En sororidade coas compañeiras da MMM no Brasil e a presidenta Dilma Imprimir
Escrito por Administradora   
Domingo, 17 Abril 2016 15:08

Dende a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres solidarizámonos coas nosas irmás da MMM no Brasil en defensa dos valores da igualdade, a liberdade, a sororidade, a xustiza e a paz.

Acompañamos ás nosas compañeiras e irmás e á presidenta Dilma nestes momentos difíciles nos que a legalidade e a democracia estan a ser atacadas no Brasil polos conservadores e os poderes económicos.

Dende a nosa loita feminista e anticapitalista acompañamos á MMM do Brasil e a todas as nosas compañeiras latinoamericanas que resisten día a día fronte  á violencia económica e social e que hoxe afrontan xuntas un novo ataque ás decisións democráticas dos seus pobos exemplificado no que esta acontecendo no Brasil.

brasilmmm2.png

Em sororidade feminista,

#NãoVaiTerGolpe

Pola democracia, a paz e a xustiza.

Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres

Última actualizaciónfeita en Domingo, 17 Abril 2016 15:31