Nota da Marcha Mundial das Mulleres sobre a Detención de Mulleres en Diyarbakir, Turquía Imprimir
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza   
Xoves, 27 Outubro 2016 15:37
Nota da Marcha Mundial das Mulleres sobre a Detención de Mulleres en Diyarbakir, Turquía

Queridas compañeiras:

Despois de deter o día 25 de outubro de 2016 aos Co-Alcaldes da Municipalidade Metropolitana de Diyarbakir, a Sra. Gültan KÇanak y el Sr. Firat Anli, ambos os dous membros do Partido Demócrata Popular, nos edificios próximos á municipalidade, acusados de ter vínculos co terrorismo, onte, 26 de outubro, a policía atacou aos manifestantes que protestaban contra as detencións ilegais e antidemocráticas de persoas elixidas democraticamente, usando de canóns de auga e gas lacrimóxeno contra a multitude.

Como consecuencia deste brutal ataque da policía fronte ao Municipio de Diyarbakir, tamén se detiveron a moitas mulleres. Entre elas estaba Sultan Safak, activista Kurda e miembra do Secretariado Europeo da Marcha Mundial das Mulleres.

Chamamos a toda a solidariedade internacional para elevar a voz e tomar medidas urxentes contra estas detencións ilegais e esixir a liberación inmediata da nosa irmá e de todas as mulleres que foron detidas na protesta.

Seguiremos en marcha ata que todas as mulleres sexamos libres!

En solidariedade,

Marcha Mundial das Mulleres

Última actualizaciónfeita en Venres, 28 Outubro 2016 18:06