MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Os nosos obxectivos PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administradora   
Xoves, 15 Maio 2008 00:00

  • Fortalecer e manter un amplo movemento de solidariedade entre todas as mulleres e organizacións de base para que a Marcha constitúa un xesto de afirmación das mulleres do mundo.
  • Promover a igualdade e a xustiza entre as mulleres e os homes, entre as propias mulleres e entre todos os pobos.
  • Seguir construíndo e fortalecendo un amplo proceso de educación popular onde todas as mulleres poidan analizar por si mesmas e para elas mesmas as causas da súa opresión, da súa discriminación e as posibles alternativas.
  • Poñer en práctica as reivindicacións e as alternativas comúns aos movementos das mulleres do mundo, a escala local, nacional, rexional e internacional, en torno aos temas da pobreza e da violencia cara ás mulleres.
  • Exercer presións políticas sobre os gobernos e as institucións políticas multilaterais (por exemplo a ONU) para que realicen os cambios necesarios para mellorar as condicións e a calidade de vida das mulleres do mundo, incluíndo unha política de desarme e de resolución pacífica de conflitos, o fin de todas as impunidades e da corrupción, o uso da violación como arma de guerra, as ocupacións e a presenza militar extranxeira ao igual que a imposición de bloqueos político-económicos.
  • Rexeitar e denunciar as institucións internacionais financeiras, económicas e militares (FMI, OTAN, OMC, BM, corporacións transnacionais, axencias de cooperación que condicionan as nosas loitas, etc.) que empobrecen e marxinan ás mulleres e incrementan a violencia cara elas, e traballar con propostas institucionais alternativas.
  • Levar á poboación en xeral, aos outros sectores da sociedade e aos movementos sociais a apoiar e realizar os cambios que sexan precisos para mellorar a posición, as condicións e a calidade de vida das mulleres do mundo enteiro.
  • Desenvolver e implementar accións e propostas que denuncien ás institucións económicas e financeiras que promoven a explotación e degradación dos nosos recursos, cambio climático e perda de biodiversidade. Loitar por unha autoxestión dos nosos recursos ambientais que se basee nun modelo de desenvolvemento que respecte as necesidades básicas das xeracións presentes e futuras.
Modificado o ( Xoves, 15 Maio 2008 20:29 )
 

Publicacións:

Campaña:

Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

proximamente

Quen está en liña?

Temos 12 convidadas en liña