MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Marcha Mundial das Mulleres :: Feminismo :: Galiza

MANIFESTO CONTRA FEMINICIDIO DE CONCHI REGUERA

Correo-e Imprimir PDF

MANIFESTO CONTRA FEMINICIDIO DE CONCHI REGUERA

As mulleres somos asasinadas polos soldados do patriarcado e cales son as novas que máis se partillan pola rede social twitter?, o cambio de hora e o partido de fútbol(Celta-R.Madrid). Nos xornais en papel aparécemos cunha pequena reseña, no apartado de sucesos como algo anecdótico e cunha forma de encauzar a nova como se fora un chisme de taberna e non como tería que ser baseada nunha análisis en profundidade porque os asasinatos de mulleres que acotío acontece non é algo casual está sucedendo no noso día a día e se chama feminicidio. Termo acuñado por Diana Russell e Jane Caputi como "O asasinato de mulleres realizado por homes motivado por odio, desprezo, pracer ou por un sentimento de propiedade das mulleres. Sentimento este de propiedade que os leva ao control das amizades, da hora de chegada, do teléfono.....e a arrebatarlles as vidas como donos do seus destinos.
Día a día nos asasinan , imos caendo como nun campo de batalla. Berramos nun mundo onde non somos escoitadas. Isto nos fai pensar, que pouco valemos no ámbito público as mulleres!, uns minutos de silencio institucional, unhas palabras condenatorias, uns teléfonos para denunciar....Acaso dende as institucións non teñen meiores ideas para rachar co feminicidio nos distintos ámbitos onde as súas alas pousan?
Mentras tanto, as que seguimos vivas por Concha e por todas as que xa non veran máis a luz do día, nin sentiran os raios de sol a quentar a súa pel, nin apertaran na ledicia do reencontro nin nas despedidas, nin bicarán os seus beizos cando asi o corpo o desexase e a quen desexase... Por elas e por nós temos que unirnos en redes e baixo o parauguas feminista para empoderarnos, para facermonos fortes, desafiar e loitar contra un exercito, dentro deste modelo social de guerra no que estamos socializadas, denunciando e concienciando como asi o ven facendo a Marcha Mundial das Mulleres

Non consentiremos que a violencia machista continue asasinándonos!!!!

 

EN DEFENSA DA PAZ, OS CORPOS E OS TERRITORIOS

Correo-e Imprimir PDF

As mulleres da Marcha Mundial, reunidas hoxe en Vigo no marco da IV Acción Internacional, rexeitamos as agresións sufridas e os ataques levados a cabo contra a marcha pola paz organizada polos movementos sociais, feministas e sindicais –especialmente no ámbito da saúde– en Ankara, Turquía.

Rexeitamos as persecucións que sofren os movementos sociais, as minorías étnicas, o pobo kurdo e os movementos feministas por parte do Estado turco. A Caravana Feminista, como parte da IV Acción Internacional en Europa, iniciou o seu camiño no Kurdistán, onde constatamos a situación política e a estratexia do Estado turco de desestabilizar a rexión para eliminar as alternativas ás políticas fascistas e neoliberais de Erdogán e o goberno turco.

Fronte a isto, a Marcha Mundial das Mulleres solidarízase coa loita das mulleres e do pobo kurdo pola paz e a construción dunha sociedade xusta. O ataque sufrido na marcha pola paz é só un exemplo dos masacres promovidos en defensa do neoliberalismo en Turquía e o resto do mundo.

As mulleres da Marcha Mundial condenamos esta agresión, que deixa máis de 100 asasinatos, e todas as que ocorren no mundo, e continuamos comprometidas con construír unha alternativa de paz, xustiza e igualdade para todas e todos.

En sororidade feminista.

Seguimos en marcha até que todas sexamos libres.

Vigo, outubro de 2015

Modificado o ( Luns, 12 Outubro 2015 11:27 )
 

A Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego dá a benvida á Caravana Feminista na súa chegada a Galiza

Correo-e Imprimir PDF

A Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego quere dar a benvida ás compañeiras da Marcha Mundial das Mulleres que, o pasado 8 de marzo, partiron do Kurdistán coa Caravana Feminista e que hoxe, 5 de outubro, chegan a Galiza.

