MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

A Marcha Mundial das Mulheres presenta a Feira de Soberanía Alimentaria como un referente para reflexionar sobre modelos de producción e consumo de alimentos PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 16 Outubro 2008 00:00

Eva Gil en representación da Iniciativa pola Soberania Alimentar dos Povos, foro que agrupa a Veterinarios Sin Fronteiras, Sindicato Labrego Galego, Verdegaia e Amarante; Rebeca Iglesias en representación do colectivo "Asociación Cultural Caleidoskopio" ; María García da Vocalía de Muller e Medio Ambiente de ADEGA, e Mariola Mourelo e Lupe Ces en representación da Marcha Mundial das Mulleres, presentaron en Vigo a Feira de Soberanía Alimentaria que se vai desenvolver na Praza da Estrela desta cidade este fin de semana, sábado e domingo en horario continuado de once da mañá a nove da noite.

"A feira está inspirada nos debates que as delegadas da Marcha están realizando sobre o ben común e o acceso ao recursos, na residencia de Panxón" apunta Lupe Ces, "é unha oportunidade para reflexionar sobre un novo modelo de alimentación que priorice a soberania e os dereitos das persoas fronte as multinacionais". "Se falamos da fame no mundo, do acceso aos recursos, de pobreza, estamos falando de problemas que sofren maioritariamente as mulleres, de aí a importancia de apoiar iniciativas como a da Marcha e organizar e ampliar redes que traballen pola soberanía alimentaria", afirmou Eva Gil. Mariola Mourelo fixo fincapé nos aspectos organizativos da feira que vai constar de tres carpas con espazos de debate, de lecer e stans onde mais de vinte colectivos entre asociacións, cooperativas e explotacións agrarias, van pór os seus proxectos á debate e os seus produtos á venda. "Non se trata dunha feira de mostras máis, nen dunha feira gastronómica, é o produto dun traballo colectivo onde todos os grupos implicados consensuaron o proxecto que vai estar aberto á cidadanía este fin de semana na cidade de Vigo". O Colectivo Caleidoskopio intégrase nesta iniciativa desde posturas do activismo vegano "hai que ter en conta que cando falamos de soberanía alimentaria hai que reflexionar tamém sobre a cantidade de recursos que consumimos, por exemplo, unha alimentación vegana representa un 10% do consumo total de auga que implica a alimentación basada no consumo de carne".

María García da Vocalía de ADEGA, incidiu en que as mulleres teñen que participar na tomas de decisións sobre os procesos de produción e consumo de alimentos, e en xeral na evolución do território.
 

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg

Campaña:

11mcampanha.gif
Cartel
Cartel

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
CAF - Comisión da Muller [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]

VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]

FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]

PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra

COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller

COSTA DA MORTE
Buserana

A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 30 convidadas en liña