MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Marcha Mundial das Mulleres :: Feminismo :: Galiza

Convocatorias 25 de novembro de 2014

Correo-e Imprimir PDF

Convocatorias da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza este martes 25 de novembro de 2014:

  • Vigo: martes 25 ás 20h manifestación, saída dende a Farola de Urzaiz
  • Ourense: martes 25 ás 20.30h na Praza do Ferro
  • Ferrolterra: martes 25 ás 20h na Praza da Escola de Fene
  • Compostela: martes 25 / ás 20h na Praza 8 de Marzo, manifestación conxunta do movemento feminista
  • Pontevedra: martes 25 ás 20h na Praza da Peregrina
  • Vilagarcía de Arousa: martes 25 ás 20:30 Praza de Galiza, Convoca As. O soño de Lilith
  • A Coruña: martes 25 ás 19.00h no Obelisco, convoca acción Feminista da Coruña

opcionnal-25n-redes.jpg

Un ano máis, outro 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista, a Marcha Mundial das Mulleres estamos na rúa para denunciar e visibilizar a violencia que se segue a exercer sobre nosoutras polo único feito de sermos mulleres. Segundo unha enquisa feita no ámbito da Unión Europea:

Calcúlase que 13 millóns de mulleres na UE experimentaron violencia física. Esa cifra equivale a un 7% de mulleres con idades entre 18 a 74 anos.

Calcúlase que 3,7 millóns de mulleres na UE experimentaron violencia sexual. Esta cifra equivale a un 2% de mulleres con idades de entre 18 e 74 anos. Na UE un 18% das mulleres foron obxecto de acoso a partir dos 15 anos. Estas porcentaxes representan que 9 millóns de mulleres na UE sufriron e sufrirán violencia machista.

A metade de todas as mulleres da UE (53%) procuran evitar certos lugares ou situacións, por temor a ser vítimas de agresións físicas ou sexuais. Pola contra, enquisas recentes sobre victimización e medo aos delitos indican que o número de homes que limitan os seus movementos é infinitamente máis reducido.

España rexistra a taxa de criminalidade máis baixa dende o ano 2003, segundo o último informe que o Ministerio do Interior publicou a mediados de xullo. As infraccións penais rexistradas en 2013 descenderon o 4,3% Fronte a estes datos, un pero, a violencia sexual que medrou , segundo o mesmo informe, un 1,4%. As violacións son o delito menos denunciado no mundo, en porcentaxes aínda máis pequenas que no resto de denuncias por violencia machista da que se calcula que o 70% permanece silenciada e polo tanto, impune.

As mortes por violencia machista, por moi inexplicables que parezan, non son actos illados, fortuítos, senón que obedecen a unha cultura patriarcal no que as mulleres non teñen dereito a decidir sobre a súa vida. Son a reacción violenta de quen se cree posuidor dun ben, dunha propiedade, ou dunha escrava.

A solución non é doada e necesita do compromiso de todas e de todos, porque precisa de cambios profundos dado que o machismo está enraizado na nosa sociedade e non estamos facendo o preciso para desbotalo. IMPLÍCATE, RACHA COA INDIFERENZA!!!

A violencia contra as mulleres é a violación de dereitos humanos máis universal, presente en todas as sociedades do mundo. Esta violencia exércese de moitas formas, física, psicolóxica, sexual, económica, simbólica. É exercida en diferentes ámbitos da vida das mulleres, independentemente da clase social, nivel cultural, relixión ou raza.

Esta violencia, incrementouse nos últimos tempos. Coa escusa de "crise económica", estamos a asistir a un brutal recorte de dereitos que se está a cebar especialmente coas mulleres (peores condicións laborais, problemas de conciliación da vida laboral e familiar, ataque aos dereitos sexuais e reprodutivos, concepción da muller como obxecto sexual, entre outras). ISTO TAMÉN É VIOLENCIA.

