MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Novas

Xornadas Feministas Estatais de Granada

Correo-e Imprimir PDF

Do 5 ao 7 de decembro tiveron lugar as Xornadas Feministas Estatais en Granada onde mais de 3.000 feministas de todo o Estado, e mesmo de fóra do mesmo, tiveron a oportunidade de se encontrar e reencontrar despois de moitos anos de loita pola defensa dos dereitos das mulleres.
Mais de 100 palestras compuxeron a grande diversidade de perspectivas que conforman os feminismos de hoxe en día, desde as temáticas mais coñecidas aínda que con moito camiño que andar sobre a violencia de xénero, a migración, os dereitos laborais, o dereito a decidir das mulleres, a prostitución, pasando polo uso do feminismo como ferramenta política de transformación radical da sociedade e dos poderes políticos, mais tamén de autocoñecemento, empoderamento e fortalecemento do corpo e mente das mulleres e a súa relación coa terra, até chegar a mais recentes debates sobre a integración ao movemento das novas feministas, a procura de alternativas para afrontar o estado de sitio ao que o capitalismo ten sometida a nosa sociedade e especialmente as mulleres, as iniciativas de transformación socio-política e económica que supón por exemplo a Soberanía alimentar e a transversalidade das accións feministas, e tamén moi importante a significativa participación do movemento trans, queer, lésbico-feminista...que enriqueceu o debate alén dos nosos corpos e identidades, ofrecendo novas oportunidades de pensamento, reflexión e acción contra o machismo.
Imposíbel seria elaborar unha serie de conclusións sobre estas xornadas, debido a súa diversidade e grandiosidade, mais se algunha se pode destacar seria a da necesidade de construír redes dentro do movemento feminista, de establecer lazos fortes de entendemento e afectividade, criando relacións feministas e rexeitando as xerarquías machistas, superando así o isolamento nas loitas comúns que é a nosa grande debilidade e non beneficia mais que aos poderes patriarcais e capitalistas.
Terminamos o ano con moito camiño andando e con moito camiño por andar, mais coa certeza de que a loita feminista continúa.

Modificado o ( Mércores, 23 Decembro 2009 00:04 )
 

Jornadas Feministas Estatais - Granada 5, 6 e 7 de Dezembro

Correo-e Imprimir PDF

A Marcha Mundial das Mulheres na Galiza vai participar nas Jornadas Feministas Estatais que teram lugar em Granada no 5, 6 e 7 de Dezembro.

Estaremos tanto no acto de abertura na sexta-feira, 4 de dezembro, como tamém interviremos  na mesa "Umha experiência solidária feminista internacional" junto com as companheiras da coordenadora nacional da Catalunha.

Mais informações em http://www.feministas.org/jornadas.html

 

Modificado o ( Martes, 01 Decembro 2009 16:25 )
 

Activistas detidas en Turquía van esperar o seu proceso en liberdade!!

Correo-e Imprimir PDF

Despois de cinco meses e 20 días de detención, a corte penal turca decidiu liberar ás 22 activistas (10 mulleres e 12 homes) arrestadas a finais de maio. O próximo paso do proceso xudicial, que investiga a suposta involucración das acusadas cunha organización ilegal, vai ter lugar no 2 de marzo de 2010. Nesta primeira etapa recen terminada, que durou dous días e que terminou na madrugada do sábado, 21, foron tomadas as declaracións de todas as detidas. Por falta de tempo, non se tomaron as declaracións de outras nove persoas, que xa esperan a continuación do proceso en liberdade.
 
O xuízo foi seguido, todo o tempo, por aproximadamente 150 persoas, incluso por unha delegación internacional de mais de 40 persoas, ademais das familias das detidas – fillas adolescentes, mais anciáns – amigas, compañeiras de activismo político. Fora, estaban activistas de KESK – Confederación de sindicatos de empregados públicos de Turquía, que levaban afiches  con as consignas “saquen as súas mans de KESK”, facendo turno con grupos de estudantes da secundaria e organizacións de dereitos humanos.
Todas as acusadas presentáronse diante do xurado como feministas. Todas foron ou aínda son responsábeis de comités de mulleres en distintos niveis (local, rexional, nacional) de organizacións sindicais do sector público relacionados con KESK. Unha das dez mulleres acusadas iniciou a súa declaración denunciando o informe da acusación como unha calumnia patriarcal. 
 
