MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Novas

Solidaridade feminista fronte ás políticas racistas e misóxinas do capital

Correo-e Imprimir PDF

 

Solidaridade feminista fronte ás políticas racistas e misóxinas do capital

A Coordenadora galega da Marcha Mundial das Mulleres manifesta a súa plena solidariedade cos pobos agredidos do estado que loitan contra o fascismo e o racismo, nestes días en especial coas mulleres feministas que se levantan contra as ameazas de retroceso dos dereitos acadados.

Ante a actual crise do sistema político e económico a dereita recrudece os ataques ás liberdades e os dereitos conquistados con décadas de loita e organización colocando ás máis vulnerábeis como alvo dos seus ataques dialécticos e sobre todo das súas políticas económicas. O racismo e a misoxinia impregnan os discursos públicos empregando os ataques ao feminismo como moeda de cambio no acceso ao poder institucional dende o que aplicar os axustes económicos que voltarán golpear con forza nas máis agredidas.

Entendemos que negociar cos dereitos das migrantes e das mulleres é unha reación do sistema ao avance do Movemento feminista e unha maniobra para apretar as cadeas do patriarcado. As ameazas que hoxe se lanzan sobre recortes en materia de igualdade ou violencia machista ou as propostas de construír políticas públicas en torno á “familia” son de sobra coñecidas no noso país, onde xa tivemos que combater unha Lei de Familia, o finanzamento de grupos anti-aborto ou proxectos en torno da natalidade coa chegada do PP de Feijóo ao goberno da Xunta. Logo viñeron a segregación no ensino e o desmantelamento dos CIMM pola vía da ampliación de competencias a outras materias e a redución de lineas económicas para programas de prevención da violencia.

As mulleres galegas sabemos o que é ter unha dereita reaccionaria tomando decisións e manexando orzamentos públicos contra as políticas de igualdade e a necesidade dun combate diario destas políticas con mobilización e redes fortes que planten cara ao racismo e a misoxinia. As que hoxe son ameazas noutros territorios xa foron políticas públicas no noso país, e é por iso que nos solidarizamos e seguimos loitando por sacar á dereita das nosas institucións.

O fascismo español, en calquera das súas expresións políticas, coas súas posicións fascistas e racistas defende políticas contrarias á vida das mulleres, a explotación laboral e políticas xenófobas de expulsión. E isto é algo que pasa na Galiza, no Estado Español e aí onde se fai co poder: Estados Unidos, Brasil, Austria, Polonia... Estamos ante o seu momento máis forte e de máis reforzo nas últimas décadas e por iso atopamos cada vez máis cidadáns que se sinten lexitimados coas prácticas racistas dos partidos e das institucións.

Por isto manifestamos todo noso apoio e solidariedade internacionalista e feminista ás mulleres que en todo o mundo loitan contra o fascismo, especialmente ás que se levantan hoxe para frear a ameaza ás portas das súas institucións. Os dereitos das mulleres non se negocian.

Nós, dende aquí, seguiremos loitando, organizándonos e construíndo alianzas para combater aos que temos ocupando o poder no noso país. Porque a solidariedade é a nosa arma máis potente.

Seguiremos en marcha ata que todas sexamos libres!

Modificado o ( Domingo, 13 Xaneiro 2019 22:36 )
 

PALESTRA con a compañeira kurda Necîbe Qeredaxî do comité de Jineolojî de Europa

Correo-e Imprimir PDF

[VIGO][ Feminismo Internacionalista ] Este 9 de xaneiro ás 20h. na Casa Galega da Cultura, a Marcha Mundial das Mulleres reivindica e homenaxea en todo o mundo a loita das mulleres kurdas. No noso país, Vigo acollerá unha palestra e debate coa compañeira kurda Necîbe Qeredaxî do comité de Jineolojî de Europa. Teremos a ocasión de escoitar na propia voz destas mulleres a súa loita feminista e de emancipación do seu pobo.

Agradecer a Mar de Lumes Plataforma Baran Galiza pola súa colaboración neste acto.

Para nós, o 9 de xaneiro, é un día pola memoria e a solidariedade cas activistas, abusadas, encarceradas, violadas e asasinadas. Un día para dicir xuntas que as súas loitas non foron e non son en balde.

Mais tamén, fai seis anos do asasinato das activistas Sakine Cansiz, Fidan Dogan (Rojbîn) et Leyla Saylemez en Paris.

