Carta da Marcha Mundial das Mulleres en solidariedade coas mulleres curdas Imprimir
Escrito por Administradora   
Mércores, 04 Xaneiro 2017 22:34

Carta da Marcha Mundial das Mulleres en solidariedade coas mulleres curdas

O 09 de xaneiro do 2013 tres mulleres kurdas militantes foron atopadas mortas con feridas de bala no pescozo e peito no centro de información do Kurdistán, en Paris. Sakine Cansiz, cofundadora do Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK), Fidan Dogan, membra do Congreso Nacional do Kurdistán, e Leyla Soylemez unha rapaza militante kurda foron asasinadas no momento no que o goberno turco tivo que  reiniciar as negociacións de paz co dirixente kurdo Abudallah Ocalan, preso dende 1999.Foi palpábel que a matanza das tres mulleres que dedicaron as súas vidas a defenderen os dereitos políticos e culturais do seu pobo só podería favorecer o Estado que as oprimiu.

O día 5 de xaneiro do 2016, o exército turco en Silopi, Norte do Kurdistán, volveu a asasinar  a tres militantes kurdas. Seve Demir, organizadora da posta en marcha da Caravana Feminista para a IV Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres en Nusaybin e membra do Partido Democrático das Rexións (BDP), cumpriu quince anos de prisión, sobreviviu a 68 días en folga de fame, e foi militante no movemento político kurdo; Pakize Nayir, vicepresidenta da Asamblea Popular de Silopi; e Fatma Uyar, membra da Unión de Liberación das Mulleres, foron asasinadas durante unha redada turca no barrio de Ye?iltepe.

Os asasinatos das activistas kurdas , que dedicaron as súas vidas a loitar pola liberdade e emancipación das mulleres revelan a brutalidade do goberno turco contra os kurdos, e a falta de vontade para chegar a calquera acordo de paz.No 11 de setembro do 2016, foron arrestados 37 co-alcaldes de municipios kurdos e se nomearon fideicomisarios non elexidos en 35 municipios. O primeiro que fixeron os administradores nestes municipios foi pechar os departamentos de política para as mulleres e os centros de mulleres.As directoras dos departamentos de mulleres foron custodiadas durante 26 días e interrogadas sobre as actividades de igualdade de xénero.As mulleres son os primeiros obxectivos. Pecharon todos os centros de mulleres destes municipios e as mulleres profesionais que traballaban neles foron despedidas.Os fideicomisarios incautaron ademais todos os documentos, incluindo información clasificada sobre 2000 vítimas de violencia. Non foron atacados só os dereitos á auto-determinación e autonomía, si non tamén as conquistas históricas do movemento das mulleres.Erdogán-AKP tamén detivo a deputados do HDP, e aos seus copresidentes Selahattin Demirtas e Figen Yuksekdag.

Foi declarado o estado de excepción, e o presidente Erdogan está a polarizar aínda máis á sociedade, afondando en conflitos étnicos e sectarios, coa finalidade de consolidar a extremadamente reaccionaria alianza ultranacionalista e islámica, traballada por el tras o intento de golpe o 15 de xullo, unha alianza que el ve como garantía para acadar o seu obxectivo de un “sistema presidencialista de tipo turco” - unha ditadura total.

Neste sentido, é fundamental recoñecer a importancia das nosas irmás kurdas asasinadas na súa loita pola liberdade, poñendo en perigo as súas vidas para loitar polos dereitos do seu pobo. As matanzas destas mulleres son un ataque á loita das mulleres kurdas pola liberdade, máis tamén son un ataque a tódalas mulleres militantes de todo o mundo. Polo tanto, a Marcha Mundial das Mulleres incluíu o 09 de xaneiro no calendario das súas actividades, como un día para lembrar a tódalas irmás mortas mentres loitan por un mundo mellor.

Seguiremos marchando ata que todas sexamos libres !

Solidariamente.