Plan Estratéxico 2007-2010 Imprimir
Escrito por Administradora   
Xoves, 15 Maio 2008 00:00
En torno ao VI Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres celebrado en Perú no ano 2006, foi xestado o Plan Estratéxico da Marcha para o período 2007-2010.

A metodoloxía do proceso de planificación estratéxica baseouse en dous elementos constitutivos da identidade da MMM: a acción e a relación coas bases. Durante todo o proceso tivéronse en conta os seguintes principios: que fora participativa de todas as coordinadoras nacionais, que reforzase os vínculos entre as nosas axendas internacionais, nacionais e locais, e que resultase dun proceso de reflexión e acción en común.

O plan estratéxico elaborado desdobra os temas fundamentais da loita da Marcha en catro campos de acción:
Ben común e acceso aos recursos:
  • Fomentar a nosa análise sobre os vínculos entre pobreza, violencia contra as mulleres, destrución do medio ambiente, militarización, o sistema neoliberal e os seus impactos na vida das mulleres e sobre a globalización desde unha perspectiva feminista. Acualizar as nosas reivindicacións e desenvolver accións
  • Actuar contra a privatización do ben común favorecer e unha utilización xusta e consciente, particularmente da auga.
  • Reforzar a loita e a mobilización contra a OMC, G8 e os tratados de libre comercio.
Violencia contra as mulleres:
  • Profundizar a nosa reflexión e organizar accións para denunciar a violencia contra as mulleres como arma de control dos corpos, a vida e a sexualidade das mulleres e actualizar as nosas demandas.
  • Profundizar as nosas reflexións e propoñer accións para opoñermonos á mercantilización dos corpos das mulleres.
  • Desenvolver unha axenda permanente de accións e de debates sobre a violencia contra as mulleres desde a MMM.
Paz e desmilitarización:
  • Cotinuar a reflexión e facer accións sobre a desmilitarización do planeta e as reivindicacións que isto implica (fin da carreira armamentística, armas nucleares, a militarización do espazo, peche das bases e acordos militares, desmilitarización dos orzamentos dos estados, fin do terrorismo como forma de guerra, etc.).
  • Actuar para denunciar a impunidade en todas as súas formas, a violación como arma de guerra, a utilización dos corpos das mulleres como botín de guerra e, de forma máis xeral, os vínculos entre militarización e violencia contra as mulleres.
  • Dar a coñecer a análise feminista das causas da guerra e a nosa definición da paz e as nosas reivindicacións.
Traballo das mulleres:
  • Continuar o noso traballo sobre as alternativas económicas feministas e rever as nosas reinvindicacións nese sentido.
  • Denunciar o impacto da globalización neoliberal e patriarcal sobre a vida das mulleres, sobre as condicións de traballo e sobre a súa autonomía financeira.
  • Consolidar a solidariedade entre as mulleres e as loitas entre o Sur e o Norte e entre o Sur e o Sur.
  • Reivindicar a existencia dun sistema de seguridade social universal, a consolidación de empregos con dereitos sociais, igualdade e equidade salarial entre mulleres e homes, condicións axeitadas para a produción e a comercialización para as labregas, artesás, e pequenas comerciantes, acceso ao emprego para as mulleres, acceso á terra e aos recursos.
  • Reivindicar a valorización do traballo reprodutivo, a repartición igualitaria deste traballo entre mulleres e homes e a súa responsabilidade colectiva.
Última actualizaciónfeita en Xoves, 15 Maio 2008 20:35