Curdistán, a loita das mulleres pola súa emancipación Imprimir
Escrito por Administradora   
Venres, 18 Xaneiro 2019 12:43
Para nós, o 9 de xaneiro, é un día pola memoria e a solidariedade coass activistas, abusadas, encarceradas, violadas e asasinadas. Un día para dicir xuntas que as súas loitas non foron e non son en balde. Mais tamén, fai seis anos do asasinato das activistas Sakine Cansiz, Fidan Dogan (Rojbîn) et Leyla Saylemez en Paris.
Sen esquecer o asasinto en 2016, de Seve Demir organizadora da posta en marcha da Caravana Feminista para a IV Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres en Nusaybin e membra do Partido Democrático das Rexións, Pakize Nayir, vicepresidenta da Asamblea Popular de Silopi, e Fatma Uyar, membra da Unión de Liberación das Mulleres. E moitas máis que non imos a recoller aqui.
A presenza da compañeira Necîbe Qeredaxî do comité de Jineolojî de Europa trouxo con ela un maio achegamento á loita das mulleres curdas, proxectos para o futuro e a posibilidade de termos máis documentación sobre elas.
Aqui vos deixamos dous documentos que nos achegan as compañeiras curdas para descarregar:
Tekmil: criando unha cultura de crítica construtiva. [ Descargar ]
Contra a división das cuestións sociais, o punto de vista de Jineoloji [ Descargar ]
Última actualizaciónfeita en Venres, 18 Xaneiro 2019 13:06