MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

DECLARACIÓN POLÍTICA PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Sábado, 06 Xuño 2015 19:41

 

Marcha Mundial das Mujeres
Declaración Política

 

Nós, integrantes do Comité Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, reunidas en Xenebra, Suíza, do 23 ao 29 de maio do 2015, tivemos a oportunidade de coñecer os esforzos organizativos e de alternativas comunitarias que están a construír as nosas compañeiras da Marcha Mundial de Suíza, así como escoitar as experiencias das nosas compañeiras novas integrantes da caravana feminista que están a atravesar Europa. Tivemos oportunidade de compartir experiencias, reflexións e coñecer os problemas que enfrontan as mulleres emigrantes, a discriminación, o estigma, os efectos das políticas de austeridade e a crecente militarización e presenza armada que implican violencia na vida dos pobos e das mulleres no Norte e Sur.

Xuntas constatamos a presenza agresiva de militares, ataques terroristas de grupos de extremismo relixioso e a voracidade de compañías transnacionais que rouban e desaloxan aos pobos dos seus territorios, controlándoos, exercendo violencia sexual e provocando embarazos forzados, enfermidades e contaminación dos bens naturais dos pobos orixinarios en todo o mundo.

Ao anterior súmanse as consecuencias dos cambios climáticos e as políticas de Estados que provocan extrema pobreza, destrúen servizos públicos, orixinan desemprego, perda de vivendas que resulta nunha crecente migración e tráfico de persoas, sobreexplotación e morte. Todos estes problemas son resultado do sistema patriarcal, capitalista e neocolonial que continua usando ás mulleres, os pobos e a natureza como obxectos e mercadorías para a sobreexplotación e xeración da súa riqueza, que crea e afonda a desigualdade entre países e entre rexións dos mesmos países.
 
Neste contexto celebramos que en 30 países do mundo, dende o Sur e Norte, durante o 8 de marzo Día Internacional das Mulleres e o 24 de Abril "24 horas de Acción Feminista", denunciamos ás empresas transnacionais, solidarizámonos coas vítimas e demandamos xustiza e reparación para as mulleres de Rana Plaza - Bangla Desh e as traballadoras do mundo.
Saudamos a resistencia e organización de comunidades, pobos orixinarios e movementos sociais que están a provocar cambios políticos progresistas nalgúns países do mundo, onde as mulleres xogaron un rol moi importante que implican esperanza para os pobos.

Facemos un chamado a continuar organizándonos e participando na 4ª Acción Mundial da Marcha Mundial das Mulleres, a avanzar na construción de alternativas para a vida dos pobos e das mulleres.

 

Seguiremos Marchando ata que todas sexamos libres.
Comité Internacional Marcha Mundial das Mulleres
Xenebra , Mayo 28 do 2015
Última actualizaciónfeita en Sábado, 06 Xuño 2015 19:56
 

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 139 convidados en liña