MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Novas

Concentración en repulsa doutro asasinato machista no noso país

Correo-e Imprimir PDF
A Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres convoca unha concentración para o XOVES 13 de OUTUBRO ás 20h diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO) en repulsa polo asasinato da veciña da parroquia de Coruxo, Vigo a mans da súa parella.
Agradeceríamos a súa máxima difusión nos medios e a sensibilización e concienciación da sociedade coa participación na mesma, xa que é intolerábel que siga habendo vítimas de violencia de xénero en pleno século XXI, só polo feito de sermos mulleres.
Cordenadora Local de Vigo.
Modificado o ( Martes, 11 Outubro 2011 20:26 )
 

Mesa Redonda: Alianzas do movemento feminista e LGTB

Correo-e Imprimir PDF

Mércores 29 xuño - 20.30h
Xunto ao Museo Arqueolóxico
Praza Maior (escaleira Santa María Nai)

Con motivo do 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTB, a Marcha Mundial das Mulleres e AGLET (asociación de gais, lesbianas e transexuais de ourense) organizamos unha mesa redonda para falar das necesarias alianzas estratéxicas do movemento LGTB e o movemento feminista na nosa cidade e no noso país para combatermos xunt@s o patriarcado  e todo o que supón para as nosas vidas.

Na mesa redonda participarán a Marcha Mundial das Mulleres, que quere colaborar na reivindicación deste día do Orgullo como un día tamén de reivindicación feminista, Jorque Quintela presidente de AGLET, Alfredo Domínguez ,membro de AGLET e Laura Bugallo compañeira feminista.

Organizan: Marcha Mundial das Mulleres e AGLET Ourense

29xunhocharlammm.jpg

Modificado o ( Luns, 27 Xuño 2011 17:50 )
 

Encontro Galego da Marcha Mundial das Mulleres

Correo-e Imprimir PDF

cronica8_2.jpg

 

Este sábado 4 de xuño terá lugar en Compostela un Encontro Galego da Marcha Mundial das Mulleres dirixido ás organizacións e mulleres que forman parte da Marcha Mundial na Galiza. O encontro terá lugar na Asociación A Troita Armada (r/Pombal 18 - Compostela) de 10.00h a 19.00h.

Ao longo do encontro haberá unha posta en común da traxectoria e das perspectivas de futuro da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza.

O programa do encontro é o seguinte:

10.00-14.30 Acollida e Presentación - 10 anos de Marcha Mundial das Mulleres na Galiza - Relato de experiencias e construcción de memoria colectiva.

14.30-16.00 Xantar

16.00-19.00 A MMM na actualidade - Perspectivas de futuro - Valoración do encontro e feche.

Modificado o ( Venres, 03 Xuño 2011 12:18 )
 

8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres

Correo-e Imprimir PDF

A Marcha Mundial das Mulleres fai un chamamento á cidadaníanesta época de crise, e a todas as organizacións sociais paraunir forzas, lembrando que nestes tempos o feminismo é máisnecesario:

  • A saída da crise ten que facerse, reivindicarse, earticularse tendo en conta as mulleres, e con visión eperspectiva de xénero.

  • O camiño para saír da crise está na asunción dos valores feministas de igualdade, corresponsabilidadee paridade se cremos que é posíbel construír outromundo a partir dun modelo autenticamente alternativo.

Compostela, Febreiro de 2011

Os momentos de crise económica historicamente serviron parareforzar o patriarcado. Os recortes sociais, económicos e nosdereitos laborais sempre van acompañados dos recortes nosdereitos das mulleres e paralelamente dos ideais de xustiza eigualdade.

É por isto que nestes tempos o feminismo ten que combinaresforzos co resto das organizacións sociais, políticas, sindicais,ecoloxistas, relixiosas, veciñais e culturais... e estas co feminismo, para parar o desmantelamento dos dereitos de cidadanía dasmulleres e frear os recortes sociais e laborais que limitan as nosasvidas e as das xeracións futuras.

A Marcha Mundial das Mulleres convida a participar nos actosprogramados en Vigo, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Ourense poloDía Internacional das Mulleres baixo o lema:

"IGUALDADE, CORRESPONSABILIDADE E PARIDADEVALORES PARA OUTRO MUNDO POSÍBEL"

Convocatorias da Marcha Mundial das Mulleres para este Marzo na Galiza:

Compostela

Obradoiro Día Internacional das Mulleres con "Teatro da Oprimida"
Venres 11 de marzo (16:30h. a 20:00h.)
Sábado 12 de marzo (16:30h. a 14:00h. e de 16:30h. a 20:00h.)
Gentalha do Pichel. Compostela.
Confirma a túa asistencia -limite de prazas- en:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Ferrolterra
6 marzo, domingo ás 12:30h
Concentración no Cantón de Molíns (Ferrol)

Ourense
18 marzo, venres ás 20:00h
Acto na Praza Saco e Arce, Zona Histórica

Pontevedra
8 marzo, martes ás 20:30h
Festa na Praza 8 de Marzo

Vigo
8 de marzo, martes ás 20:00h
Manifestación lúdico-festiva dende a Praza de Portugal

Modificado o ( Xoves, 24 Febreiro 2011 18:32 )
 
Páxina 1 de 24

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Publicacións:

Campaña:

25n2011w.jpg

Cartel
Cartel

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
CAF - Comisión da Muller [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]

VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]

FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]

PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra

COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller

COSTA DA MORTE
Buserana

A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 4 convidadas en liña