MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Novas

MANIFESTO 25N: Rebelión, autodefensa contra todas as violencias machistas.

Correo-e Imprimir PDF
Rebelión, autodefensa
contra todas as violencias machistas.

No noso día a día as mulleres temos que sobrevivir con moitos tipos de violencias; económica, sexual, psicolóxica, física, reprodutiva, obstétrica, laboral, institucional… Recibimos todo tipo de violencias en maior ou menor medida na nosa vida diaria. Neste 25 de novembro queremos reivindicar a necesidade de tecermos redes de coidado e soporte nas nosas vidas fronte a esas violencias que sufrimos e facelo desde a loita feminista.

Acreditamos na autoorganización das mulleres como ferramenta definitiva para racharmos co sistema capitalista e patriarcal que nos oprime e explota desde nenas, que nos hipersexualiza, que nos cría nunha cultura da violación, que nos impide cumplir a mínima de “a igual traballo, igual salario”, que nos convirte en obxectos sen valor humano, que nos condea a pasar as nosas vidas á sombra do sistema.

No último ano coñecemos setenzas xudicias que confirman que a violencia sistémica e o monopolio da violencia por parte do Estado Español son aínda un desafío que debemos afrontar desde o feminismo, casos como o de Juana Rivas ou A Manada son simples cumes do que este sistema está disposto a facer contra as mulleres, isto exemplifica que todas as campañas nas que se anima a denunciar as violencias machistas ocultan a revitimización e mesmo a indefensión que sufrimos neses procesos de denuncia.

Todo isto constátanos de que a violencia económica consecuencia da alianza capital-patriacado segue colocando as nosas vidas e territorios en perigo, como obxectos de conquista. E é por isto que este 25 de novembro, desde a Marcha Mundial das Mulleres, queremos falar de autodefensa feminista e de autoorganización, autodefensa fronte á violencia física e psicolóxica, mais tamén fronte á económica e institucional.

Acreditamos en que entre todas seremos capaces de construírmos alternativas para as nosas vidas, coas que defendernos de todas as violencias que nos atravesan, e para conseguilo seguiremos en marcha até que todas sexamos libres.
Modificado o ( Martes, 27 Novembro 2018 14:22 )
 

[ 25N ] Rebelíon, autodefensa, contra todas as violencias machistas

Correo-e Imprimir PDF

[ 25N ] Rebelíon, autodefensa,

contra todas as violencias machistas.

Económica, sexual, psicoloxica, fisica, reprodutiva obstetrica, laboral, institucional... As mulleres recibimos múltiples violencias en maior ou menor grado na nosa vida diaria. Neste 25 de Novembro queremos reivindicar a necesidade de tecermos redes de coidados e soporte das nosas vidas fronte a esas violencias que sufrimos e facelo dende a loita feminista.

No último ano coñecemos sentenzas xudiciais que confirman que a violencia sistémica e o monopolio da violencia por parte do estado son aínda un desafío que debemos afrontar dende o feminismo, que todas as campañas de chamados a denunciar as violencias machistas non ocultan a revictimización e mesmo a idenfensión que sufrimos neses procesos de denuncia.

Tamén constatamos que a violencia económica consecuencia da alianza capital-patriarcado segue colocando as nosas vidas e os nosos territorios en perigo. Por iso queremos falar de autodefensa e organización, autodefensa fronte á violencia física e psicolóxica mas tamén fronte á económica e institucional. Construír alternativas para a vida para defendernos das violencias que nos atravesan.

#FeminismoParaVivir #FeminismoParaTransformar #Autodefensa #TomarAsRúas

#AutodefensaFeminista #OrganizarAloita #nenUnhaMenos

 

 

Accións performativas contra a violencia machista

Correo-e Imprimir PDF

As mulleres da coordenadora de Vigo da Marcha Mundial das mulleres, como acto previo ao día Internacional para a erradicación da violencia machista, queremos convidarvos, este 24 de novembro ás 11:30h. no mercado de Teis, a unha acción de rúa con varias dinámicas das que cómpre da vosa participación e colaboración:

- Trae o teu zapato co que escenificar e dar visibilidade ás 88 mulleres asasinadas este ano no estado español

- Performance creativa feminista contra a violência machista.

Traballaremos co corpo a través do teatro-imaxen, dos sons, dos ritmos e da danza, para visibilizar e deconstruir as opresións que vivimos as mulleres acotío, para propor alternativas transformadoras por medio da expresión artística e con a música e a poesía como ferramentas vinculantes da performance. Todas as mulleres con vontade , con enerxía e sen vergoña, estades convidadas a transgredir connosco do verbal para o corporal. Porque outras formas de linguaxe son posibles, porque todas somos criadoras, e porque se non se pode danzar, esta non é a nosa revolución.

