MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Marcha Mundial das Mulleres :: Feminismo :: Galiza

Rexistrada a reclamación pola desprotección de Isabel Fuentes asasinada en Ourense

Correo-e Imprimir PDF

Hoxe ás 10.30h tivo lugar a entrega no rexistro da Subdelegación do goberno das 1200 sinaturas individuais e as 30 colectivas que apoiaron a presentación da reclamación presentada ante o CXPX onde denunciamos a desprotección sufrida por Isabel Fuentes e que tivo como consecuencia o seu asasinato.

Aqui podedes coñecer o texto da reclamación: http://feminismo.info/feminicidio/denuncia-ao-estado/

Aqui as sinaturas colectivas http://feminismo.info/feminicidio/organizacions-que-apoian-esta-campana/

cpfrolkwuaahw3v.jpg

O obxetivo desta acción é denuncia a unha xustiza que non acredita no relato das agredidas, neste caso nen sequera atendeu o da Garda Civil que falaba por Isabel Fuentes cando ela non podia, e que non coloca as medidas necesarias para protexelas cando hai ameazas para a súa vida.

O mecanismo empregado para a reclamación ten o formato de reclamación patrimonial co incalculábel valor da vida de Isabel Fuentes simbolizado no euro que colocamos no texto obrigadas pola xustiza a encauzar a nosa denuncia mediante esta vía administrativa. Unha xustiza que nos nega o dereito a reclamarnos tamén nós agredidas polo asasinato dunha muller e da que agardamos reflexión e explicacións sobre o que se fixo mal para non se protexera a Isabel Fuentes.

Non sabemos se a xustiza non soubo iniciar os protocolos de protección da vida de Isabel Fuentes ou non o entendeu necesario. Se foi un acto reflexionado -e equivocado- ou outro procedemento rutineiro nunha cuestión como a violencia machista que nunca debe ser tratada de forma rutineira ou lixeira pois as vidas de moitas mulleres están en perigo.

Agardamos un informe do Consello Xeral do Poder Xudicial en relación ao relato dos feitos e as tráxicas consecuencias para Isabel Fuentes, que son igualmente tráxicas para todas.

Seguiremos desenvolvendo esta campaña de denuncia con queixas e actos nos xulgados nos próximos meses decididas a que non se esqueza e a que isto non volte pasar nunca máis.

Agradecer a todas as compañeiras que deron o seu apoio para levar adiante esta campaña, a quen asina respaldando este paso que vimos de dar e a quen seguirá acompañendo no camiño a loita por unha vida libre de violencias.

En sororidade feminista.
Por unha vida sen violencia. Por Isabel Fuentes. Por todas.

Fotos da actividade de hoxe https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza

Web da campaña http://feminismo.info/feminicidio/

 

Inscripción para a Caravana Feminista: Galiza e final en Portugal

Correo-e Imprimir PDF

Participa da Caravana Feminista en Galiza

A Caravana Feminista chega a Galiza e con ela actividades do 5 ao 11 de outubro en diferentes puntos do país.

Queremos que nos acompañedes nas actividades que realicemos mas tamén no propio percorrido e convivio que vai xerar a Caravana ao seu paso polo noso país. Para isto precisamos que as persoas interesadas en acompañar a Caravana nalgún tramo (ou todo o percorrido) se inscriban a efectos de procurarmos hospedaxes solidarios e dispor dos meios máis adecuados para os desprazamentos.

[ FORMULARIO DE INSCRICIÓN NA CARAVANA FEMINISTA EN GALIZA ]

Participa no encerramento da IV Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres o 17 de outubro en Lisboa

Logo de cruzar todo europa e pasar por Galiza a Caravana Feminista celebrará o seu final en Lisboa.

Logo de atravesar tantos países, as compañeiras de Portugal queren darlle un gran final e realizan un chamado a participar no encerramento da IV Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres o 17 de outubro en Lisboa. Por iso, dende Galiza queremos organizar unha delegación potente. Queres acompañarnos?

[ FORMULARIO DE INSCRICIÓN DA VIAXE A LISBOA ]

Saída da viaxe: 17 de outubro (de Ferrol a Vigo con saída a primeira hora da mañá)

Volta: Regresamos o domingo 18 de outubro (tarde-noite)

Prezo: En función do núm de persoas anotadas e da hospedaxe que se consiga (solidaria ou organizada polas compañeiras portuguesas ou hostais) Precisamos que vos anotedes para saber cantas persoas interesadas hai e así indicar os prezos máis axustados.

Puntos de saída: Ferrol, Compostela e Vigo (dende Ourense organizarase colectivamente achegarse ata Vigo)

Prazo de inscripción: 5 de outubro

Contacto para dúbidas Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

En Marcha ata que todas sexamos libres!!!

Modificado o ( Martes, 22 Setembro 2015 18:07 )
 

III Encontro Nacional da Marcha Mundial das Mulleres

Correo-e Imprimir PDF

Nestes últimos 15 anos, temos percorrido xuntas as rúas das cidades da man de colectivos e mulleres de todo o mundo, temos navegado as augas dos ríos africanos, temos atravesado as selvas americanas para encontrarnos con outras mulleres, temos surcado os ceos da Europa para programar proxectos mundiais e temos agarrado coas nosas mans a un tempo as cores violeta das nosas bandeiras e os altofalantes das nosas ideas.

Agora, dende a Coordinadora Nacional da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza, convidámosvos a participar no noso III Encontro Nacional, que terá lugar o próximo 26 de Setembro en Santiago de Compostela.

encontro1.png

Este Encontro quere ser un novo alto no camiño que levamos percorrido desde o ano 2000, que nos permita ver con perspectiva o lugar onde estamos, valorar o momento no que nos atopamos, e reflexionar sobre cara a onde queremos seguir camiñando. Quere tamén ser un espazo para atopármonos , un espazo para escoitármonos e falar, achegar as nosas experiencias, coller folgos e soñar un feminismo que cambie o mundo e a vida das mulleres.

