MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Novas

Esximos a retirada do anteproxecto de Lei para a protección do concebido e a muller embarazada

Correo-e Imprimir PDF

MANIFESTO DAS COORDINADORAS NACIONAIS DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES DE CATALUNYA, EUSKADI-EUSKAL-HERRIA  E GALIZA CONTRA  O PROXECTO DE LEI DE GALLARDÓN

“O NOSO CORPO, O NOSO TERRITORIO”

No mes de decembro o Consello de Ministros do Estado Español aprobou o proxecto de reforma da lei do aborto presentado polo ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, que leva por título: “Lei orgánica de protección da vida do concibido e dos dereitos da muller embarazada”.  Con esta reforma o partido popular cede as presións da xerarquía católica e os grupos ultra conservadores, integristas e fundamentalistas que pretenden frear os cambios das mulleres para que non salgamos do perfil maternidade-domesticidade. Coidadoras ao servizo dos demais, sen recoñecer ás mulleres como suxeitas de dereitos.

A  norma, que pretende derrogar a vixente “Lei de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo” non só eliminaría -no caso de ser aprobada- o sistema actual de prazos, no que durante as primeiras 14 semanas de embarazo a muller pode abortar sen ten que alegar ningún motivo, senón que ademais restrinxiríanse  os supostos para poder abortar legalmente. So habería dous: violación e grave perigo para a vida ou a saúde física ou psíquica da muller. Serían os médicos ou médicas -con requisitos máis estritos que en 1985 e un procedemento máis longo- quen decidiría se ese perigo existe. A  presenza de malformacións fetais non é, segundo este anteproxecto, un dos supostos para poder abortar, aínda que si o sería o efecto psicolóxico que isto teña na embarazada.

Consideramos que esta Lei suporía:

  • unha vulneración dos dereitos das mulleres e un retroceso de máis de 30 anos na  loita polo dereito das mulleres a decidiren sobre a súa maternidade, sen intromisións.
  • Un recorte nas liberdades das mulleres e unha perda de dereitos que pode propiciar que algunhas mulleres expoñan a súa propia vida.
  • Un perigo para a saúde e para todos os dereitos humanos das mulleres desde argumentos baseados en morais particulares e en interpretacións relixiosas fundamentalistas e integristas.
  • Unha inxerencia ilexítima da moral particular dalgúns grupos nas políticas públicas e nas leis, que son responsabilidade e obrigatoriedade dos estados.
  • Unha alianza estado/igrexa que viola o principio de laicidade dos estados, vulnerando os dereitos humanos, afianzando prácticas discriminatorias e inxustas, materializando a violación da dignidade humana e da conciencia individual.

que se concretaría en:

  • Aumento de abortos clandestinos e de risco. Porque nos sumariamos á lista de países onde o aborto está restrinxido ou penalizado pola lexislación, e onde se producen a gran maioría dos abortos clandestinos, obrigando especialmente a mulleres con poucos recursos e/ou mozas a interromper o embarazo de forma pouco segura.
  • unha volta á minoría de idade das mulleres que necesitarían de varios informes psiquiátricos para poder abortar;
  • unha discriminación para as mulleres con poucos recursos - económicos ou de información-, xa que unhas poderían abortar no estranxeiro e outras terían que facelo na precariedade, poñendo en risco a súa saúde;
  • unha prolongación do sufrimento das mulleres que queiran abortar que se verían obrigadas a buscar informes médicos que “avalen” e permitan a súa decisión de abortar;
  • a  inseguridade xurídica das persoas que teñan que “informar” sobre a saúde psíquica da muller que quere abortar e de todas aquelas que poidan ser xulgadas pola realización de abortos;
  • a  vulneración do dereito a intimidade, xa que a decisión das mulleres pode ser obxecto de cuestionamento e investigación.

En definitiva  que a liberdade das mulleres para decidir sobre o seu propio corpo e a súa vida se vexan limitadas polo mesmo goberno español que está a promover uns recortes que fan que as nosas vidas se precaricen ata extremos que non podiamos nin sospeitar.

Por todas estas razóns as mulleres da MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES DE CATALUNYA, EUSKADI-EUSKAL HERRIA  E GALIZA

ESIXIMOS:

  • Que se recoñeza o dereito fundamental das mulleres a tomar as súas propias decisións
  • Que se garanta a soberanía das mulleres sobre o seu propio corpo e a súa vida.
  • A cobertura da interrupción voluntaria do embarazo na rede hospitalaria e extra hospitalaria pública de xeito que se garanta o carácter universal deste dereito e se normalice como prestación sanitaria, sen que exista ningunha discriminación xeográfica no acceso de todas as mulleres a este dereito nos servizos públicos.
  • A  regulación da obxección de conciencia que precise os seus límites, garantindo que todos os centros públicas dispoñan das equipas profesionais necesarias para atender a demanda de aborto das mulleres.
  • Que os dereitos das mulleres usuarias destes servizos sexan respectados e protexidos en todo momento.
  • Que se adopten as políticas e medidas integrais necesarias en saúde sexual e reprodutiva baseadas no recoñecemento dos dereitos sexuais e reprodutivos.
  • Que se  inclúa a educación afectiva emocional e sexual con perspectiva de xénero no curriculum escolar.

Lembrámoslle ao goberno español que ten a obriga de garantir o pluralismo, a liberdade de conciencia, o dereito a saúde reprodutiva e sexual e o dereito a decidir. Neste sentido os argumentos relixiosos non poden converterse en políticas públicas, nin moito menos leis que que vaian en contra dos dereitos humanos de todas as mulleres.

