Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo
| Sementando un futuro sen violencia machista |
|
|
|
| Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza |
| Domingo, 28 Decembro 2008 16:34 |
|
Porque queremos que se nos vexa e se nos escoite.
Porque non imos permitir a continuidade dun sistema que reproduce a desigualdade e a violencia.
Loitamos para rematar coas agresións que sufrimos día a día; non só as agresións físicas.
O patriarcado e o seu aliado, o capitalismo, agrédennos de múltiples xeitos: na casa, no traballo, na rúa, nos medios de comunicación, na publicidade….coa imaxe que transmiten de nós, cos comentarios machistas que se escoitan a cotío, coa distribución de roles….
Queremos mudar a situación, queremos deixar claro que non somos propiedade de niguén.
Na MMM queremos un mundo libre de violencia. Un mundo onde toda a humanidade víva libre. Onde ningunha persoa lle pretenza a outra.
Loitamos para que entre todas e todos sexamos quen de SEMENTAR UN FUTURO SEN VIOLENCIA MACHISTA.
Rendemos homenaxe a todas as mulleres, as desaparecidas, as que están a sufrir un inferno no seu fogar.
Non están soas. Marcha Mundial das Mulleres |
| Modificado o ( Luns, 29 Decembro 2008 23:56 ) |