En sororidade coas compañeiras Kurdas, contra os crimes do estado Turco Imprimir
Escrito por Administradora   
Mércores, 20 Xaneiro 2016 19:37

O 8 de xaneiro de 2016 realizouse o funeral de tres loitadoras e compañeiras, Pakize Nayir, Fatma Uyar e Sêve Demir, asasinadas polas forzas de seguridade do goberno turco o 4 de xaneiro en Silopi.

Nós, da Marcha Mundial das Mulleres sentímonos en particular moi golpeadas por este crime.Unha delas, Séve Demir, coordinou os eventos de lanzamento dá 4ª acción internacional da Marcha Mundial das Mulleres en Nusaybin.

Como parte da acción internacional, a Caravana feminista europea foi lanzada no territorio kurdo, estivemos no interior da Turquía para apoiar e reforzar ás mulleres kurdas na súa loita pola autonomía e autodeterminación sobre os seus corpos e os seus territorios. Tamén dando visibilidade ás alternativas construídas pola resistencia das mulleres ao sistema capitalista, colonial e patriarcal.

Para denunciar este asasinato político chamamos a toda a cidadanía a protestar fronte ao Consulado de Turquía na Coruña (Linares Rivas, 6) este xoves 21 ás 20h.

cartaz21xkurdas.png

E en Ourense:

kurdistan.png

Última actualizaciónfeita en Mércores, 20 Xaneiro 2016 20:38