MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Novas

Repulsa á sentencia remitida a La Manada pola violación dos San Fermíns

Correo-e Imprimir PDF

Se é
machista non é
xustiza

A Coordenadora Nacional da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza quere mostrar a súa repulsa á sentencia remitida hoxe a La Manada pola violación dos San Fermíns de 2016.

Nun contexto político no que a xustiza española a cada paso que dá demostra máis a súa incapacidade atopámonos coa sentencia que foi remitida pola Audiencia Provincial de Navarra para dar “luz” ao caso de La Manada. Esta sentencia é só unha mostra máis da incapacidade xudicial de amparar ás mulleres que sofren violencias machistas, esta incapacidade aumenta o risco para as mulleres de que calquera violencia cometida contra nós quede impune ou mal calificado.

Desta volta tocoulle á moza que foi violada na festa dos San Fermíns; moza, que por unha banda foi criticada e perseguida pola mass media ante a suposta pouca veracidade da súa declaración, que viu a súa historia converterse nun relato mediático no que ela era a culpábel e a cuestionada, por outra banda, o acto de valentía que representa pór unha denuncia converteuse nunha exposición absoluta da súa vida privada e íntima que tamén foi violada.

Neste caso foron moitas as probas aportadas das actitudes violentas e repulsivas dos membros de La Manada, até se aportou un vídeo que resultou insuficiente xunto co atestado policial e médico para calificar correctamente o delito que houbo. Dous anos despois do sucedido a sentencia que se sacou pide 9 anos de cadea para os membros da manada por “abuso sexual” xa que os xuíces non acharon que fose unha violación por entender que este “abuso” non fora violento. Condeamos esta sentencia e o sistema que a ampara, condemos que denunciar calquera tipo de violencia fique impune ante terminoloxías absurdas que cambian os feitos, porque a violencia machista é violencia exercida sobre as mulleres por selo.

As feministas galegas, nun acto de sororidade e repulsa a calquera tipo de violencia, saímos hoxe ás rúas para mostrar a nosa repulsa a esta sentencia infame que non fai máis que darnos, máis unha vez, a razón en que o sistema xudicial, o estado e o sistema económico son quen alimentan e protexen baixo a impunidade práctica calquera tipo de violencia sobre nós. Saímos ás rúas contra a Manada, contra un sistema que nos mata e exerce violencia contra nós, contra unha xustiza machista, saímos ás rúas polas voces das que xa non están, porque imos seguir en marcha até que todas sexamos libres.

Modificado o ( Mércores, 02 Maio 2018 18:04 )
 

4 anos perdidos para o avance das mulleres en Ourense. O mandato contra a igualdade.

Correo-e Imprimir PDF

4 anos perdidos para o avance das mulleres en Ourense.

O mandato contra a igualdade.


Jesús Vázquez toma posesión en xuño de 2015 como alcalde da cidade de Ourense e delega as súas competencias en Igualdade na concelleira Sofía Godoy. Xuntos comezan o seu traballo a prol da Igualdade no noso concello:

- Deixan de publicar os Cadernos de Igualdade de distribución gratuíta editados pola Concellalía de Igualdade.

- Sobrecargan de competencias o xa pouco dotado (carece de educadora e traballadora social) Centro de Información Municipal ás Mulleres, sen aumentar a súa plantilla e diluíndo o sentido mesmo de atención ás mulleres. A isto colaborou o decreto da Xunta que inclúe responsabilidades respecto ao colectivo LGTB ou a xuventude sen incrementar a dotación orzamentaria.

- Suprimen o programa Coeduca, (educación familiar en igualdade e conciliación familiar dirixido a menores de idade) en vigor dende o ano 2012 que tiña moi boa acollida e seguimento.

- Suprimen o programa Nexus de prevención de violencia de xénero, programa piloto que tiña moi boa acollida.

- Suprimen o programa Agarimos de prevención dirixido principalmente a institutos.

- Suprimen as Aulas de igualdade dirixidas á xente adulta.