As supostas probas do presunto crime que figura no proceso son accións do cotiá da organización sindical e de mulleres. O suposto crime é que as acusadas usarían a estrutura de KESK para construír unha organización ilegal ligada ao PKK, Partido dos Traballadores Curdos, ilegal en Turquía. Baseados neste argumento, accións tales como chamadas telefónicas para convidar a persoas a participar en reunións ou obradoiros de formación eran considerados recrutamento de persoas para unha organización ilegal. As charlas telefónicas entre mulleres intercambiando consellos e apoios no traballo sindical foron consideradas  como ordes dadas ou executadas nunha organización militar ilegal. Isto inclúe a organización das manifestacións do 8 de marzo xunto con grupos feministas e de mulleres de partidos políticos. 
 
A política de acción afirmativa tamén foi descrita como crime. KESK e as súas organizacións sindicais teñen secretarías de mulleres moi activas. Estas secretarías sempre foron activas e centrais nas actividades da Marcha Mundial das Mulleres en Turquía. No entanto, como non están nos estatutos da organización e non existen noutras centrais sindicais, as súas actividades tamén foron descritas pola acusación como ilegais. A política de cotas do 30% para mulleres foi descrita como un tipo de ocupación de KESK por unha organización ilegal.
 
Á criminalización da actividade sindical e feminista engádeselle a discriminación en relación ao pobo Curdo: case todas as acusadas son de orixe Curda. Sobre unha das mulleres que non ten orixe Curda, mais que é a compañeira dun Curdo, dicían que ela seguía as ordes do seu marido. Foi presentado como proba o facto de que unha das acusadas foi ao cine a ver a película Bahoz (Storm) con subtítulos en Curdo, e tamén a organización dunha rolda de prensa sobre o dereito á educación en lingua materna.
 
As probas presentadas incluían gravacións obtidas sen autorización formal, que foron mal interpretadas, e emails. Avogadas e avogados teñen refutado as supostas evidencias construídas para criminalizar o activismo sindical e feminista. 
 
A decisión de que as presas esperen o proceso en liberdade foi considerada como o suceso da expresiva mobilización nacional e internacional, que foi levada a termo en diversas protestas en todo o mundo xunto aos gobernos turcos e as súas representacións diplomáticas.  A través dunha carta, KESK afirma que a operación que arrestou arbitrariamente ás activistas demostra unha vez mais “que existen riscos e custos en levar a loita polo traballo e pola democracia en Turquía”. Agradecen toda a solidariedade recibida e comprométense a seguir informando sobre as futuras audiencias.
 
Para mais informacións:
 
*Comeza o xuízo das activistas detidas arbitrariamente en Turquía
http://www.marchemondiale.org/news/mmfnewsitem.2009-11-19.9114620607/es
 
*Solidariedade con activistas sindicais en Turquía en vésperas do seu xuízo(19 – 20 novembro de 2009)
http://www.worldmarchofwomen.org/structure/cn-groupes/europe/turquie/declaration11122009/es
 
*Protestas mundiais contra o arresto arbitrario de activistas en Turquía, publicado na edición de Xulio do Boletín de Enlace da MMM
http://www.marchemondiale.org/bulletin_liaison/2009/200902/200902-html/es
 
*Mais informacións enviadas en maio e xuño polas compañeiras  de Turquía
http://www.marchemondiale.org/structure/cn-groupes/europe/turquie/solidarity053009/es

Modificado o ( Domingo, 29 Novembro 2009 23:57 )
 

SOLIDARIEDADE CON ACTIVISTAS SINDICAIS NA TURQUÍA EN VÉSPERAS DO SEU XUIZO (19 – 20 NOVEMBRO DE 2009

Correo-e Imprimir PDF

31 sindicalistas van a xuízo na cidade de Izmir, Turquía, no 19 e 20 de novembro,  e a Confederación, Federación e Sindicatos involucrados denuncian isto como unha represión dos dereitos sindicais para o funcionariado (mestras e mestres, na súa maioría) nunha tentativa para criminalizalos. Destes 31 sindicalistas,  10 mulleres e 12 homes están na cárcere á espera do xuízo.

