MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Novas

Foro Social Galego

Correo-e Imprimir PDF

Andei, andei… mulleres ciganas no FSGal

 Foi unha das actividades máis emocionantes do foro. As mulleres ciganas teñen cousas que dicir, cousas que contar e cousas que nos enseñar, porque saber, non sabemos nada.

A Marcha Mundial cedeu a súa voz no FSGal para axudar a visibilizar a un pobo históricamente discriminado da man das súas mulleres, ciganas doces e inquedas que repasaron a súa historia, egrexia historia, os seus problemas, os seus logros e unha reivindicación clara: “non queremos integrarnos, queremos convivir, só así seremos quen de conservar os nosos costumes”. E abofé que o logran. O cigano é un pobo admirábel, sufridor si, pero orgulloso do seu. Na era da globalización, da uniformización cultural máis salvaxe, máis exterminadora de pobos, aínda é quen de protexer aquilo que lles dá o carácter dende que hai case 1000 anos emprenderan un longo camiñar dende o Punjab indio.

Lupe Ces, da Marcha Mundial das Mulleres, introducía no entanto no debate a crua realidade: “O pobo cigano fai brotar o peor das nosas sociedades, ese sentimento racista co que tamén convivimos neste país. Pasa en toda Europa, e tamén aquí, como se demostrou este verán na Galiza”. Deste xeito o Gelem, Gelem… comezou con dureza, cun vídeo estremecedor, noxento se cadra, no que o alcalde de Treviso (Italia), unha besta chamada Giancarlo Gentilini arengaba ás masas da Lliga Norte, partido de ultradereita racista que vai da man de Berlusconi, para acabar cos xitanos e xitanas: “Quero eliminar os nenos ciganos”, “Tolerancia dobre cero”, “Quero unha resolución contra os nómades”… E a besta segue ceiba, e membros do seu partido andan polo Parlamento Europeo. Unha vergoña para o vello continente e unha realidade dolorosa e arrepiante.

Fronte a isto o pobo xitano do estado español manifestouse diante da embaixada italiana, como amosou outro vídeo presentado por Lupe: “Dereitos Humanos para os ciganos!”. Milleiros de persoas ao tempo berraban, en pleno século XXI, un “liberdade!” que semellaba extraído doutrora. Mais non, era onte. Hoxe. Mañá.

Con estes antecedentes, a voz das catro mulleres que a Marcha invitou ao FSGal foi gloria divina e luz, sobre todo luz para nós, ignorantes. Son galegas, tres ciganas e unha paia, e teñen aínda que andar, andar e andar para defender coa palabra a súa realidade de pobo discriminado e odiado. Carmen Pastor, colaboradora do Instituto de Cultura Xitana, revelounos a impresionante e case épica historia do pobo cigano; Vanesa Jiménez, axente intercultural da Fundación secretariado Xitano, a súa extraordinaria cultura cimentada na solidariedade e na liberdade; Irene jiménez, tamén colaboradora da antedita fundación, falou coa súa doce voz dos problemas da xuventude e das mulleres, así como dos xitanos invisíbeis, eses que, paradoxalmente, son universitarios, avogados ou médicos e dos que ninguén fala. Por último, Marta Bueno, paia con face xitana, nómada dende cativa, debullou como foi unha e mil veces discriminada pola cor da súa pel, que a delataba como a xitana que non era.

Baixo a bandeira dos Rom (persoas), azul enriba, verde embaixo e roda de carro vermella no centro, foi, xa o diciamos, emocionante. Grande iniciativa a da Marcha, grandes as mulleres ciganas e grandes os segredos que garda o Foro Social Galego.

mais información en www.forosocialgalego.org

Modificado o ( Domingo, 14 Decembro 2008 13:38 )
 

I Foro Social Galego, 5, 6 e 7 de Dezembro

Correo-e Imprimir PDF

Convidamos a toda a cidadanía e activismo na Galiza a participar nas actividades que a Marcha Mundial das Mulleres imos desenvolver no I Foro Social Galego nos dias 5, 6 e 7 de Dezembro en Santiago de Compostela.

