Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo
Inscripción para a Caravana Feminista: Galiza e final en Portugal |
![]() |
![]() |
![]() |
Escrito por Administradora |
Luns, 14 Setembro 2015 01:40 |
Participa da Caravana Feminista en Galiza A Caravana Feminista chega a Galiza e con ela actividades do 5 ao 11 de outubro en diferentes puntos do país. Queremos que nos acompañedes nas actividades que realicemos mas tamén no propio percorrido e convivio que vai xerar a Caravana ao seu paso polo noso país. Para isto precisamos que as persoas interesadas en acompañar a Caravana nalgún tramo (ou todo o percorrido) se inscriban a efectos de procurarmos hospedaxes solidarios e dispor dos meios máis adecuados para os desprazamentos. [ FORMULARIO DE INSCRICIÓN NA CARAVANA FEMINISTA EN GALIZA ] Participa no encerramento da IV Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres o 17 de outubro en Lisboa Logo de cruzar todo europa e pasar por Galiza a Caravana Feminista celebrará o seu final en Lisboa. Logo de atravesar tantos países, as compañeiras de Portugal queren darlle un gran final e realizan un chamado a participar no encerramento da IV Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres o 17 de outubro en Lisboa. Por iso, dende Galiza queremos organizar unha delegación potente. Queres acompañarnos? [ FORMULARIO DE INSCRICIÓN DA VIAXE A LISBOA ] Saída da viaxe: 17 de outubro (de Ferrol a Vigo con saída a primeira hora da mañá) Volta: Regresamos o domingo 18 de outubro (tarde-noite) Prezo: En función do núm de persoas anotadas e da hospedaxe que se consiga (solidaria ou organizada polas compañeiras portuguesas ou hostais) Precisamos que vos anotedes para saber cantas persoas interesadas hai e así indicar os prezos máis axustados. Puntos de saída: Ferrol, Compostela e Vigo (dende Ourense organizarase colectivamente achegarse ata Vigo) Prazo de inscripción: 5 de outubro Contacto para dúbidas Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo En Marcha ata que todas sexamos libres!!! |
Última actualizaciónfeita en Martes, 22 Setembro 2015 18:07 |