Por iso, non podemos esquecer a todas as mulleres que sufriron e sofren diferentes tipos de violencias, aquelas que morreron ás mans das súas parellas, ou ex parellas (no que vai de ano 38 no Estado Español); e tampouco esquecemos a aquelas mulleres que no seu día a día se viron ameazadas, insultadas, desprezadas e coartadas na súa liberdade por ser mulleres. IMPLÍCATE, RACHA COA INDIFERENZA!!!

 

Mais tamén exercen violencia de xénero os que propagan ideas e conceptos que perpetúan os valores patriarcais, os que lexislan en contra dos dereitos das mulleres ou non velan polo cumprimento integral das leis existentes, os que privan as mulleres dos recursos para a igualdade, e negan a utilidade das accións e políticas para a igualdade; os que actúan con hipocrisía ao resgarse as vestiduras cada vez que nos asasinan e nos insultan e desprezan privadamente e no ámbito público, en definitiva, os que nos tratan como obxectos e non suxeitos de dereito e cidadás. Por tanto promoven a violencia machista contra todas as mulleres, os organismos e institucións que dan azos á perpetuación dos valores patriarcais: ao valor da familia tradicional en que as mulleres só podemos ser nais, convertendo a maternidade no único fin social para o que sermos educadas; ao valor da sexualidade pasiva, para non darnos ocasión para exercer os nosos dereitos sexuais e reprodutivos; a impornos a heterosexualidade como único modelo sexual; ao intento de recluírnos no traballo dos coidados e no ámbito do privado, para impedir a autonomía económica das mulleres e a nosa participación social na toma de decisións.

Este é o caso do actual Goberno do Partido Popular. Así, comezamos un novo curso escolar, coa formación en economía e a transmisión dos supostos "valores" do emprendimiento asomándose ás aulas, mentres a educación afectivo sexual salta pola ventá. Isto fixeron o ministro de educación Wert e os seus compinches políticos e relixiosos, eliminándoas xunto a coeducación, a ética, a educación para a cidadanía, e a loita contra esta eiva, esquecendo a sensibilización das e dos profesionais e ignorando a incorporación da perspectiva de xénero en todas as etapas educativas, para promover relacións igualitarias como forma de prevención de calquera tipo de violencia machista.

Así tamén comezamos este ano coa ameaza por parte do mesmo Goberno do Partido Popular de reformar a actual lei do aborto. IMPLÍCATE, RACHA COA INDIFERENZA!!! A implicación ten recompensas como xa temos demostrado conseguindo coa unión das feministas e a implicación de moitas organizacións sociais a retirada por parte de Rajoi da reforma desta lei do aborto.

É necesaria a mobilización e rexeitamento de toda a sociedade, a implicación de todas e todos e rachar coa indiferenza, para rematar con este problema tan arraigado. Por iso, especialmente necesaria é a implicación dos medios de comunicación e os seus responsables, polo seu forte papel na socialización dos nenos, nenas e adolescentes e pola influencia que exercen na nosa sociedade.

Os medios de comunicación teñen a a obriga de desterrar expresións tan daniñas como "crime pasional", "asasinada tras un ataque de celos", "problema sentimental" ou “agrediuna despois dunha forte discusión”. Moitas veces tamén continúan a xustificar a violencia por causas externas: estaba baixo os efectos do alcohol ou as drogas; evitando así os debates de fondo: por exemplo, que valores lles estamos a transmitir ás novas xeracións para que, os datos digan que catro de cada dez rapaces continúen a pensar que o papel da muller é estar en casa e coidar da familia.

É noso deber denunciar situacións especialmente denigrantes, como é a realidade das mulleres en situación de prostitución, xa que esta é unha forma de violencia extrema para as mulleres, mostrándonos ás mulleres como meros obxectos sexuais para uso e disfrute masculino. A trata de mulleres con fins de explotación sexual é unha consecuencia da existencia da prostitución, onde os prostituidores, mal chamados "clientes", perpetúan a violencia demandando mulleres como mercadoría, enriquecendo as mafias e a industria do sexo.

Especialmente sensible é a situación que viven as mulleres inmigrantes en situación irregular, xa que coa reforma sanitaria viron minguada as súas posibilidades de acceso aos recursos de atención primaria, sendo máis difícil a detección precoz de situacións de violencia, ademais de verse vulnerado o seu dereito fundamental de acceso á saúde.

