MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Coplas para o Maio Reivindicativo PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Xoves, 28 Maio 2009 14:04

Neste domingo 31 de Maio, gustariamos de que todas as que nos estivestes apoiando coa vosa presenza e participación tanto nas palestras da Coruña, Ferrol, Compostela, Ourense, Pontevedra, Carballo, Vigo e o Val Miñor, asín como as que asinastes na nosa páxina web e todas as que vos queirades sumar agora, trouxerades algo voso para compartir entre todas as que nos acheguemos á praza da Quintana a partir das 11 da mañá. Unha copla, un verso, unha frase, unha pequena reflexión…que mostre os vosos sentimentos e reivindicacións en defensa dos dereitos das mulleres, nesta loita que é de todas.

Desde a Marcha Mundial das Mulleres estamos a preparar algunhas coplas, típicas dos Maios que vos enviamos para dalgunha maneira axudarvos a elaborar as vosas.

Estamos seguras de que este domingo vai a ser un momento moi especial no que da mesma maneira que construiremos o Maio e compartiremos espazos e vivencias, estaremos tamén a construír unha fronte de resistencia e loita forte e duradeira para podermos atinxir a igualdade, a xustiza, a liberdade, o respecto e a solidariedade que tanto nos merecemos todas as mulleres.

COPLA 1 (Música: Maio maio,popular de Pontedeume)

Maio maio que te vas indo
nom me deixes espida em direitos

Maio maio nom fagas caso
de quem quere mandar no meu leito.

Maio maio vai-te de presa
eva contigo todo o machismo.

Maio maio e vai convencido
se som eu a que paro, som eu a que decido.

[ Preme en LER MÁIS para ver o resto de coplas ]

COPLA 2 (Música: Velai vem o maio de Luis Emilio Batallán)

Velai vem o maio de flores cuberto
eu puxem-lhe flores pra ve-lo bem cheio
pra que nom o murchem machistas arreo
que vam predicando mentiras a eito.

Dim cousas bem tristes e outras que pom medo
que o corpo que temos é um corpo alheo
que nel nom mandamos, que corpo nom temos
que o tenhem por nós obispos e cregos.

O preservativo condeam também
a pílula dim "mil males que tem"
que nom nos convenzam o mal está neles,
nom vam a obriga-los abortar a eles.

COPLA 3 (Música:"Pra fazer o maio"de Amacuca)

Retrouso

(Pra fazer o maio temos que colher
flores e fiunchos logo do mencer.)

Vinde companheiras
nem um passo atrás
que a mulher que queira
poda abortar.

Retrouso

Vinde companheiras
nos nossos ovarios
querem mandar outros
nom imos deixa-los!

COPLA 4 (Música A vaca marela)

Eu tenho um problema moi grave
e de mim falam na tele
dis que me podo emprenhare
e vai ser sem eu querer.

Na escola nom podem falar-me
de condom nem dum orgasmo,
nas pelis o fam sempre a pelo
será que é faze-lo bem.

E já me estaḿ mareando
decidindo isto por mim,
que tenho que ter um parto
todos decidem por mim.

Que dim mil e umha mentiras
que é a vida e que é o humano,
que falam de crimes e males
vai-me passar todo a mim.

Hai tanto medo e reparo
que pouco podes folhare
procuro mais nom encontro
sexo seguro e feliz.

O do aborto está moi heavy
vam-che todos opininando
e eu opino que o que conta
é que me deixem a mim.
Modificado o ( Luns, 01 Xuño 2009 07:22 )
 

Publicacións:

Campaña:

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
CAF - Comisión da Muller [ir]
CNT [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]

VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]

FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]

PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra

COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller

A CORUÑA
Asociación Cultural Alexandre Bóveda [ir]

COSTA DA MORTE
Buserana

A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Quen está en liña?

Temos 12 convidadas en liña

Usa software libre

Cartel