Programa das Xornadas 'Feminismo en Obras' Imprimir
Escrito por Administradora   
Domingo, 22 Setembro 2013 11:05
XORNADAS FEMINISTAS FEMINISMO EN OBRAS

05-10-2013 Centro de Día “ Manuela Pérez Sequeiros “ Narón.

O titulo destas xornadas significa localizar e derrubar o que xa non serve, deseñar e levantar novos espazos, en definitiva traballar para seguir construíndo feminismo entre todas, abrir un tempo de reflexión sobre o que leva percorrido o feminismo e atopar o novo camiño.

En primeiro lugar, recoñecer os perigos, ver os ataques continuos ós que está sometido o feminismo, moito máis nestes momentos de retroceso ideolóxico.

En segundo lugar comprender cal é situación real, social e económica das mulleres nos diferentes ámbitos da vida. Por exemplo nos servizos, como nos afectan os recortes amparados na crise, privatizacións e desmantelamento. Soberanía alimentaria e consumo responsable. Nos espazos, planeamento–organización das cidades dende unha perspectiva de xénero.

En terceiro lugar faremos un repaso á nosa saúde e os nosos, ultimamente moi atacados, dereitos reprodutivos

E por último, mulleres a través das vivenzas nas institucións, partidos políticos, sindicatos e movementos sociais expoñerannos as súas alianzas e alternativas para o futuro do feminismo.

PROGRAMA

10,00h. Apertura e presentación das xornadas

10,30h. Mesa “Ataques ao feminismo, retroceso ideolóxico”

Relatoras : Belén Puñal e Teresa Moure

12,00h. Descanso media hora

12,30h. Mesa “ Situación das mulleres nos servizos, nos espazos e no consumo”

Relatoras: Eva Solla , Ana María Novas e Isabel Vilalba

14,30h. Xantar.

16,30h. Mesa “Saúde e dereitos reprodutivos”

Relatoras: Lola Ferreiro, Natalia Domínguez Galán

18,00h. Mesa “ Feminismo en obras: alterativas e alianzas”

Relatoras: Carme Adán, Lidia Senra, Chus Boo, Paloma Rodriguez

21,00h. Remate das xornadas

[ PARA INSCRIBIRSE PULSE AQUÍ ]

cabezalhoweb.png

MÁIS INFORMACIÓN: mmmferrolterra@gmailcom / 659352044

Última actualizaciónfeita en Domingo, 22 Setembro 2013 11:10