Por todo iso dende a Marcha Mundial das Mulleres esiximos aos Poderes Públicos que se IMPLIQUEN, QUE RACHEN COA INDIFERENZA!!! Se os homes maltratadores enfrontáranse cun rotundo non, cun contundente rexeitamento social, especialmente por parte do resto dos homes, a violencia machista reduciríase moi considerablemente. A violencia existente no seo da sociedade, non é máis que a suma das violencias individuais de cada un dos seus membros; a que xera cada unha das persoas que a compoñen e a que é capaz de tolerar e asimilar. Cada xesto, actitude ou comentario pexorativo e discriminatorio contra as mulleres, aumenta a permisividade e abre o camiño cara á violencia contra as mulleres.

Se queremos avanzar como sociedade, non podemos permitir retrocesos en materia de prevención, denuncia e tratamento da violencia contra as mulleres. Por iso, instamos igualmente aos Poderes Públicos, medios de comunicación, sistema educativo e a toda a cidadanía a continuar coa loita e denuncia desta forma a violencia que ataca a metade da humanidade, as mulleres.

Machismo, Sociedade Patriarcal e Cultura da Violación... onde? Aquí, ao noso carón día a día. Esaxeramos?. Non, non esaxeramos!!! A violación silénciase, cálase. E hai veces, que os silencios, matan.

Pedimos a implicación de todos os sectores sociais, pedimos a implicación de todas as mulleres e homes. IMPLÍCATE, RACHA COA INDIFERENZA!!!

É por todo isto que a Marcha Mundial das Mulleres vos insta a IMPLICARVOS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA E RACHAR COA INDIFERENZA!!!

Modificado o ( Luns, 24 Novembro 2014 13:17 )
 

DECLARACIÓN DA MMM SOBRE A VIOLENCIA EXERCIDA ATRAVERSO DAS CRIANZAS

Correo-e Imprimir PDF
A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza queremos amosar a nosa indignación ante o contido da nova publicada o pasado xoves 16 de outubro nos medios de comunicación, referida á petición por parte da fiscalía, a unha condena de 10 meses de prisión a unha muller nai de dous fillos, así como ao internamento dos nenos nun centro de menores por non facilitar as visitas ao seu pai ao que ela tiña acusado de pederastia.
Acusación de pederastia da que no seu momento saíu absolto, xa que o informe achegado polos técnicos do IMELGA (Instituto de Medicina Legal de Galicia) , concluíu no seu informe que estes estaban influenciados pola súa nai a quen consideraban desequilibrada.
Denunciamos a pouca ou nula especialización no trato a nenos e nenas, a non esixencia de formación en violencia contra as mulleres dos técnicos do IMELGA, requisito, para nos imprescindible, se esta sociedade quere prestar a protección e atención precisa a crianzas e mulleres.
Denunciamos que na inmensa maioría destes casos e salvo que haxa unhas probas moi evidentes (desgarros, hematomas, etc), todas as institucións implicadas: técnicos, xuíces, fiscais, tenden a culpabilizar a priori ás mulleres.
É isto violencia contra as mulleres?? Rotundamente si.
Definitivamente casos coma este constitúen violencia contra as mulleres exercida a traverso dos fillos e fillas. Non é a primeira vez que atopamos casos de homes que ameazan, e o peor se cabe, cumpren a ameaza de facer dano aos seus propios fillos para ferir á muller. Temos visto, por desgraza, demasiados casos. Isto evidencia, unha vez máis, que seguemos a vivir e soportar un sistema patriarcal que tende unha e outra vez a culpabilizar á muller, a supor que minte sistematicamente, a esixirlle probas máis alá do razoable.
É violencia machista por parte do sistema obrigar a unha muller convencida do dano que van a sufrir os seus fillos ou fillas por parte do seu pai e ter que deixalos ir con el.
É violencia machista exercida polo sistema ameazala de que se non obedece será duramente castigada con penas de prisión ou o que é peor co alonxamento e internamento das súas crianzas para “reeducación”.
Non en van o Comité de Nacións Unidas para a Eliminación da Discriminación contra a Muller (CEDAW), condenou ao Estado español por non actuar de forma dilixente para evitar a violación dos dereitos de Ángela González, muller vítima de violencia de xénero, e os da súa filla, a quen acabou asasinando.
É por todo isto que esiximos do Goberno, da Administración de Xustiza e de todas as Administracións un cambio nas actuacións e atención de crianzas e mulleres para que dende as Institucións se deixe de exercer violencia contra nós.
 

