MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Novas

Coplas para o Maio Reivindicativo

Correo-e Imprimir PDF

Neste domingo 31 de Maio, gustariamos de que todas as que nos estivestes apoiando coa vosa presenza e participación tanto nas palestras da Coruña, Ferrol, Compostela, Ourense, Pontevedra, Carballo, Vigo e o Val Miñor, asín como as que asinastes na nosa páxina web e todas as que vos queirades sumar agora, trouxerades algo voso para compartir entre todas as que nos acheguemos á praza da Quintana a partir das 11 da mañá. Unha copla, un verso, unha frase, unha pequena reflexión…que mostre os vosos sentimentos e reivindicacións en defensa dos dereitos das mulleres, nesta loita que é de todas.

Desde a Marcha Mundial das Mulleres estamos a preparar algunhas coplas, típicas dos Maios que vos enviamos para dalgunha maneira axudarvos a elaborar as vosas.

Estamos seguras de que este domingo vai a ser un momento moi especial no que da mesma maneira que construiremos o Maio e compartiremos espazos e vivencias, estaremos tamén a construír unha fronte de resistencia e loita forte e duradeira para podermos atinxir a igualdade, a xustiza, a liberdade, o respecto e a solidariedade que tanto nos merecemos todas as mulleres.

COPLA 1 (Música: Maio maio,popular de Pontedeume)

Maio maio que te vas indo
nom me deixes espida em direitos

Maio maio nom fagas caso
de quem quere mandar no meu leito.

Maio maio vai-te de presa
eva contigo todo o machismo.

Maio maio e vai convencido
se som eu a que paro, som eu a que decido.

[ Preme en LER MÁIS para ver o resto de coplas ]

Modificado o ( Luns, 01 Xuño 2009 07:22 ) Ler máis...
 

Palestras 'En defensa do dereito ao aborto, na Sanidade Pública'

Correo-e Imprimir PDF

Nesta semana terán lugar as últimas palestras-coloquio organizadas pola Marcha Mundial das Mulleres nas que estamos a compartir inquedanzas e estratexias para conseguirmos o dereito a decidir de todas as mulleres na Sanidade Pública. Nas palestras distribuiranse copias da publicación 'O dereito a decidir: situación actual e alternativas à despenalización do aborto'.

26 de Maio - PONTEVEDRA- Na Galeria Sargadelos (Rúa Oliva, 24) ás 20h.Proxectarase o documental 'Mai por escolla, non por obriga' de Dorothy Fadiman e intervirán representantes da Marcha Mundial das Mulleres.

27 de Maio - COMPOSTELA- Na Libraria Couceiro (Praza de Cervantes, 6) ás 19:30h. Intervirán representantes da Marcha Mundial das Mulleres e  Lola Ferreiro, catedrática de saúde, membra do Grupo Lúa Crecente de estudos de saúde e xénero e co-editora do proxecto de intervención 'Coeducación afectivo-emocional e sexual',

28 de Maio - VIGO- Na Federación veciñal Eduardo Chao (Praza Princesa, 7) ás 20:30h. Intervirá a Marcha Mundial das Mulleres e Lola Ferreiro.

29 de Maio - VIGO- No Centro Social 'A Revolta' (Rúa Real, 32) ás 20:30h. Intervirán representantes da Marcha Mundial das Mulleres.

Modificado o ( Domingo, 24 Maio 2009 21:47 )
 

Palestra no Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

A charla realizouse nunha das salas do piso alto da Vella estación do tranvía en A Ramallosa, Val Miñor. Éramos ao redor de 30 mulleres. A exposición de Carmela Garrido foi sinxela e expositiva da situación na que se desenvolve a interrupción do embarazo na actualidade, tamén estivo chea de referencias a experiencias e vivencias comúns a todas as mulleres, o que propiciou que na parte do coloquio se deran varias intervencións, complementarias e profundizando no que se dicía na anterior.

Resaltaría a que agradecía o traballo da MMM na difusión e explicación do borrador da Lei do Aborto, así como de ser as que levamos esta información ás mulleres do pobo.

Próximas Convocatorias:

Charla - Coloquio en Vigo o 28-05-09 ás 20:30 no Centro Veciñal Eduardo Chao, Praza da Princesa, Vigo. Falará Lola Ferreiro.

Charla - Coloquio en Vigo o 29-05-09 ás 20:00 no Centro Social A Revolta, Rúa Real, Vigo.

Modificado o ( Domingo, 24 Maio 2009 20:40 )
 

Crónica da palestra en defensa do dereito ao aborto en Ourense

Correo-e Imprimir PDF

O pasado día 18 de maio tivo lugar na Casa da Xuventude de Ourense a palestra-coloquio "Co aborto, eu decido" na que participou connosco Celsa Perdiz (asistenta social do Centro de Orientación Familiar de Ourense).

Nun primeiro lugar proxectouse o documental "Mai por escolla, non por obriga", de Dorothy Fadiman, que, ainda que narra a historia da loita polos dereitos reprodutivos nos Estados Unidos, reflicte dun xeito bastante claro diversos aspectos que estamos a traballar na nosa campaña nacional. A continuación, Celsa Perdiz fixo un percorrido da situación do aborto na Galiza -dende a legalización da pílula ata a actualidade-, que axudou a ter unha perspectiva bastante clara da evolución acontecida neste tema.  Seguidamente presentamos a publicación e compartimos coas persoas que asistiron ao acto as nosas impresións ao respecto e o contido deste material.

No coloquio falouse dalgúns dos puntos que constan no anteproxecto de lei, como son o período de reflexión de 72 horas para a muller que decide abortar e a obxeción de conciencia; tamén houbo oportunidade de debater sobre as implicacións que conleva a modificación da lei de aborto e o noso posicionamento dende a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza.

Foi moi interesante e positivo escoita-las opinións e dúbidas das asistentes e contar coa experiencia profesional de Celsa Perdiz no ámbito do planeamento familiar posto que mostrou a necesidade que existe de continuar traballando pola consecución das nosas reivindicacións.

Modificado o ( Xoves, 28 Maio 2009 21:21 )
 
Páxina 22 de 27

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 38 convidados en liña