- Pagan miles de euros a unha consultora polo III Plan de Promoción de equidade de xénero sen ter cumplido a maioría do reflexado no I Plan, non sendo capaces nin de emitir cartas de pago no Concello e documentación que non conteña linguaxe sexista.

- Retíranse da colaboración e financiación do festival de Voces Femeninas cando vai pola súa 10ª edición.

- Conceden o Premio Clara Campoamor por primeira vez a un home.

- Subvencionan un periódico que publica frecuentemente artículos cláramente misóxenos desoíndo as contínuas protestas que se fan no Consello Municipal de Igualdade ao respecto dende o ano 2016.

- Manipulan os programas do concello tanto en torno ao 25 N como ao 8 M logrando eso si, unha movilización social e feminista en contra das actividades que programan sen precedentes na nosa vila. Seguimos escandalizadas porque substituiran a programación do 8M por zumba e aquagym.

- Levan 8 meses sen ofertar obradoiros específicos para embarazadas dende a Concellalía de Igualdade.

- Non queren nin falar de xestionar municipalmente a casa de acollida para mulleres que sufren malos tratos que permanece, como en anteriores mandatos, baixo xestión dunha orden relixiosa.

- O pasado 1 de marzo anuncian en prensa que o concello de Ourense é pioneiro en asinar un convenio para facer unha auditoría de xénero en materia salarial. Moi sorprendente pois precisamente na Administración é onde non existe fenda salarial e onde bastaría cunha consulta da Concellalía de Persoal para coñecer os salarios de todxs xs traballadores do Concello e pór remedio aos problemas que existiran.

- No último Pleno do Concello fan pública a súa posición respecto á folga do 8M de xeito tan desastroso e vergoñento que logran que sexa emitida a nivel estatalcomo exemplo de ignorancia e incapacidade política.

- Publican unha proposta de RPT para o Concello con linguaxe sexista e onde a Concellalía de Igualdade perde a súa autonomía pasando a depender de Saúde.

Con todo, o pasado 9 de marzo na entrega do Premio Clara Campoamor tanto Jesús Vázquez como Sofía Godoy e Marisol Díaz (esta última en representación da Xunta de Galicia) afirmaron con rotundidade que dende o seu goberno seguirán traballando para lograr a igualdade entre mulleres e homes. Tamén vimos na prensa que Sofía Godoy declara ser feminista desde que naceu e o presidente Rajoy acudiu ao Congreso cun lazo lilá.

Tranquilas todas.

Tras facer públicas as súas declaracións de feministas e ou de apoio ao movemento feminista dende este goberno pretenden (segundo se pode ver na modificación da RPT que plantexan no noso Concello e que está en prazo de alegacións): suprimir de facto a concelleria de IGULADADE xa que porpoñen que o CIMM pase a depender xerárquicamente da concellería de Sanidade xunto con Cemiterios, OMIC.

Este e non as palabras baleiras é o compromiso real do Concello de Ourense gobernado por Jesús Vázquez e xerido no ámbito de igualdade por Sofía Godoy. Catro anos perdidos e de pasos atrás no xa raquítico desempeño institucional na loita contra a violencia machista.

Máis unha vez os feitos desminten as boas palabras, das que xa estamos máis que fartas.

Por unha cidade comprometida co feminismo e a loita das mulleres, traballaremos para que no 2019 Ourense recupere as políticas de igualdade que merecemos.

Alcalde de Ourense e Concellala de Igualdade

Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres

Ourense, abril de 2018

 

Para as nosas mortas ningún minuto de silencio, pero toda unha vida de loita!

Correo-e Imprimir PDF

As mulleres da Coordinadora Nacional Galega da MarchaMundial das Mulleres queremos expresar a nosa solidariedade e apoio ás compañeiras do Brasil polo asasinato policial de Marielle Franco.

Marielle Franco, compañeira feminista, negra, lésbica, obreira das favelas do Río de Xaneiro foi un exemplo de compromiso social pola transformación e construción dunha sociedade xusta e igualitaria.