O encontro é aberto a todas as mulleres e colectivos que teñan vontade de construír e terá lugar en Compostela o día sábado 26 de setembro, de 10h a 20h na Asociación Veciñal A Xuntanza no Barrio de San Pedro (rúa Fraguas 37, baixo) con tres momentos ou espazos para o debate en torno a:

  • Situación actual da Marcha
  • Situación actual do feminismo na Galiza.
  • Traballo cara ao futuro.

[ FORMULARIO DE INSCRICIÓN NO III ENCONTRO NACIONAL ]

Gustaríanos que o traballo deste Encontro sirva de base para futuros proxectos da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza, e, polo tanto, agardamos contar coa vosa presenza, para achegar perspectivas, valoracións e propostas.

Modificado o ( Luns, 14 Setembro 2015 10:29 )
 

Por unha vida sen violencia. Por Isabel Fuentes. Por todas.

Correo-e Imprimir PDF

A campaña de denuncia "Por unha vida sen violencia. Por Isabel Fuentes. Por todas" do asasinato de Isabel Fuentes o 8 de maio no CHUOU dará un novo paso nas próximas semanas cando faremos efectiva a reclamación perante o CXPX que dá inicio ao proceso de demanda da xustiza e do estado pola desprotección sufrida por Isabel Fuentes que deron como tráxica consecuencia o seu asasinato.

Estamos a punto de atinxir as MIL sinaturas para o que vos pedimos colaboración. Tamén a todas aquelas persoas que fagades parte de colectivos para dar o voso apoio á presentación desta reclamación e posterior denuncia.

Sinaturas individuais: http://feminismo.info/feminicidio/
Sinaturas colectivas: http://feminismo.info/…/organizacions-que-apoian-esta-camp…/

Pregamos tamén que nestes días partilledes coas vosas coñecidas tanto o cartaz como o enderezo web para darlle forza á campaña neste novo paso que damos.

En sororidade feminista

Por unha vida sen violencia. Por Isabel Fuentes. Por todas.

por isabel fuentes - por todas.jpg

Modificado o ( Domingo, 13 Setembro 2015 20:41 )
 

Chamada á participación na recta final da caravana feminista da MMM en Europa

Correo-e Imprimir PDF

caravanapeninsula.jpg

Como xa saberedes, a Caravana da Marcha Mundial das Mulleres leva meses, desde a súa partida en marzo desde o Curdistán, cruzando diferentes pobos de Europa. En todo este tempo realizou un amplo percorrido, compartindo e vivindo experiencias e accións por toda Europa, e agora chega á súa recta final.

O 24 de setembro, a Caravana entrará en Catalunya e, así mesmo, percorrerá diferentes pobos e nacións da Península até chegar á súa fin a Lisboa o17 de outubro. No seu percorrido, o 28 de setembro entrará en Euskal Herria e o 5 de outubro en Galiza..

É por iso que queremos facer un chamamento a todos os colectivos e grupos de mulleres para participar de xeito solidario e activo nesta última fase da Caravana. Enviámosvos este mapa do percorrido e paradas previstas, para que, quen así o quixer, se adhira, tendo presenza e apoiando esta Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres.

A participación pódese realizar de diferentes maneiras; nós propoñémosvos realizar marchas aos puntos do percorrido que vos sexan máis acaídos,e apoiala en vivo. Por iso, deixámosvos os contactos das Coordinadoras organizadoras deste último tramo, para que vos poñades en contacto e construamos conxuntamente un final da Caravana potente e diverso.

  • Euskal Herria: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
  • Portugal: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
  • Catalunya: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
  • Galiza: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

Animádevos a participar,

[ Descarga o Dossier en cinco CAT | PT | ES | EUS | GAL ]

Modificado o ( Domingo, 13 Setembro 2015 22:46 )
 

Concentracións en repulsa dos asasinatos de Moraña

Correo-e Imprimir PDF

O feminismo galego responde nas rúas ao recente asasinato de Moraña de dúas crianzas por parte do pai para vingarse da súa ex-parella.

O movemento feminista ven denunciando durante anos a instrumentalización das crianzas por parte dos seus país para seguir perpetuando a violencia que sofren as nais. Os fillos e fillas son ,a cotío, armas e vítimas da violencia. A miúdo son empregados/as para desacreditar á nai, para ameazala, para intimidala, e noutros casos, como testemuñas ou mesmo obxecto da violencia do home, como o caso que hoxe denunciamos.

CONVOCATORIAS:

  • A Coruña - Obelisco (Movemento feminista da Coruña)
  • Compostela - Praza 8 de Marzo (Movemento feminista de Compostela)
  • Pontevedra - Praza 8 de Marzo (Mov. Soc. Pontevedra)
  • Vigo - MARCO (Marcha Mundial das Mulleres)
  • Ferrol - Praza do Concello (Marcha Mundial das Mulleres)
  • Ourense - Castañeira, subdelegación do goberno (Marcha Mundial das Mulleres)

Queremos visibilizar o noso rexeitamento, que toda a sociedade entenda que é a nosa vida e a dos nenos e nenas a que está en perigo.  Que non lle pertencemos a ninguén. E que non imos ficar caladas, que non toleramos a violencia contra as crianzas, igual que non toleramos a violencia contra as mulleres.

convocatoriasfeminismo.png

Seguiremos en marcha, ata que todas vivamos libres de violencias.
Modificado o ( Domingo, 02 Agosto 2015 01:16 )
 
Máis artigos...
Páxina 8 de 60

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel



Quen está en liña?

Temos 22 convidados en liña