Declaração de solidariedade da Marcha Mundial das Mulheres da Europa com as mulheres curdas em luta

Correo-e Imprimir PDF

Nós, 60 mulheres de 18 países europeus, reunidas em Donostia, País Basco, no encontro da Coordenação Européia da Marcha Mundial das Mulheres, saudamos a resistência das mulheres curdas de Kobane (Rojava) - na fronteira entre a Turquia e a Síria, onde se desenvolvem entre curdos, sírios, armênios, árabes, yezidies e tchechenos alternativas concretas ao capitalismo, ao colonialismo e ao sistema patriarcal, baseadas na coexistência pacífica entre diferentes religiões e na liderança partilhada democraticamente a todos os níveis. Este modelo alternativo é defendido pela valente resistência do YPG (Unidade de Proteção Popular) e YPJ (integrada pelas mulheres).

Condenamos a violação dos direitos das mulheres e dos direitos humanos fundamentais, assim como todos os tipos de fundamentalismo religioso, étnico e político. Denunciamos o aumento das alianças com os sectores ultra conservadores, incluindo o fundamentalismo religioso, como uma estratégia para reforçar o modelo capitalista e patriarcal como 'solução' para a crise.

Continuamos com a nossa luta nas regiões em conflito para acabar com a violação e a escravidão de mulheres como arma de guerra e para construir um outro mundo onde sejam excluídas todas as formas de dominação, exploração e exclusão de uma pessoa sobre outra, de um grupo sobre outro, de uma maioria sobre uma minoria, de uma nação sobre outra.

Frente aos recentes ataques contra as alternativas e direitos das mulheres, decidimos lançar a nossa 4a Acção Internacional no Curdistão, no dia 8 de março de 2015, com o objectivo de apoiar as mulheres curdas na sua luta pela autonomia e auto-determinação sobre os seus corpos e territórios. Convocamos todas as mulheres do mundo a participar e apoiar a Caravana Feminista Européia para reforçar e tornar visível a resistência e as alternativas desenvolvidas pelas mulheres.

Seguiremos em marcha até que todas sejamos livres!

Donostia, País Basco, 12 de outubro de 2014.

 

Modificado o ( Mércores, 15 Outubro 2014 16:28 )
 

#FóraMachismo25N

Correo-e Imprimir PDF

#FóraMachismo25N

Que propoñemos?

Queremos que a nosa mensaxe do 25 de novembro, Día internacional contra a violencia machista, se escoite nas rúas e nas redes e para iso lanzamos unha campaña que queremos axudedes a espallar.

A idea é gravar un video/tirar unha foto decindo ou ensinando unha frase contra a violencia machista e colocar ese material nas redes sociais 'nominando' a coñecidas/amigas/colegas para que se sumen á campaña e fagan o mesmo, colocar a foto ou video nas redes sociais e espallar a máis e máis xente.

O noso obxetivo é que moitas e moitos demos a cara contra a violencia machista e achegar a nosa mensaxe a todo tipo de persoas, a aquelas que se sumarán ás mobilizacións do 25 N nas diferentes cidades e a aquelas que non o farán pero que estan dispostas a difundir e espallar a nosa mensaxe a través das redes sociais.

Como participar?

  • Sube unha foto nas túas redes sociais (Twitter, Facebook ou Instagram) na que apareza a frase que queiras e a etiqueta #FóraMachismo25N e nomina a outras persoas para que tamén o fagan e estendan a campaña.
  • Sube un video ás túas redes sociais (Twitter, Facebook ou Instagram) na que digas a frase que queiras e a etiqueta #FóraMachismo25N e nomina a outras persoas para que tamén o fagan e estendan a campaña.
  • Envíanos ás túas fotos e/ou videos se queres que ademáis de nas túas redes sociais formen parte da nosa campaña nas redes: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

Como podo ver/seguir a campaña?