FACEMOS UN CHAMAMENTO A MOBILIZACIÓN:

  • Súmate ás concentracións, difunde as convocatorias, fala coas túas compañeiras, amigas,veciñas…; asina os manifestos, ofrece a túa colaboración aos grupos que emprendan accións para oporse a esta lei.

  • Esixe: ás túas e aos teus representantes políticos que dean a cara, se opoñan á nova Lei, defendan os teus dereitos, loiten por garantir a liberdade das mulleres para decidir.

 

Modificado o ( Luns, 17 Marzo 2014 09:50 )
 

Tren da Liberdade

Correo-e Imprimir PDF

A Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres estivo presente en Madrid na mobilización do Tren da Liberdade, aquí tedes algunhas fotos:

Modificado o ( Luns, 10 Febreiro 2014 22:28 )
 

Encontro Ibérico Antiausteritário en Coimbra

Correo-e Imprimir PDF

O fin de semana do 16 ao 19 tivo lugar en Coimbra o I Encontro Ibérico Feminista Antiausteritário organizado, entre outras, pola coordenadora nacional da Marcha Mundial das Mulleres en Portugal. Neste encontro, con numerosa participación galega, debatironse sobre a situación actual no Estado Español e Portugal e sobre alternativas e estratexias dende o feminismo ás políticas de austeridade aplicadas polos gobernos neoliberais e a Unión Europea.

Dende a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres de Galiza saudamos a celebración deste primeiro encontro no que, ademáis das compas portuguesas e do Estado Español que por aí se achegaron tivemos a oportunidae de seguir tecendo lazos coas nosas compañeiras da Marcha Mundial en Portugal, Euskal Herria e Catalunya.

 

Contra os asasinatos machistas

Correo-e Imprimir PDF

Os martes 15 e xoves 16 de Xaneiro tiveron lugar en A Coruña, A Mariña, Lugo, Ferrolterra, Ourense, Compostela e Vigo concentracións do feminismo galego denunciando os asasinatos de Adela e María Xosé de Cervo, e das 7 mulleres asasinatas en 4 días no Estado Español.

Estas son algunhas das imaxes desas concentracións:

Manifesto lido na concentración de Ourense:

O martes na parroquia de Cervo a súa veciñanza quedou consternada, sucedeu algo inesperado, algo que pensaban que só pasaba noutros lugares. Dúas veciñas, Adela e María Xosé, nai e filla, apareceron mortas.

Non foi por algo que comeron en mal estado, unha enfermidade hereditaria nin calquera doenza froito do desgaste que os corpos van sufrindo polos avatares da vida. Non, non foi iso o que sucedeu. Foron as mans do terrorismo machista as que con estaca e coitelo deron fin ás súas vidas.

Nós últimos catro días foron asasinadas 7 mulleres no Estado Español, dúas delas son Adela e María Xosé veciñas de Cervo.

Algúns amosan o seu rexeitamento ante os crimes pero aplauden que se recorte a nosa capacidade de decisión sobre os nosos corpos, as nosas vidas, a nosa maternidade e os nosos dereitos reproductivos.

O machismo ten moitos adeptos, homes que defenden con uñas e dentes o dominio masculino e a subordinación feminina. Outros aprenderon xa dende moi pequenos que non hai mellor defensa que atacar, que ante calquera situacion conflictiva a forza e a violencia son a solución.

Nos medios de comunicación utilizan a expresión de violencia machista pero a desvirtúan en cada un dos comentarios banais que realizan, ou cando falan de mulleres que perden a vida, que morren, e nunca falan das agresións, dos asasinatos.

Estamos fartas de hipocresía, non vale escudarse na falta de denuncia, ou ordes de afastamento. A loita contra a violencia machista vai moito máis ala da protección policial.

Resulta cínica a manifestación de dor polas mulleres asasinadas, cando recortan os fondos para a prevención da violencia, cando baixas as axudas sociais para as vítimas, cando eliminan os contidos de igualdade no curriculum educativo, cando pretenden eliminar coa reforma da lei de réxime local a competencia dos concellos na promoción da igualdade, cando pretenden recortar os dereitos das mulleres.

Todas as persoas que estamos aqui hoxe, e moitas que non estan, condenamos estes actos pola súa brutalidade e o seu fatal desenlace pero tamén condenamos tods os comportamentos previos que a sociedade asume como normais. condenamos a violencia simbólica que nos acusa permanentemente ás mulleres de desviarnos do que para nós ten reservada a sociedade, a lesbofobia, as agresións verbais, a linguaxe que nos invisibiliza, que nos nega como seres humanos e que nos despoxa dos nosos dereitos, condenamos cada recorte sanitario que pon en perigo a nosa saúde, cada reforma laboral que desvaloriza o noso traballo, cada palabra pronunciada ou acto realizado que tira valor aos coidados e a esa outra lóxica de estar no mundo na que o centro somos as persoas e non o diñeiro, lóxica que defendemos e defenderemos cada día en cada acto que realicemos.

Denunciamos a hipocresía dunha sociedade máis preocupada por eventos deportivos ou rotura de mobiliario público que polo asasinato de mulleres a mans da violencia machista.

O machismo mata tods os días, negámonos a ser cómplices!

Hoxe e sempre contra a violencia machista, loita feminista!

Xoves 16 de xaneiro de 2014

 

Modificado o ( Martes, 21 Xaneiro 2014 00:13 )
 
Páxina 10 de 24

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 26 convidados en liña