiorías dos casos constitúe mais un alivio para a muller do que un trauma insuperábel. Tamén se discutiu sobre os diferentes posicionamentos do feminismo perante o proxecto de lei presentado polo goberno a mediados de Maio, e sobre a loita diaria que as mulleres temos que tomar para que os nosos dereitos sexuais e reprodutivos sexan respectados. As compañeiras da Mariña continuarán con as charlas-café despois do verán. Mais información en http://observatorioigualdade.blogaliza.org
|
| Modificado o ( Martes, 30 Xuño 2009 14:08 ) |