MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Novas

EU DECIDO - Aborto Libre e Gratuíto na Sanidade Pública

Correo-e Imprimir PDF

NORMA RAG

A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza consideramos o dereito ao aborto un dereito fundamental que permite a soberanía sobre o propio corpo, garantindo a escolla dunha maternidade desexada e responsábel.

É por iso que denunciamos que hoxe, igual que hai 23 anos, se continua a limitar a liberdade individual e a toma de decisións das mulleres, considerando o dereito ao aborto como delito e regulándoo no Código Penal con apenas tres supostos despenalizados.

Denunciamos que a interrupción voluntaria do embarazo non é aínda unha prestación universal por dereito devido à falta de coordenación e infraestruturas dos servizos sanitarios e por causa da obxección de conciencia na Sanidade Pública que está a afectar a mais do 95% das mulleres que legalmente se acollen aos tres supostos despenalizados.

Tamén denunciamos que a actual regulación do dereito ao aborto permite a intromisión na intimidade e vida privada das mulleres e a indefensión das e dos profesionais que practican interrupcións voluntarias do embarazo, como puidemos evidenciar no acontecido nas clínicas de saúde sexual e reprodutiva en Madrid e Barcelona a finais de 2007 e comezos do 2008, onde moitos dos abortos que se practican son derivados da Sanidade Pública.

E así mesmo denunciamos os grupos conservadores e a xerarquía da Igrexa Católica, que continúan a cuestionar e criminalizar as mulleres coa única intención de reforzar e perpetuar a sociedade patriarcal e manter a desigualdade entre mulleres e homes. Para estes grupos colocar as mulleres nunha posición de submisión social e vulnerabilidade legal é fundamental para consolidar o seu modelo de sociedade desigualitaria e machista.

Desde a Marcha Mundial das Mulleres consideramos que avanzar no recoñecemento do dereito ao aborto é unha necesidade social, e pedimos unha lei de aborto:

  • que recoñeza o dereito fundamental das mulleres a tomar as súas propias decisións
  • que garanta a soberanía das mulleres sobre o propio corpo e a propia vida
  • que asegure que todo o proceso de información, asesoramento e realización da interrupción do embarazo sexa feito na Seguridade Pública, por persoal sanitario formado na perspectiva de xénero
  • que non exista discriminación xeográfica no aceso de todas as mulleres a estes servizos
  • que se inclúa a educación afectiva-emocional e sexual con perspectiva de xénero no curriculum escolar
  • que os dereitos das mulleres usuarias destes servizos sexan respectados e protexidos en todo momento.

Até todas as mulleres do mundo conseguirmos a soberanía sobre o noso propio corpo, nós continuaremos en marcha.

Marcha Mundial das Mulleres na Galiza

NORMA AGAL

Na Marcha Mundial das Mulheres na Galiza consideramos o direito ao aborto um direito fundamental que permite a soberania sobre o próprio corpo, garantindo a escolha dumha maternidade desejada e responsável.

É por isso que denunciamos que hoje, igual que há 23 anos, se continua a limitar a liberdade individual e a tomada de decisões das mulheres, considerando o direito ao aborto como delito e regulando-o no Código Penal com apenas três supostos despenalizados.

Denunciamos que a interrupçom voluntária da gravidez nom é ainda umha prestaçom universal por direito devido à falta de coordenaçom e infra-estruturas dos serviços sanitários e por causa da objecçom de consciência na Sanidade Pública que está a afectar mais de 95% das mulheres que legalmente se acolhem aos três supostos despenalizados.

Também denunciamos que a actual regulaçom do direito ao aborto permite a intromissom na intimidade e vida privada das mulheres e a falta de defesa das e dos profissionais que praticam interrupções voluntárias da gravidez, como pudemos evidenciar no acontecido nas clínicas de saúde sexual e reprodutiva em Madrid e Barcelona em finais de 2007 e começos de 2008, onde muitos dos abortos que se praticam som derivados da Sanidade Pública.

E igualmente denunciamos os grupos conservadores e a hierarquia da Igreja Católica, que continuam a questionar e criminalizar as mulheres com a única intençom de reforçar e perpetuar a sociedade patriarcal e manter a desigualdade entre mulheres e homens. Para estes grupos colocar as mulheres numha posiçom de submissom social e vulnerabilidade legal é fundamental para consolidar o seu modelo de sociedade desigualitária e machista.

Desde a Marcha Mundial das Mulheres consideramos que avançar no reconhecimento do direito ao aborto é umha necessidade social, e pedimos umha lei de aborto:

  • que reconheça o direito fundamental das mulheres a tomar as suas próprias decisões
  • que garanta a soberania das mulheres sobre o próprio corpo e a própria vida
  • que assegure que todo o processo de informaçom, assesoramento e realizaçom da interrupçom da gravidez seja feito na Segurança Pública, por pessoal sanitário formado na perspectiva de género
  • que nom exista discriminaçom geográfica no acesso de todas as mulheres a estes serviços
  • que se inclua a educaçom afectiva-emocional e sexual com perspectiva de género no curriculo escolar
  • que os direitos das mulheres utentes destes serviços sejam respeitados e protegidos em todo momento

Até todas as mulheres do mundo conseguirmos a soberania sobre o nosso próprio corpo, nós continuaremos em marcha.

