Rexistrada a reclamación pola desprotección de Isabel Fuentes asasinada en Ourense Imprimir
Escrito por Administradora   
Martes, 22 Setembro 2015 11:39

Hoxe ás 10.30h tivo lugar a entrega no rexistro da Subdelegación do goberno das 1200 sinaturas individuais e as 30 colectivas que apoiaron a presentación da reclamación presentada ante o CXPX onde denunciamos a desprotección sufrida por Isabel Fuentes e que tivo como consecuencia o seu asasinato.

Aqui podedes coñecer o texto da reclamación: http://feminismo.info/feminicidio/denuncia-ao-estado/

Aqui as sinaturas colectivas http://feminismo.info/feminicidio/organizacions-que-apoian-esta-campana/

cpfrolkwuaahw3v.jpg

O obxetivo desta acción é denuncia a unha xustiza que non acredita no relato das agredidas, neste caso nen sequera atendeu o da Garda Civil que falaba por Isabel Fuentes cando ela non podia, e que non coloca as medidas necesarias para protexelas cando hai ameazas para a súa vida.

O mecanismo empregado para a reclamación ten o formato de reclamación patrimonial co incalculábel valor da vida de Isabel Fuentes simbolizado no euro que colocamos no texto obrigadas pola xustiza a encauzar a nosa denuncia mediante esta vía administrativa. Unha xustiza que nos nega o dereito a reclamarnos tamén nós agredidas polo asasinato dunha muller e da que agardamos reflexión e explicacións sobre o que se fixo mal para non se protexera a Isabel Fuentes.

Non sabemos se a xustiza non soubo iniciar os protocolos de protección da vida de Isabel Fuentes ou non o entendeu necesario. Se foi un acto reflexionado -e equivocado- ou outro procedemento rutineiro nunha cuestión como a violencia machista que nunca debe ser tratada de forma rutineira ou lixeira pois as vidas de moitas mulleres están en perigo.

Agardamos un informe do Consello Xeral do Poder Xudicial en relación ao relato dos feitos e as tráxicas consecuencias para Isabel Fuentes, que son igualmente tráxicas para todas.

Seguiremos desenvolvendo esta campaña de denuncia con queixas e actos nos xulgados nos próximos meses decididas a que non se esqueza e a que isto non volte pasar nunca máis.

Agradecer a todas as compañeiras que deron o seu apoio para levar adiante esta campaña, a quen asina respaldando este paso que vimos de dar e a quen seguirá acompañendo no camiño a loita por unha vida libre de violencias.

En sororidade feminista.
Por unha vida sen violencia. Por Isabel Fuentes. Por todas.

Fotos da actividade de hoxe https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza

Web da campaña http://feminismo.info/feminicidio/