Catro das mulleres á espera de xuízo son membras da Marcha Mundial das Mulleres: Elif Akgul, ex secretaria de mulleres do Sindicato de Profesorado, e Yuskel Mutlu, profesora xubilada, integrante da Asociación de Dereitos Humanos e da Asemblea Turca pola Paz; Songul Morsumbul, Secretaria de Mulleres da KESK (Confederación dos sindicatos do Funcionariado de Turquía) e Culcin Isbert, membra de Egitim-Sen, o sindicato de mestres. Moitas das outras mulleres detidas son lideresas de secretarías de mulleres, preocupadas especialmente cos dereitos das mulleres. Estes sindicatos estiveron presentes en todos os Foros Sociais Europeos nos últimos 8 anos e pola tanto temos interese en protexer a súa liberdade de actividade coa solidariedade feminista internacional e sindical, especialmente porque o Foro Social Europeo vai acontecer en Istambul, en xullo do 2010.

Este é o primeiro xuízo despois do arresto de 34 sindicalistas no 28 de Maio de 2009, e do detemento de moitas e moitos deles ata agora, en contravención a todas as leis do Estado Turco e das convencións internacionais relevantes ratificadas por Turquía. No 9 de Xuño, a Marcha Mundial das Mulleres sacou unha declaración de solidariedade, mentres os sindicatos e movementos sociais fixeron o mesmo. 

Na reunión da Coordinadora Europea que tivo lugar do 23 ao 25 de Outubro en Thessaloniki, Grecia, nós as delegadas tomamos a decisión de aumentar a nosa solidariedade con respecto aos valores da nosa Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade: igualdade, liberdade, solidariedade, xustiza e paz.

Liberdade, Afirmación 2:
Toda persoa goza de liberdades individuais e colectivas que garanten a súa dignidade, particularmente: liberdade de pensamento, de conciencia, de crenza, de relixión, de expresión, de opinión; de asociación, de reunión, de sindicalizarse, de manifestarse...

Xustiza, Afirmación 1:
Todas as persoas, independentemente do seu país de orixe, da súa nacionalidade e do seu lugar de residencia, son consideradas cidadás e cidadáns con pleno goce e exercicio dos seus dereitos humanos (dereitos sociais, económicos, políticos, civís, culturais, sexuais, reprodutivos, medioambientais) dunha maneira igualitaria, equitativa e verdadeiramente democrática.

Xustiza, Afirmación 4:
Instáurase un sistema xudicial accesíbel, igualitario, eficaz e independente.

Solidariedade, Afirmación 2:
Todos os seres humanos son interdependentes e comparten o deber e a vontade de vivir xuntos, de construír unha sociedade xenerosa, xusta e igualitaria, baseada nos dereitos humanos, exenta de opresión, de exclusións, de discriminacións, de intolerancia e de violencias.

Paz, Afirmación 3:
Exclúense todas as formas de dominación, de explotación e de exclusión por parte dunha persoa sobre outra, dun grupo sobre outro, dunha minoría sobre unha maioría, dunha nación sobre outra.


Nesta declaración de apoio e acción esiximos:

  • A liberación inmediata de todas e todos os detidos, a súa absolución e a retirada de todas as acusacións contra elas.
  • O fin da represión dos movementos de oposición, incluíndo o movementos de mulleres, sindicatos e asociacións de dereitos humanos.

¡Mulleres en Marcha ata que todas sexamos libres!

Coordinación Europea
Novembro de 2009

Poden enviar as súas mensaxes de protesta por Fax  a:

  • Primeiro Ministro de Turquía, Recep Tayyip Erdogan: 0090 312 417 04 76
  • Presidente de Turquía: 0090 312 418 4183
  • Ministra de Mulleres, Selma Aliye Kavaf: 0090 312 417 39 87
Modificado o ( Venres, 27 Novembro 2009 00:35 )
 
Páxina 21 de 28

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 38 convidados en liña