Aborto para todas Imprimir
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Martes, 11 Setembro 2018 12:37

???????? ABORTO PARA TODAS

Dende a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres lanzamos este 28 de Setembro unha campaña nacional pola derrogación da modificación lexislativa feita polo PP no ano 2015 e que obriga ás mulleres de 16 e 17 anos ao consentimento paterno/materno para abortar.

Este 28S queremos recuperar o aborto libre, gratuíto e na seguridade social para todas logo do paso atrás dado no 2015.

Ademáis reivindicamos que a Xunta de Galiza asuma as súas competencias e garanta:

- Educación afectivo sexual obrigatoria no curriculo escolar. Hoxe existe en primeiro da eso unha materia de libre configuración cunha hora lectiva á semana https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160804/AnuncioG0164-210716-0001_es.html e agora unha nova materia de libre configuración para primeiro de bacharelato https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180830/AnuncioG0164-170818-0001_es.html. O único que se cursa de xeito obrigatorio é Bioloxía e Xeoloxía en terceiro da ESO onde se explica a reprodución humana mas sen contido específico sobre dereitos sexuais e reprodutivos.

- Programas de divulgación e información sobre dereitos sexuais e reprodutivos a través dos CIMM. Hoxe non existe ningunha liña nacional específica de traballo en relación á saúde sexual e reprodutiva das mulleres, dereitos, maternidades, anticoncepción, etc e cada centro depende do persoal que o xestiona e do goberno local de turno para implementar programas nesta materia. Ademáis co decreto dos CIMM increméntase a poboación a atender polos mesmos e non se abren liñas de finanzamento para novos programas/actividades.

- Acceso a anticonceptivos gratuitos nos Centros Quérote +. Aí onde as traballadoras dos Centros Quérote non manteñen o impulso de campañas e liñas de traballo en relación coa saúde sexual e reprodutiva, a identidade afectivo sexual e a anticoncepción estas campañas baixan a súa intensidade. Coa chegada do PP os Centros Quérote pasaron a adicarse en exclusiva á educación sexual e asumiron temas como desordes alimentarios, drogodependencias, acoso e convivio, uso responsábel das novas tecnoloxías e condución responsábel. O que minguou os tempos empregados para a educación afectivo sexual. Reclamamos que esta volte ser unha prioridade asi como o acceso a anticonceptivos unha das funcións principais destes espazos.

Faremos mobilizacións en:

Ourense, 20h Delegación de Educación (rúa Concello)

Val Miñor, 20h Alameda da Ramallosa (Nigrán)

A Coruña, 20h Obelisco

Ferrol, 20h diante do Concello

Vigo, 20h na Porta do SoL

As Pontes, 19.30h na Praza do Hospital.

En FB Marcha Mundial Mulleres Galiza/facebook

 

Animamos a sumar localidades/colectivos feministas a esta campaña!!!

Última actualizaciónfeita en Mércores, 12 Setembro 2018 10:27