MANIFESTO CONTRA FEMINICIDIO DE CONCHI REGUERA |
![]() |
Escrito por Marcha Mundial das Mulleres na Galiza |
Luns, 26 Outubro 2015 19:02 |
MANIFESTO CONTRA FEMINICIDIO DE CONCHI REGUERA As mulleres somos asasinadas polos soldados do patriarcado e cales son as novas que máis se partillan pola rede social twitter?, o cambio de hora e o partido de fútbol(Celta-R.Madrid). Nos xornais en papel aparécemos cunha pequena reseña, no apartado de sucesos como algo anecdótico e cunha forma de encauzar a nova como se fora un chisme de taberna e non como tería que ser baseada nunha análisis en profundidade porque os asasinatos de mulleres que acotío acontece non é algo casual está sucedendo no noso día a día e se chama feminicidio. Termo acuñado por Diana Russell e Jane Caputi como "O asasinato de mulleres realizado por homes motivado por odio, desprezo, pracer ou por un sentimento de propiedade das mulleres. Sentimento este de propiedade que os leva ao control das amizades, da hora de chegada, do teléfono.....e a arrebatarlles as vidas como donos do seus destinos. Non consentiremos que a violencia machista continue asasinándonos!!!! |