Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo
Maio Reivindicativo na Praza da Quintana
Luns, 01 Xuño 2009 09:47
Administradora
Este 31 de Maio tivo lugar na Praza da Quintana o acto organizado pola Marcha Mundial das Mulleres na Galiza que sirve como feche da primeira parte da campaña EU DECIDO! En Defensa do Dereito ao Aborto, na Sanidade Pública!. Estas son algunhas imaxes do maio reivindicativo e a alfombra floral realizados ao longo da mañá:
Modificado o ( Luns, 01 Xuño 2009 10:15 )
Viacrucis Reivindicativo en Ourense
Luns, 01 Xuño 2009 09:18
Administradora
Dentro dos actos da Marcha Mundial das Mulleres na campañaEN DEFENSA DO DIREITO AO ABORTO, NA SANIDADE PÚBLICA. EU DECIDO,a Coordenadora Comarcal de Ourense levou a cabo un "VIA CRUCISREIVINDICATIVO" con parada en distintos organismos como a Delegación territorial da Xunta, a Policía Nacional, a Subdelegación do Governo, o Bispado e a Catedral, entre outros. Con altofalantes nas mans, as manifestantes, acompañadas pol@s músic@s, a ritmo de procesión, cantaron distintos lemas ante a mirada curiosa e sorprendida d@s viandantes, asemade ían pegando unha silueta en cada parada cun lema reivindicativo: "1ª falta: non me ven a regla, 2ª falta: fago o test, 3ª falta: vou ao médico, 4ª Falta: se me pasou o prazo...",... Haivos que lembrar que aqui non goberna a Conferencia Episcopal!",... " As nosas cousas como votantes tamén son importantes!", ... A festa reivindicativa cargada de simboloxía feminista e cun marcado tono lila rematou coa Resurrección na praza de San Marcial e a pegada da derradeira silueta "EU DECIDO". O acto coincidíu coa saída de campaña do Partido Popular, nós non nos metimos con eles, pero segundo contan as boas línguas a comitiva tivo que andar mudando o itinerario previsto para non cruzarse coas mulleres da Marcha Mundial.
Eis unha selección de imaxes do acto:
Modificado o ( Martes, 02 Xuño 2009 09:40 )
Em apoio de Laura Bugalho
Venres, 29 Maio 2009 08:52
Marcha Mundial das Mulleres na Galiza
A Marcha Mundial das Mulleres considera à activista Laura Bugalho umha represaliada de conciencia.
O pasado martes era detida, tras irrumpir no seu lugar de trabalho e na súa casa, a activista feminista, sindicalista e defensora dos dereitos das persoas transexuais, Laura Bugallo. Era acusada supostamente, de falsedade documental, en relación á actividade que desenvolve dentro da Confederación Intersindical Galega, en defensa dos dereitos das persoas imigrantes.
Nom é a primeira vez que activistas con vinculación coa imigración, teñen represalias xudiciais ou policiais, favorecidas por unha lei que trata como delincuentes a quen exerce un dereito humano fundamental como é a libre circulación das persoas. Esta lei que trata a imigración como delito, o mesmo traba en sindicatos, asociacións de imigrantes ou ONG, facendo dunha actividade de solidariedade humana fundamental, unha actividade de alto risco que pode acarrear multas, detencións e mesmo cárcere.
A Marcha Mundial das Mulleres considera que Laura Bugallo, independentemente das acusacións xudicias, e dos feitos que se lle puideran imputar en relación coa sua actividade na CIG-Imigración, é unha represaliada de conciencia, pois ela, como o resto de feministas que apoiamos e participamos nesta rede internacional consideramos que:
"Todos os seres humanos, independentemente do seu país de orixe, da súa nacionalidade e do seu lugar de residencia, deben ser considerados como cidadáns e cidadás de pleno dereito, gozando de dereitos humanos (dereitos sociais, económicos, políticos, civis, culturais, sexuais, reprodutivos, ambientais) de unha maneira igualitaria e equitativa realmente democrática."
