Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo
| I Foro Social Galego, 5, 6 e 7 de Dezembro |
|
|
|
| Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza |
| Martes, 02 Decembro 2008 09:49 |
![]() Convidamos a toda a cidadanía e activismo na Galiza a participar nas actividades que a Marcha Mundial das Mulleres imos desenvolver no I Foro Social Galego nos dias 5, 6 e 7 de Dezembro en Santiago de Compostela. O Foro Social Galego é un espazo aberto de debate democrático que ten como obxectivo pensar e construir alternativas ao neoliberalismo desde a Galiza. Contará con 14 debates ao redor dos catro eixos temáticos: Modelo económico e límites do crecemento, Vida e traballo, Soberania e diversidade fronte a uniformización e imperialismo, e Defensa das liberdades e dereitos sociais. Alén das sesións de debates organizaranse espazos transversais con proxeccións de audovisuais, presentación de campañas, libros e iniciativas sociais, e unha interesante e diversa programación cultural. A Marcha Mundial das Mulleres temos participado no Foro Social Mundial desde os seus inicios no 2001, formando parte do seu Consello Internacional e contribuindo activamente nos diferentes Foros Sociais do planeta nos que asumimos a nosa responsabilidade na defensa e visualización do papel fundamental das mulleres nos procesos de construcción de alternativas ao neoliberalismo, integrando a perspectiva de xénero nos diferentes ambitos da organización e desenvolvemento dos Foros. A Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres vai participar no Foro Social Galego coas actividades: SOBERANIA ALIMENTAR: UNHA ALTERNATIVA Á CRISE PROVOCADA POLAS POLÍTICAS AGRARIAS E ALIMENTARES – Paul Nicholson (Via Campesiña) e representantes das organizacións promotoras (Sindicato Labrego Galego, Marcha Mundial das Mulleres, Fundación Galiza Sempre, Verdegaia, Amarante, Veterinarios sem Fronteiras). Sábado 6 às 12:00 na Aula 12 da Facultade de Filoloxía. POR UNHA LEI INTEGRAL DO ABORTO. Presentación das reflexións da Marcha sobre os diferentes aspectos que integran unha lei de aborto que garanta o dereito de todas as mulleres a decidir sobre o seu corpo e a súa maternidade libremente e na Sanidade Pública. Falarase da historia da luita polos dereitos reprodutivos, a necesidade de potenciar unha rede efectiva de Centros de Planeamento Familiar na Galiza, as dificuldades e oportunidades para conseguir a lei de aborto no dereito Constitucional e Penal do Estado, e a importancia do traballo conxunto entre os movimentos feministas e pro-direito para atinxir os nosos obxectivos. Promove a Marcha Mundial das Mulleres. Sábado 6 ás 17:30 na Aula 5 da Facultade de Filoloxía. PERSPECTIVAS DO ALTERMUNDIALISMO. Coa participación de Xosé Manuel Beiras (Presidente da Fundación Galiza Sempre e membro do Consello Internacional do Foro Social Mundial), Carlos Taibo (Profesor de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Madrid), Lidia Senra (Sindicato Labrego Galego) e Lupe Ces (Marcha Mundial das Mulleres). Promoven as organizacións do Consello do Foro Social Galego. Sábado 6 ás 19:30 na Sala Mozart do Auditorio de Galiza. GELEM, GELEM, GELEM LUNGONE DROMENSAR (Andei, andei, andei por longos camiños). A voz do povo xitano no Foro Social Galego através das mulleres, xusto nun momento no que as agresións racistas aumentan en toda Europa e das que Galiza non queda a salvo. Pasado, presente e futuro como povo e realidade do activismo xitano. Palestra e debate:
Mais información en www.forosocialgalego.org Descarga o programa completo do FSG en [PDF] Escoita a cuña radiofónica do FSG. |
| Modificado o ( Xoves, 11 Decembro 2008 21:24 ) |