MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Publicacións PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administradora   
Luns, 06 Febreiro 2012 19:02

Publicacións / Material de Divulgación:

portada_aborto.jpg

[ DESCARGAR ]

Conmemorando o 28 de Maio Día Internacional de Acción pola Saúde das Mulleres a coordinadora comarcal da Coruña organizamos un ciclo de conferencias, vídeo-forum e coloquios baixo o título 'O dereito a decidir: Situación actual e alternativas à despenalización do aborto'. Nas xornadas introducíronse temas tais como a loita polos dereitos reprodutivos e sexuais, a situación actual e redes dos COF (Centros de Orientación Familiar), os aspectos legais do dereito a decidir, e coa colaboración de mulleres representantes do asociativismo e activismo da nosa cidade xerouse un debate sobre as alternativas á despenalización do aborto.

Coa publicación destas xornadas e a súa divulgación totalmente gratuíta tanto en papel como en formato electrónico, pretendemos partillar con todas a información, debate e reflexión que xurdiu dentro da dinámica desta actividade. Consideramos que este material pode axudar a entender mellor o contexto histórico, xurídico e sanitario da actual regularización do aborto e estabelecer as bases para a discusión dentro da sociedade galega das alternativas á  despenalización. Para a Marcha Mundial das Mulleres é fundamental deseñar estratexias de presión social e política e encoraxar a participación de toda a sociedade e do activismo galego nestas estratexias.

Até todas as mulleres do mundo conseguirmos a soberanía sobre o propio corpo, nós continuaremos en marcha.

tribunal_acusacion.jpg

[ DESCARGAR ]

 

Este texto foi elaborado para o acto realizado en Vigo pola Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres o 17 de outubro de 2010 no marco da III Acción Internacional. Este acto foi un dos numerosos actos celebrados polas coordenadoras nacionais da Marcha Mundial en todo o mundo o día que tiña lugar o feche da III Acción Internacional en Sud Kivu - RDCongo en solidariedade coas nosas compañeiras africanas e as mulleres que sufren, no planeta, os efectos e as consecuencias dos conflictos.

Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres.

 

chamamentopazcongo.png

[ DESCARGAR ]

Nós, mulleres dos grupos de Ruanda, Burundi e República Democrática do Congo afiliadas á Marcha Mundial das Mulleres, facemos un chamamento pola paz na Rexión dos Grandes Lagos Africanos e no mundo enteiro profundamente preocupadas pola reactivación das guerras e os conflitos armados que persisten na Rexión dos Grandes Lagos.

 

[ DESCARGAR ]

Material comparativo dos custos de material bélico en relación aos custes dos servios públicos. Exposición empregada para a reivindicación no día 24 de Maio Día Internacional das Mulleres pola Paz e o Desarme.

 

novasfeministas.jpg

[ DESCARGAR ]

Este texto é un documento de traballo creado no Campamento de novas feministas da europa organizado en 2011 polo grupo de novas da Coordenadora de París da Marcha Mundial das Mulleres. Durante os sete días que durou o campamento tiveron lugar numerosos talleres, obradoiros e debates en torno a diversos temas que cristalizaron no presente documento de traballo conxunto realizado por mozas de Francia, Galiza, Bélxica, Euskal Herria, Suiza, Portugal, Armenia, Rumanía, Polonia e Macedonia.

O obxetivo do presente documento é analizar conxuntamente as loitas compartidas e traballar na elaboración de respostas e estratexias comúns para afrontalas no futuro.

Marcha Mundial das Mulleres · Galiza

 

marchabrazil.jpg

[ DESCARGAR ]

O objetivo dos Cadernos Marcha Mundial das Mulheres é ser um material de apoio ás  formas e reïtos da militáncia da Marcha. Como esse deve ser um processo permanente, a proposta é dar início a uma série de Cadernos.

 

libroaiiiaccioninternacional.png

[ DESCARGAR ]

A Marcha Mundial das Mulheres (MMM) é um movimento feminista internacional enraizado em organizaçoes de base. Acreditamos que é possível enfrentar as causas da nossa pobreza e da nossa opressao por meio da construçao de uma solidariedade activa entre mulheres e homens. O ano de 2010 foi marcado pela nossa Terceira açao Internacional. Milhares de mulheres em todo o mundo marcharam sob o lema 'Seguiremos em marcha até que todas sejamos livres!'

Os seis textos aqui apresentados documentam nossa açao de 2010.

Última actualizaciónfeita en Domingo, 04 Marzo 2012 03:00
 

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 3 convidados en liña