Marcha Mundial das Mulheres na Galiza

Modificado o ( Xoves, 02 Abril 2009 10:18 )
 

Nova víctima da violencia machista na Galiza

Correo-e Imprimir PDF

Concentración
Sábado 28 de Febreiro
no obelisco as 20:00hrs
A Coruña

En repulsa polo asesinato de María Socorro da Silva, desaparecida o pasado día 11 de Febreiro, a mans de R.F.A.” cliente habitual” de María Socorro., en Ourense.

ACTUALIZACIÓN: A coordenadora comarcal da Marcha Mundial das Mulleres da Coruña convocou unha concentración de repulsa polo último asasinato machista en Ourense de María Socorro da Silva.

Nesta concentración recordamos ás setes mulleres asasinadas no ano 2008 na Galiza, simbolizándoas do xeito que aparece nas fotos,tapadas con sabas brancas e co nome e lugar onde foron asasinadas. María Socorro estaba simbolizada pola compañeira que está tirada no chan envolta cunha saba.

Unha vez máis temos que constatar que o machismo mata e que as cotas de liberdade conqueridas polas mulleres, teñen un alto coste en vidas humanas.

Modificado o ( Martes, 03 Marzo 2009 15:26 )
 

Actividades da MMM no FSM 2009

Correo-e Imprimir PDF

O Foro Social Mundial 2009 terá lugar do 27 de xaneiro até o 1 de febrero en Belém de Pará, Brasil, pero as actividades da Marcha van comezar o 26 de xaneiro. Mulleres de Brasil, Nepal, Turquía, África do Sur, A República democrática do Congo, Portugal, Cabo Verde, Mozambique, Venezuela, Cuba e Argentina van apresentar os diferentes talleres que a Marcha propón.

PROGRAMACIÓN:

1). 26 de xaneiro, 6:00 p.m.: Reunión de preparación da Asemblea de movimentos sociais. Lugar: Sindicato dos Bancarios do Pará e do Amapá, rua 28 de Setembro, 1210.

2). 27 de xaneiro, 1:00 p.m.: Encontro de benvida as militantes da Marcha na escola onde a delegación brasileira estará hospedada. Lugar : Escola Estadual Paes de Carvalho, rua Saldanha Marinho, Praça da Bandeira/Comércio cerca de Ver-o-Peso.

3). 28 de xaneiro, 3:30-6:30 p.m.: Actividade de apresentación da acción 2010.
Lugar: Carpa dos Pobos sen Estado:
- Contexto mundial desde unha perspectiva feminista
Representante da rexión amazónica (portugués)
Sarita, Nepal (inglés)
Yidiz, Turquia (inglés)
- Cómo construimos a Marcha como movimento permanente en resposta a este contexto.
Representante brasilera (portugués)
Wilhelmina, Africa del Sur (inglés)
Representante latinoamericana
- Batucada, cancións
- Apresentación de contidos da acción 2010 e outras
- Formas de acción
Reprsentante brasilera que tratará da organización da Marcha
Adèle, República Democrática do Congo (francés)

4). 30 de xaneiro, 8:30 a.m. até as 12:00 p.m.: Mulleres e crise financeira, loita imperialista e solidariedade internacional, por Wilhelmina. Actividades serán organizadas pola Federación democrática internacional das mulleres (FDIM). Mulleres de Portugal, Cabo Verde, Mozambique, Venezuela, Cuba e Arxentina van participar no panel de discusión.

5). 31 de xaneiro, 12:00-3:00 p.m.: A ilegalidade do aborto ameaza a vida das mulleres. Participantes: Frente contra a criminalización das mulleres e para a legalización do aborto; Articulación de mulleres brasileiras; Articulación de mulleres negras do Brasil; Dia brasileiro para o aborto legal e seguro; Liga brasileira de lesbianas; Marcha mundial das mulleres; Red e feminista da saúde, dereitos sexuais e reprodutivos; Secretariado nacional da muller traballadora da Central única de traballadores (CUT); Unión brasileria de mulleres; Unión nacional dos estudantes.

Máis información na Web Internacional da MMM.

Modificado o ( Sábado, 24 Xaneiro 2009 20:54 )
 

Sementando un futuro sen violencia machista

Correo-e Imprimir PDF

Manifestámonos cada vez que unha muller é asasinada no noso País.

Porque queremos que se nos vexa e se nos escoite.

 

Porque non imos permitir a continuidade dun sistema que reproduce a desigualdade e a violencia.

 

Loitamos para rematar coas agresións que sufrimos día a día; non só as agresións físicas.

 

O patriarcado e o seu aliado, o capitalismo, agrédennos de múltiples xeitos: na casa, no traballo, na rúa, nos medios de comunicación, na publicidade….coa imaxe que transmiten de nós, cos comentarios machistas que se escoitan a cotío, coa distribución de roles….

 

Queremos mudar a situación, queremos deixar claro que non somos propiedade de niguén.

 

Na MMM queremos un mundo libre de violencia. Un mundo onde toda a humanidade víva libre. Onde ningunha persoa lle pretenza a  outra.

 

Loitamos para que entre todas e todos sexamos quen de SEMENTAR UN FUTURO SEN VIOLENCIA MACHISTA.

 

Rendemos homenaxe a todas as mulleres, as desaparecidas, as que están a sufrir un inferno no seu fogar.

 

Non están soas.

Marcha Mundial das Mulleres

Modificado o ( Luns, 29 Decembro 2008 23:56 )
 
Páxina 25 de 28

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 13 convidados en liña