MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Acto creativo dun Milladoiro no VII Encontro Internacional PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 09 Outubro 2008 00:00

A Marcha Mundial das Mulleres quere retomar a orixe do milladoiro, cunha simbolxía inicial como construción milenaria que simboliza a ofrenda ás deusas e deuses para protexernos e guiarnos no camiño.

O propósito do noso camiño "Mulleres en marcha até que todas sexamos libres" é o que se quere plasmar coa construción deste milladoiro, que tres mozas de Belas Artes: ANA GESTO, ADA ADRIANA GARCÍA, e MARTA LÓPEZ lograron captar para crear esta peza escultórica e este espectáculo, que imos vivir o domingo 19 ás 11.30 diante da Praza do concello de Vigo.

A icona coa que se representa a estas deusas e deuses mitolóxicas/os ao longo da historia da arte é a sandalia. Este tipo de calzado existe dende a antigüidade e a súa gran peculiaridade é que quedan ao descuberto as dedas e outras partes do pé. Nesta peza escultórica únense a icona da sandalia e a icona da zoca, calzado galego primitivo utilizado pola muller traballadora como elemento simbólico dunha  identidade. A forma da zoca transmite na súa estrutura unha gran idea de forza, simbolizando a unha anfitrioa que recibe e invita a continuar o camiño.

Desta maneira unimos a forza das mulleres achegadas de todos os países do mundo coa forza de todas as mulleres achegadas de toda Galiza, nunha peza disposta en circulo, símbolo de poder, de divinidade, de proteción para comezar o camiño, neste caso a marcha polas rúas de Vigo.

Vaise realizar un grande espectáculo ideado e creado por estas tres novas escultoras-artistas coa colabooración de Uxía Pedreira e Nut teatro.

 

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg

Campaña:

11mcampanha.gif
Cartel
Cartel

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
CAF - Comisión da Muller [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]

VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]

FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]

PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra

COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller

COSTA DA MORTE
Buserana

A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 33 convidadas en liña