Sen esquecer o asasinto en 2016, de Seve Demir organizadora da posta en marcha da Caravana Feminista para a IV Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres en Nusaybin e membra do Partido Democrático das Rexións, Pakize Nayir, vicepresidenta da Asamblea Popular de Silopi, e Fatma Uyar, membra da Unión de Liberación das Mulleres. E moitas máis que non imos a recoller aqui.

Este pobo leva moitos anos loitando polos seus dereitos e polo recoñecemento do seu territorio, fronte a represión e violencia dos estados próximos.

Nestes anos, púxose o foco de atención nas mulleres kurdas como exemplo de autodefensa e de loita pola liberación e organización do seu pobo.

Consideramos que a Unión Europea é cómplice das vulneracións de dereitos do goberno turco.

 

Modificado o ( Sábado, 05 Xaneiro 2019 17:24 )
 

MANIFESTO 25N: Rebelión, autodefensa contra todas as violencias machistas.

Correo-e Imprimir PDF
Rebelión, autodefensa
contra todas as violencias machistas.

No noso día a día as mulleres temos que sobrevivir con moitos tipos de violencias; económica, sexual, psicolóxica, física, reprodutiva, obstétrica, laboral, institucional… Recibimos todo tipo de violencias en maior ou menor medida na nosa vida diaria. Neste 25 de novembro queremos reivindicar a necesidade de tecermos redes de coidado e soporte nas nosas vidas fronte a esas violencias que sufrimos e facelo desde a loita feminista.

Acreditamos na autoorganización das mulleres como ferramenta definitiva para racharmos co sistema capitalista e patriarcal que nos oprime e explota desde nenas, que nos hipersexualiza, que nos cría nunha cultura da violación, que nos impide cumplir a mínima de “a igual traballo, igual salario”, que nos convirte en obxectos sen valor humano, que nos condea a pasar as nosas vidas á sombra do sistema.

No último ano coñecemos setenzas xudicias que confirman que a violencia sistémica e o monopolio da violencia por parte do Estado Español son aínda un desafío que debemos afrontar desde o feminismo, casos como o de Juana Rivas ou A Manada son simples cumes do que este sistema está disposto a facer contra as mulleres, isto exemplifica que todas as campañas nas que se anima a denunciar as violencias machistas ocultan a revitimización e mesmo a indefensión que sufrimos neses procesos de denuncia.

Todo isto constátanos de que a violencia económica consecuencia da alianza capital-patriacado segue colocando as nosas vidas e territorios en perigo, como obxectos de conquista. E é por isto que este 25 de novembro, desde a Marcha Mundial das Mulleres, queremos falar de autodefensa feminista e de autoorganización, autodefensa fronte á violencia física e psicolóxica, mais tamén fronte á económica e institucional.

Acreditamos en que entre todas seremos capaces de construírmos alternativas para as nosas vidas, coas que defendernos de todas as violencias que nos atravesan, e para conseguilo seguiremos en marcha até que todas sexamos libres.
Modificado o ( Martes, 27 Novembro 2018 14:22 )
 

[ 25N ] Rebelíon, autodefensa, contra todas as violencias machistas

Correo-e Imprimir PDF

[ 25N ] Rebelíon, autodefensa,

contra todas as violencias machistas.

Económica, sexual, psicoloxica, fisica, reprodutiva obstetrica, laboral, institucional... As mulleres recibimos múltiples violencias en maior ou menor grado na nosa vida diaria. Neste 25 de Novembro queremos reivindicar a necesidade de tecermos redes de coidados e soporte das nosas vidas fronte a esas violencias que sufrimos e facelo dende a loita feminista.

No último ano coñecemos sentenzas xudiciais que confirman que a violencia sistémica e o monopolio da violencia por parte do estado son aínda un desafío que debemos afrontar dende o feminismo, que todas as campañas de chamados a denunciar as violencias machistas non ocultan a revictimización e mesmo a idenfensión que sufrimos neses procesos de denuncia.

Tamén constatamos que a violencia económica consecuencia da alianza capital-patriarcado segue colocando as nosas vidas e os nosos territorios en perigo. Por iso queremos falar de autodefensa e organización, autodefensa fronte á violencia física e psicolóxica mas tamén fronte á económica e institucional. Construír alternativas para a vida para defendernos das violencias que nos atravesan.

#FeminismoParaVivir #FeminismoParaTransformar #Autodefensa #TomarAsRúas

#AutodefensaFeminista #OrganizarAloita #nenUnhaMenos

 

 
Páxina 1 de 29

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 166 convidados en liña