Activista no movemento feminista, dirixiu a construción de políticas públicas para as mulleres na cidade, con énfase na confrontación á violencia e na defensa dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres. Ademais, estivo na primeira liña fronte á intervención militar en Río de Janeiro

Ela, como antes Berta Cáceres en Honduras ou Sakine, Fidan e Leyla compañeiras kurdas asasinadas en París, foi asasinada por organizarse para construír un mundo de vida digna para as mulleres.

Foi, como elas, un pequeno faro alumeando o camiño da liberdade, a xustiza social e a igualdade.

Durante esta semana convocamos en diferentes lugar de país concentracións para esixir xustiza para a súa familia, condenando aos culpábeis, esa policía fascista ao servizo da dereita neoliberal que goberna o Brasil tras o golpe de estado.

Nunha Galiza na que a liberdade de expresión e persecución de militantes é cada vez máis alarmante, berramos ben alto que non imos deter a nosa loita contra o patriarcado e o capitalismo. E que cada compañeira que nos arranquen será un motivo máis para continuar.

Marielle Franco, por ti, por todas, nen un minuto de silencio, toda unha vida de loita!!!


Seguiremos en marcha, ata que todas, en todas as partes do mundo,sexamos libres!

Modificado o ( Xoves, 22 Marzo 2018 16:40 )
 

8M 2018 Paramos Galiza!

Correo-e Imprimir PDF


Chamamento ás mulleres galegas
8M 2018
Paramos Galiza!

As mulleres da Coordenadora galega da Marcha Mundial das Mulleres chamamos a secundar na Galiza o paro internacional de mulleres iniciado polas nosas irmás latinoamericanas no 2017 reclamando un mundo sen violencia e o dereito a vivirmos unhas vidas libres nun mundo máis xusto.

Queremos convidar á folga non so no ámbito laboral, tamén no ámbito dos coidados, visibilizando todos os traballos que asumimos as mulleres e sen os cales a sociedade non podería funcionar.

Este 8 de marzo a terra vai tremer porque as mulleres do mundo asumiremos un Paro Internacional de Mulleres poñendo en práctica o mundo no que queremos vivir.

Un mundo onde as tarefas de coidados sexan unha responsabilidade de toda a sociedade, valorizando o traballo invisibilizado das mulleres construíndo redes, apoios e estratexias vitais en contextos dificiles e de crises.

Un mundo onde non existan as violencias económicas, o empobrecemento das mulleres, a explotación do capital sobre as economías precarias, a explotación dos Estados nacionais e dos mercados cando nos endebedan, desaparezendo a vulnerabilidade fronte á violencia machista, os feminicidios, o noso dereito ao aborto libre ...

As mulleres galegas estamos en folga para estarmos todas, nin unha menos, querémonos vivas. Porque están con nosco:

- as vítimas dos feminicidios, as lesbianas e trans asasinadas por crimes de odio, as presas políticas, as desaparecidas, as mortas por abortos inseguros, as defensoras da nosa língua, da nosa cultura, as que sofren acoso sexual, as encarceladas por delitos menores mentras a corrupción política, a banca e os
delitos que benefician o capital quedan impunes ...

As mulleres galegas organizámonos na folga agrupándonos a todas, en todas partes, a forza do noso movemento está nos lazos que creamos entre nós, organizámonos para mudalo todo.

Porque tecemos un novo internacionalismo, porque o movemento dasemerxe como potencia alternativa, porque querémonos vivas e ceives arriscámonos en alianzas insólitas, porque estamos para nós, este 8 de marzo é o primeiro día das nosas novas vidas, porque móvenos o desexo, 2018 é o tempo da nosa revolución.

#Ninunhamenos#querémonosvivas
#NósParamos #AInternacionalFeminista
#ParoInternacionalDeMulleres

Modificado o ( Mércores, 14 Febreiro 2018 16:29 )  
Páxina 3 de 29

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 105 convidados en liña