Imos facer un ensaio mais non teño data confirmada, polo que aquelas interesadas en participar na performace, porvos en contato con nós ao correo:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

A loita é entre o capital e a vida

Correo-e Imprimir PDF

17 de outubro día mundial

para a ERRADICACIÓN da POBREZA

A pobreza extrema afecta a 767 millóns de persoas no mundo. É unha cifra inhumana, inmensa, intolerable... mais isto resulta aínda máis infame cando vemos que as 8 persoas máis ricas do mundo teñen tantos cartos como case a metade da poboación mundial. Estes son datos que indignan e que nos mostran o demente e descarnado do sistema capitalista. O sistema que nos goberna. O sistema que nos alecciona en que as alternativas ou cuestionamentos contra él son utopía. O sistema que emprega a pobreza como combustible para funcionar, porque para uns ser moi ricos, outrxs teñen, por forza, que ser moi pobres.

Dende a economía capitalista manéxanse cifras macroeconómicas de PIB, balanzas de pago... que pouco ou nada teñen que ver coa calidade de vida real do groso da poboación senón coa fartura de grandes empresas, que crean desequilibrios inxustos entre países que espolian e países que son roubados, que invisibilizan o traballo dos coidados e das redes humanas que fan posible que o mundo da economía real poida funcionar e cubrir as carencias nas que desembocan os seus “axustes”.

Nestas cifras da pobreza, un 60% son mulleres ou nenas. A pobreza ten nome de muller. Pese a que colaboramos igual que os homes na creación de riqueza, no reparto desta somos marxinadas. Os nosos traballos son os máis precarios, os menos dignificados e o traballo dos coidados, que asumimos maioritariamente, é invisibizado e súmase en moitos casos nunha dobre xornada. Colaboramos pois dobremente nesa riqueza da que moitas non nos beneficiamos.

Falamos da pobreza dos países do Sur que nutren co roubo dos seus recursos o consumismo obsceno de occidente e reivindicamos o reparto xusto, o dereito a soberanía alimentaria dos pobos e o fin da cobiza imperialista. Falamos tamén da pobreza nos países enriquecidos. Na Galiza, pese a que nos inundan os discursos de recuperación económica, o ano 2017 pechou con case un 18% da poboación galega en risco de pobreza. O opio do consumo e o individualismo fainos crer que nos sitúan no lado dxs privilexiadxs, cando nunca elxs pensaron compartilo connosco. Estamos nun mundo que deciden as elites económicas no que apenas somos xs extrxs da película.

A pobreza é algo que se herda, é algo condicionado polo lugar onde naces, polo sexo, pola cor da pel, e por moitos factores que discriminan e marcan barreiras claras nas oportunidades. Son falsos os mantras do mercado de que o esforzo se remunera e xs que quedan fora do reparto é porque non producen nada: os traballos máis duros, a explotación e os abusos son anexos da vulnerabilidade económica. Na nosa sociedade ademais, aumenta cada día a cantidade de persoas con traballo en situación de pobreza. O deterioro do mercado laboral é crecente, a precariedade, temporalidade e condicións inxustas aumentan. O que autodenominan progreso e “crecemento” depredan o noso medio ambiente, asolagando vieiros de non retorno. O mercado é insaciable e todo beneficio lle resulta suficiente.

O capitalismo e o patriarcado precisan da pobreza, precisan da desigualdade, precisan da inxustiza para existir. Son contrarios a unha vida digna. O beneficio social non o miden os cartos. Por todo isto, temos que reformular as regras económicas e reapropiarnos do noso dereito a unha vida digna e reivindicar o noso espazo neste mundo que nos debe pertencer por igual a todxs.

#anticapitalistas #feminismoParaVivir

As mulleres da Coordenadora local de Vigo da Marcha Mundial das Mulleres, sairemos a rúa con dúas accións:

-16 de outubro- Vestiremos as estatuas da cidade para amosar que a pobreza ten nome de muller. Que creamos riqueza e queremos que reflicte nas nosas vidas.

Se queres participar con nós, achegate a Casa das Mulleres na rúa Romil, 20. Estaremos dende ás 18:00h. ate 21:00h. para preparación e recoller material que utilizaremos na acción

-17 de outubro día mundial para a erradicación da pobreza- Colocaremos siluetas de muller polo paseo peonil do Calvario ás 19:00h.

O capitalismo e o patriarcado precisan da pobreza, precisan da desigualdade, precisan da inxustiza para existir. Amosaremos a realidade das mulleres e crianzas na Galiza:

-Condicións laborais piores, salarios baixos, temporalidade, fenda de pensións, vivenda inaccesible, pobreza enerxética, depredación do territorio, apropiación dos nosos corpos como mercadorias..

Participa con nós!!
Na tua man tamén está denunciar este sitema capitalista heteropatriarcal

Modificado o ( Sábado, 13 Outubro 2018 14:26 )
 
Páxina 1 de 28

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 105 convidados en liña