‘Mai por escolla, non por obriga’ de Dorothy Fadiman Imprimir
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Luns, 16 Xuño 2008 18:10

O documental ‘Mai por escolla, non por obriga’ de Dorothy Fadiman, está dispoñible para colectivos, asociacións ou individuas que precisen de material para xenerar debate sobre a despenalización do Aborto no Estado Español, ou simplemente para o seu visionamento interno..

O filme de 27 minutos foi proxectado o pasado 28 de Maio nas xornadas da MMM da Corunha ‘O Dereito a Decidir: Situación Actual e Alternativas á Despenalización’.

Por petición da propia directora ofrecemos este documental que narra a historia dos dereitos das mulleres a decidir sobre o seu corpo e o dereito à saúde, nos EEUU.

Para mais información e para pedir o DVD podedes contactar coa Marcha Mundial das Mulleres da Corunha no Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou descargar o documental directamente en http://ia360921.us.archive.org/2/items/motherhood_by_choice_fadiman_2004_spanish/, onde o poderedes atopar en diferentes formatos (DVD, MPG, mp4...)
Última actualizaciónfeita en Xoves, 19 Xuño 2008 21:30