Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo
| Em apoio de Laura Bugalho |
|
|
|
| Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza |
| Venres, 29 Maio 2009 08:52 |
|
A Marcha Mundial das Mulleres considera à activista Laura Bugalho umha represaliada de conciencia. O pasado martes era detida, tras irrumpir no seu lugar de trabalho e na súa casa, a activista feminista, sindicalista e defensora dos dereitos das persoas transexuais, Laura Bugallo. Era acusada supostamente, de falsedade documental, en relación á actividade que desenvolve dentro da Confederación Intersindical Galega, en defensa dos dereitos das persoas imigrantes. Nom é a primeira vez que activistas con vinculación coa imigración, teñen represalias xudiciais ou policiais, favorecidas por unha lei que trata como delincuentes a quen exerce un dereito humano fundamental como é a libre circulación das persoas. Esta lei que trata a imigración como delito, o mesmo traba en sindicatos, asociacións de imigrantes ou ONG, facendo dunha actividade de solidariedade humana fundamental, unha actividade de alto risco que pode acarrear multas, detencións e mesmo cárcere. A Marcha Mundial das Mulleres considera que Laura Bugallo, independentemente das acusacións xudicias, e dos feitos que se lle puideran imputar en relación coa sua actividade na CIG-Imigración, é unha represaliada de conciencia, pois ela, como o resto de feministas que apoiamos e participamos nesta rede internacional consideramos que: "Todos os seres humanos, independentemente do seu país de orixe, da súa nacionalidade e do seu lugar de residencia, deben ser considerados como cidadáns e cidadás de pleno dereito, gozando de dereitos humanos (dereitos sociais, económicos, políticos, civis, culturais, sexuais, reprodutivos, ambientais) de unha maneira igualitaria e equitativa realmente democrática." Desta maneira está recollido no documento "Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade" aprobado en Ruanda por mulleres representantes de 150 países e inspirador da loita contra a violencia e a pobreza que se desenvolve en todo o planeta. Este parágrafo inspirado no valor da Xustiza, guia a actividade da compañeira Laura e de miles de activistas polos Dereitos Humanos, tamén das persoas imigrantes, en todo mundo. É por isto que consideraremos proprio dun réxime autoritario e incumplidor da Declaración dos Dereitos Humanos, calquera sanción que se impoña á activista Laura Bugallo, recibindo a nosa máis enerxica condena, que trasladaremos ao ámbito internacional, alentando á sociedade galega a oporse xunto con nós a estas políticas que alentan o aumento da xenofobia en Europa. |
| Modificado o ( Sábado, 30 Maio 2009 08:43 ) |