Os valores que guían o proxecto Imprimir
Escrito por Administradora   
Xoves, 15 Maio 2008 00:00
  • O liderado da organización está en mans das mulleres.
  • Todas as rexións do mundo comparten o liderado da acción.
  • Os grupos participantes activos adhírense ás metas, valores e obxectivos e ao plan de acción global, pero son autónomos no tocante á organización das accións nas súas respectivas nacións.
  • Recoñecemos, respeitamos e valoramos a diversidade (das realidades das mulleres, dos países, os enfoques políticos e as estratexias de acción) dos movementos das mulleres.
  • A Marcha Mundial organiza accións masivas, actividades de educación popular, resistencia e mobilizacións a nivel nacional, rexional ou mundial.
  • Estamos a favor da non violencia recoñecendo á vez o dereito á lexítima defensa.
Última actualizaciónfeita en Xoves, 15 Maio 2008 20:28