Desta maneira está recollido no documento "Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade" aprobado en Ruanda por mulleres representantes de 150 países e inspirador da loita contra a violencia e a pobreza que se desenvolve en todo o planeta. Este parágrafo inspirado no valor da Xustiza, guia a actividade da compañeira Laura e de miles de activistas polos Dereitos Humanos, tamén das persoas imigrantes, en todo mundo.
É por isto que consideraremos proprio dun réxime autoritario e incumplidor da Declaración dos Dereitos Humanos, calquera sanción que se impoña á activista Laura Bugallo, recibindo a nosa máis enerxica condena, que trasladaremos ao ámbito internacional, alentando á sociedade galega a oporse xunto con nós a estas políticas que alentan o aumento da xenofobia en Europa.
Modificado o ( Sábado, 30 Maio 2009 08:43 )
Palestras 'En defensa do dereito ao aborto, na Sanidade Pública'
Domingo, 24 Maio 2009 21:41
Marcha Mundial das Mulleres na Galiza
Nesta semana terán lugar as últimas palestras-coloquio organizadas pola Marcha Mundial das Mulleres nas que estamos a compartir inquedanzas e estratexias para conseguirmos o dereito a decidir de todas as mulleres na Sanidade Pública. Nas palestras distribuiranse copias da publicación 'O dereito a decidir: situación actual e alternativas à despenalización do aborto'.
26 de Maio - PONTEVEDRA- Na Galeria Sargadelos (Rúa Oliva, 24) ás 20h.Proxectarase o documental 'Mai por escolla, non por obriga' de Dorothy Fadiman e intervirán representantes da Marcha Mundial das Mulleres.
27 de Maio - COMPOSTELA- Na Libraria Couceiro (Praza de Cervantes, 6) ás 19:30h. Intervirán representantes da Marcha Mundial das Mulleres e Lola Ferreiro, catedrática de saúde, membra do Grupo Lúa Crecente de estudos de saúde e xénero e co-editora do proxecto de intervención 'Coeducación afectivo-emocional e sexual',
28 de Maio - VIGO- Na Federación veciñal Eduardo Chao (Praza Princesa, 7) ás 20:30h. Intervirá a Marcha Mundial das Mulleres e Lola Ferreiro.
29 de Maio - VIGO- No Centro Social 'A Revolta' (Rúa Real, 32) ás 20:30h. Intervirán representantes da Marcha Mundial das Mulleres.
Modificado o ( Domingo, 24 Maio 2009 21:47 )
Palestra no Val Miñor
Domingo, 24 Maio 2009 20:39
Administradora
A charla realizouse nunha das salas do piso alto da Vella estación do tranvía en A Ramallosa, Val Miñor. Éramos ao redor de 30 mulleres. A exposición de Carmela Garrido foi sinxela e expositiva da situación na que se desenvolve a interrupción do embarazo na actualidade, tamén estivo chea de referencias a experiencias e vivencias comúns a todas as mulleres, o que propiciou que na parte do coloquio se deran varias intervencións, complementarias e profundizando no que se dicía na anterior.
Resaltaría a que agradecía o traballo da MMM na difusión e explicación do borrador da Lei do Aborto, así como de ser as que levamos esta información ás mulleres do pobo.
Próximas Convocatorias:
Charla - Coloquio en Vigo o 28-05-09 ás 20:30 no Centro Veciñal Eduardo Chao, Praza da Princesa, Vigo. Falará Lola Ferreiro.
Charla - Coloquio en Vigo o 29-05-09 ás 20:00 no Centro Social A Revolta, Rúa Real, Vigo.
Modificado o ( Domingo, 24 Maio 2009 20:40 )
A Campaña en Defensa do Dereito ao Aborto, na Sanidade Pública en Altermundo
Domingo, 24 Maio 2009 10:54
Administradora
O Suplemento horizontal ALTERMUNDO que se publica cada derradeiro domingo de mes no xornal Galicia Hoxe sairá este 31 de Maio novamente a rúa e nel a Campaña en Defensa do Dereito ao Aborto, na Sanidade Pública da MMM na Galiza.