O Foro Social Galego é un espazo aberto de debate democrático que ten como obxectivo pensar e construir alternativas ao neoliberalismo desde a Galiza. Contará con 14 debates ao redor dos catro eixos temáticos: Modelo económico e límites do crecemento, Vida e traballo, Soberania e diversidade fronte a uniformización e imperialismo, e Defensa das liberdades e dereitos sociais. Alén das sesións de debates organizaranse espazos transversais con proxeccións de audovisuais, presentación de campañas, libros e iniciativas sociais, e unha interesante e diversa programación cultural.

A Marcha Mundial das Mulleres temos participado no Foro Social Mundial desde os seus inicios no 2001,  formando parte do seu Consello Internacional e contribuindo activamente nos diferentes Foros Sociais do planeta nos que asumimos a nosa responsabilidade na defensa e visualización do papel fundamental das mulleres nos procesos de construcción de alternativas ao neoliberalismo, integrando a perspectiva de xénero nos diferentes ambitos da organización e desenvolvemento dos Foros.
Modificado o ( Xoves, 11 Decembro 2008 21:24 ) Ler máis...
 

Convocatoria de concentracións en repulsa da violencia machista

Correo-e Imprimir PDF
A Marcha Mundial das Mulleres convoca a toda a cidadanía a concentrarse en repulsa e rexeitamento da violencia machista tralo asasinato de Rosario Peso André, veciña de Ponte Caldelas (Pontevedra) a máns da súa parella, pese a estar cumplindo éste condea por anteriores delitos de violencia machista coa súa ex-parella e cunha orde de alonxamento.

Estas son as concentracións convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres mañá luns 1 de decembro:
  • Vigo: diante do Marco ás 20 h.
  • A Coruña: no Obelisco ás 20,30 h.
  • Compostela: na Pza do Toural ás 20,30 h.
  • Ferrol: na Pza de Armas ás 20 h.
Cada quen desde a súa responsabilidade podemos e debemos rematar coa violencia de xénero e sementar un fututro sen violencia machista.
Modificado o ( Martes, 02 Decembro 2008 17:58 )
 

25 de Novembro, Dia Internacional contra a Violencia Machista

Correo-e Imprimir PDF
O martes 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista, a Marcha Mundial das Mulleres convoca, un ano máis, concentracións e manifestacións xunto a diferentes actos reivindicativos para rematar con esta lacra que provoca a morte e maltrato fisico e psicolóxico de mulleres en todo o mundo.

Estas convocatorias son:
  • Vigo: manifestación con saída da Rúa Principe ás 20 h
  • Compostela: concentración ás 20,30 h na Praza do Toural
  • Pontevedra: concentración ás 20,30 h na Praza 8 de Marzo
  • A Coruña: concentración as 20,30 h no Obelisco
  • Ourense: concentración as 12 h na Praza Maior
  • Ferrol: concentración as 20 h na Praza 8 de Marzo
Baixo un lema común, “Sementando un futuro sen violencia machista”, sairemos á rúa berrando que outro mundo é posible se sementamos nas nosas vidas valores que fagan desaparecer o sistema patriarcal que alimenta a violencia machista.

A Marcha Mundial das Mulleres elaborou, nesta ocasión, un manifesto para esixir o fin da violencia contra as mulleres e reclamar de toda a cidadanía a súa implicación na construcción dunha sociedade educada en igualdade.

Coma se dunha horta se tratase, queremos sementar todos os valores que conseguirán rematar coas desigualdades que xeneran a violencia machista: autoestima, respecto, diversidade, tolerancia, coeducación, paridade, solidariedade, xustiza, paz… e rematar coas malas herbas que invaden a nosa horta impedindo o crecemento das nosas froitas: menosprecio, prepotencia, desigualdade, opresión…

O próximo martes, 25 de novembro, estaremos na rúa sementando un futuro sen violencia machista e repartindo sementes entre todas e todos os asistentes para garantir e continuar co coidado da nosa horta e do noso futuro.

Vémonos o 25 N!

Descarga o PDF con o Cartaz e o Manifesto.

Modificado o ( Martes, 02 Decembro 2008 18:02 )
 
Páxina 24 de 26

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 17 convidados en liña