MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Asasinato do doutor George Tiller por activista 'pro-vida' PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Xoves, 04 Xuño 2009 16:06

No mesmo día no que na Galiza estabamos a celebrar o Maio Reivindicativo como fin da campaña ‘En defensa do dereito ao aborto na Sanidade Pública’, na que durante todo o mes de Maio pretendemos profundar no debate sobre a necesidade de garantir a liberdade de elección, a educación para exercer unha sexualidade satisfactoria e empoderadora, e un aborto seguro e gratuíto, nos Estados Unidos o doutor George Tiller era morto a tiros por un activista do movemento ‘pro-vida’ deste país.

Tiller dedicou a súa vida a proporcionar atención sanitaria de calidade a mulleres a pesar das ameazas e actos de violencia dos que con frecuencia era suxeito. A clínica de Tiller sufrira un atentado con bomba en 1986, en 1991 o grupo ‘pro-vida’ ‘Operación Rescate’ tivera acordoada a clínica de Tiller durante a campaña ‘Verán de Misericordia’. O doutor fóra xa atacado e ferido por unha activista en 1995, e no mes pasado o seu lugar de traballo sufrira unha vez mais danos considerábeis a mans duns descoñecidos.

Temos de ser conscientes da influencia que discursos e accións intransixentes e reaccionarios en contra da liberdade das persoas poden ter en actos desta natureza, no que en nome da defensa da vida, a arma de loita que se usa, paradoxalmente, é a morte. A imposición duns valores e moral determinados para a construccón politica e xurídica dunha sociedade con diversidade ideolóxica, social e cultural a través de campañas de coacción, falsidade, xustificación dos limites á liberdade das persoas, á democracia, o fomento da desigualdade, da inxustiza social deben ser valorados e denunciados por todas, pois a todas nos afecta.

Declaracións como as do cardeal Antonio Cañizares, membro da Conferencia Episcopal, xustificando e evadindo responsabilidades sobre o abuso sexual sistemático a menores dicindo que hai cousas peores, como por exemplo o aborto, son por suposto inadmisíbeis, mais que un representante dun partido político e que se está a presentar ás eleccións europeas neste momento secunde e corrobore este posicionamento debería ser motivo da súa inmediata retirada de candidatura e prevención de futuro cargo político.

George Tiller era crente, tiña catro fillos e dez netos, e a súa familia quere que sexa recordado como ‘un bo esposo, pai e avó e un servidor dedicado dos dereitos das mulleres.’

George Tiller de 67 anos foi morto no domingo 31, cando chegaba á igrexa luterana á que pertencía, en Kansas City.

Link para nova en inglés no xornal británico ‘The Guardian’

Modificado o ( Xoves, 04 Xuño 2009 16:12 )
 

Publicacións:

Campaña:

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
CAF - Comisión da Muller [ir]
CNT [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]

VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]

FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]

PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra

COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller

A CORUÑA
Asociación Cultural Alexandre Bóveda [ir]

COSTA DA MORTE
Buserana

A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Quen está en liña?

Temos 11 convidadas en liña

Usa software libre

Cartel