O DRAMA DAS REFUXIADAS Imprimir
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Domingo, 24 Abril 2016 18:28

O DRAMA DAS REFUXIADAS

O drama das miles de mulleres, homes e crianzas refuxiadas pon de manifesto que a concepción de unha Europa fundada sobre os valores da dignidade humana, a liberdade, a igualdade e a solidariedade aos que se refire a Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea foi secuestrada pola Europa dos mercaderes.

É xa evidente que as institucións europeas non teñen a máis mínima intención de dar unha solución a miles de persoas en solicitude de refuxio, incumprindo os seus propios compromisos, que aínda mínimos, adoptou en outubro de 2015 comprometéndose á reubicación de 160.000 refuxiadas mediante o reparto de cotas entre os diferentes países. Vergoñentamente só 660 refuxiadas están reubicadas, e no Estado Español das 16.231 persoas que se comprometeu a acoller só recibiu a 18.

En palabras claras, a UE abandona a legalidade internacional ao retornar masivamente ás vítima da guerra. Vulneran o artigo 78 do Tratado de Funcionamento da UE que obriga á unión a ter una política de asilo común que garante a protección internacional de toda nacional de un terceiro país sometida a persecución. Comercian con vidas co estado turco, lexitimando ademais o comportamento político do goberno turco denunciado polas súas dubidosas prácticas democráticas e que ven violando sistematicamente os dereitos humanos.

A UE non ten vontade política de dar solución a esta catástrofe humanitaria provocada polas sucesivas guerras e inxerencias imperialista nos países de Oriente Medio. Mentres, na capital do imperio ven a guerra coma unha oportunidade para facer negocios, a maioría da cidadanía europea permanece indiferente ao que podería pasar á historia coma un xenocidio.

As mulleres sa MMM non queremos ser cómplices e denunciamos que co que se gasta en poucos días en armas e operacións militares poderían resolverse moitos problemas que afectan a vidas humanas sen que supoña ningunha ameaza a seguridade da UE. Antes de chegar ao punto de non retorno aínda é posible traballar por un desarme para o desenrolo. Pola transición de una economía de especulación e guerra a unha economía de desenrolo sustentábel e humana. Pola transición dende unha cultura de dominio e violencia a unha cultura de encontro, alianza e paz.

As mulleres da MMM, denunciamos que Turquía non é un país seguro para as solicitantes de asilo coma amosa o recente asasinato de mulleres activistas kurdas polo réxime de Erdogan, sendo moitas mulleres naquel país vítima de acoso e violencia por motivos políticos.

Según ACNUR o 60% das refuxiadas que están chegando a Europa actualmente son mulleres e menores de idade. Máis son elas as que teñen maior dificultade para acadar o dereito de asilo. A toda a súa terrible situación de desprazadas, debemos engadir a falla dunha perspectiva de xénero no dereito internacional que nega a muller como suxeito e, que dificilmente considera como persecución  moitas das violencias as que son sometidas consecuencia da guerra e os danos que se inflixen ás mulleres derivados da situación de guerra no seu país.

Recordamos que son as vítima máis castigadas  porque despois de abandonar o seu país de orixe por sufrir violencias, atopan violencias nos países de tránsito. Son sometidas a todo tipo de violencia sexual, violacións, trata para explotación sexual, etc. E cando chegan a un país da Unión Europea, atopan unhas fronteiras pechadas e continúa esa violencia.

A MMM demanda a acollida humanitaria en condicións de dignidade para as persoas e dereito de asilo para as desprazadas. Por unha Europa social de acollida.

Última actualizaciónfeita en Domingo, 24 Abril 2016 18:32