  • Os videos que realicemos dende a Marcha aparecerán aquí: http://www.youtube.com/user/mmmgaliza
  • As fotos e videos de quen siga a campaña poderás atopalas buscando coa etiqueta #FóraMachismo25N nas redes sociais

 

Anímante e participa!

Modificado o ( Martes, 17 Marzo 2015 15:41 )
 

Carta aberta a Stephen Harper

Correo-e Imprimir PDF

Honorable Primeiro Ministro de Canadá,

A violencia hacia as mulleres e nenas indíxenas é unha violación grave aos dereitos humanos. Os actos de violencia dos que as mulleres indíxenas son víctimas están anclados na discriminación e na marxinalización sistemática provintes da colonización, nos que interveñen a policía, os medios de comunicación, a educación e a xustiza.

O goberno canadiano debe constituir unha comisión para levar a cabo unha investigación pública independente e debe traballar na concertación coas diferentes nacións indíxenas para construír un plan de acción nacional.

Nós, as Mulleres da Marcha Mundial das Mulleres de Galiza, solidarizámonos co chamado internacional feito polas Mulleres Indíxenas do Québec (FAQ) e a Coordinación do Québec da Marcha Mundial de Mulleres. É preciso que os factores sistémicos que favorecen a desaparición e o asasinato de mulleres indíxenas, sexan correctamente identificados e que os individuos, procesos e políticas responsables do mantemento do estatus quo – e dos danos subsecuentes para as mulleres e as nenas indíxenas – sexan desmantelados. As recomendacións e MEDIDAS de cambio son necesarias para mellorar a seguridade das mulleres e das nenas indíxenas de todos os sectores de Canadá.

Unha enquisa pública nacional exhaustiva sobre a violencia hacia as mulleres e nenas indíxenas de Canadá procuraría a certeza aos pobos indíxenas que todas as esferas do goberno recoñecen a gravidade do problema e se comprometen a acabar con este ciclo de violencia. Unha investigación permitiría igualmente sensibilizar aínda máis á poboación sobre esta crisis de violación dos dereitos das persoas en Canadá, a cal moitos e moitas canadenses ignoran. A inclusión de familias indíxenas nos procesos de planificación, de implementación e de post-informe da enquisa pública nacional é primordial para o éxito desta actividade e asegura que as voces das familias sexan escoitadas. É esencial igualmente que a enquisa permita ter en conta ás asociacións de mulleres indíxenas, posto que moitas delas dispoñen de datos e informacións que recolleron no transcurso dos últimos anos.

Respetuosamente,

Solidariedade feminista,

Coordinación Nacional da Marcha Mundial de Mulleres de Galiza Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo www.feminismo.info
 

Reunión do secretariado europeo da Marcha Mundial das Mulleres

Correo-e Imprimir PDF

Este fin de semana terá lugar en Donosti a reunión da Coordenadora Europea da Marcha Mundial das Mulleres que terá como tema central a preparación do IV Acción Internacional que decorrerá no 2015 nos cinco continentes.

O proceso de debate e preparación da IV Acción Internacional deu comezo en agosto de 2013 no Encontro Internacional de Sâo Paulo e continúa o seu percorrido co encontro da coordenación europea onde se trazarán as liñas estratéxicas e o calendario da acción que percorrerá europa dende o 8 de marzo ata o 17 de outubro de 2015.

Unha delegación da coordenadora nacional galega da Marcha Mundial das Mulleres estará este fin de semana en Donosti para participar no debate e organización da IV acción xunto con feministas de máis de 10 países que coordenarán a acción a nivel europeo.

Modificado o ( Xoves, 09 Outubro 2014 12:01 )
 
Máis artigos...
Páxina 17 de 64

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel



Quen está en liña?

Temos 77 convidados en liña