MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

IV Acción Internacional´: Unha Caravana Feminista que percorra europa PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administradora   
Martes, 10 Febreiro 2015 14:11

Achégase o fin deste tumultuoso ano e nós estamos en plena preparación da IV Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres en 2015. Necesitamos apoio e solidariedade na nosa loita pola erradicación da violencia e a pobreza na vida das mulleres. Para a cuarta acción internacional, planeamos unha caravana que comezará en Turquía o 8 de marzo e viaxará ao leste, norte, sur e oeste de Europa, para chegar a Portugal o 17 de outubro.

Iremos ao encontro de mulleres de base e de grupos de mulleres que loitan e resisten nas súas cidades e pobos contra a violencia, a austeridade, a pobreza, o racismo, o fascismo, a lesbofobia e todas as opresións que fan a vida das mulleres máis difícil. O noso obxectivo é documentar e visibilizar as loitas das mulleres que se enfrontan a problemas similares, en contextos diferentes.

Estivemos demasiado divididas! É tempo de unirnos, de camiñar xuntas, en solidariedade, para facer retroceder os ataques e as opresións que nos rouban os recursos, os dereitos e a dignidade. Coa vosa axuda podemos contribuír a alternativas sustentables, confrontando o modelo misóxino e cada vez máis militarizado dos países europeos e do mundo enteiro. Dentro de moi pouco lanzaremos unha campaña de recadación de fondos para realizar a Caravana en 2015. Cos fondos que consigamos, financiaremos a vida na caravana, os eventos en cada parada e axudaremos ás mulleres que queiran unirse á Caravana, para facela más forte e más grande.

O tema desta acción internacional é a soberanía alimentaria e as SEMENTES. Somos as sementes que poden brotar e dar froitos dentro dun sistema alternativo, que acabe coa carga dos bancos, as corporacións e o sistema de xustiza tan inxusto, que pesan de forma desigual sobre os ombreiros das mulleres. Pedímosvos a vosa axuda para iniciar este proxecto de solidariedade.

Se queredes participar de algún xeito contactade con nós en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Última actualizaciónfeita en Martes, 17 Marzo 2015 15:39
 

Participa!

unete.png

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel

Quen está en liña?

Temos 106 convidados en liña