Dende o Sindicato Labrego Galego colaboramos na organización das actividades que, dende hoxe até o vindeiro 12 de outubro, se desenvolverán na nosa terra ao redor deste evento, e cuxo programa se pode descargar na web da Marcha Mundial das Mulleres de Galiza (www.feminismo.info), que é a organización encargada de coordinar todo. Neste senso, a Secretaría das Mulleres do SLG terá unha especial participación nos actos que se celebrarán ao redor da Caravana Feminista en Betanzos, o 7 de setembro, organizando un mercado de alimentos por labregas da comarca na praza de Betanzos -ou no Liceo, en caso de mal tempo- ás 11:30, e un xantar con produtos cultivados e traídos polas propias esmulleres participantes a partir das 13:30. Aproveitando esa comida, as labregas manterán un diálogo coas mulleres da Caravana Feminista sobre a súa experiencia.

Tamén haberá compañeiras do Sindicato Labrego Galego que participarán directamente en actividades ligadas ao paso da Caravana Feminista na Galiza, como a palestra sobre ecofeminismo que terá lugar no café-teatro do Pazo da Cultura de Narón, o 6 de setembro ás 19:30, na que falará a coordinadora da loita contra a minaría salvaxe no SLG, Margarida Prieto Ledo; ou no coloquio sobre ecofeminismo e soberanía alimentaria que terá lugar en Compostela o 7 de setembro, pola tarde, e que contará coa participación de Pura Seoane, labrega que ten ocupado diversas responsabilidades no SLG, entre as que se atopan a de ter estado á fronte da Secretaría das Mulleres antes do ano 2003, ou ser responsábel da Dirección de Horta entre 2007 e 2011. Tamén, esa mesma tarde en Compostela, haberá unha merenda organizada por labregas do SLG da bisbarra que utilizarán alimentos cultivados por elas mesmas para elaborar os petiscos.

http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=3&i=1189

 

Declaración política do Comité Internacional da Marcha Mundial das Mulleres

Correo-e Imprimir PDF

Nós, as membras do Comité Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, reunidas no Quebec, Canadá, do 12 ao 15 de setembro de 2015, manifestamos:

A nosa solidariedade coas mulleres do territorio do Quebec, lugar de nacemento da Marcha Mundial das Mulleres, e o noso recoñecemento ás súas loitas e resistencia.

Recoñecemos o valor da formación política feminista como a estratexia para construírmonos nós mesmas como suxeitos políticos en resistencia ao sistema que nos oprime. Reunidas aquí, traballamos no entendemento común da nosa realidade, loitando por defender o dereito a crear a nosa propia epistemoloxía feminista.

Estamos traballando na construción das nosas propias alternativas feministas, baseadas na reconstrución do noso propio coñecemento e as nosas prácticas diarias, ambas suprimidas de forma intencionada do discurso dominante co fin de deixar as mulleres de lado.

Estamos comprometidas con liberarnos do patriarcado, do neocolonialismo e do capitalismo, que son a orixe do sistema opresor no que vivimos. Xuntas, neste espazo de traballo, chegamos á conclusión de que a pobreza, a violencia, a inmigración forzada e o terrorismo tamén son expresións da violencia que sofren as mulleres, nenos e comunidades marxinadas, como as consecuencias das crueis estratexias como a militarización, o extremismo e as medidas de austeridade que apoia a actual clase dirixente.

Neste sentido, condenamos a actitude da Comunidade Internacional, especialmente a da Unión Europea, pola súa resposta na crise das refuxiadas que está acontecendo estes días. Unha vez máis, presenciamos horrorizadas como a vida humana non vale nada, como as persoas están fuxindo do seu país, tentando escapar do fundamentalismo, do terrorismo e das guerras –alentadas por estados como os Estados Unidos e países aliados, así como pola industria das armas– para toparse cun forte inalcanzábel en Europa. Denunciamos a resposta oficial que está dando a Unión Europea, unha resposta baseada no militarismo, no peche das fronteiras e nas cotas, resposta que vai en contra da vontade de milleiros de cidadás europeas que estes días están tomando as rúas para abrirlle as portas ás persoas que foxen de Palestina, Siria, Libia, Iraq, Kurdistán e outros territorios da zona. Seguimos demandando a solidariedade das persoas de todo o mundo, e volvemos declarar que as refuxiadas non son o noso inimigo, senón as nosas irmás e irmáns que escapan de situacións de violencia extrema provocadas por un sistema inxusto. O racismo estase espallando amplamente en moitos territorios. Seguimos recibindo novas de desprazamentos forzados e violacións dos dereitos humanos de comunidades e pobos indíxenas no Brasil, en América do Norte e outros territorios. Os gobernos e os grupos de extrema dereita empregan o medo como estratexia para controlar a opinión pública e para xustificar as políticas xenófobas. O aumento dos asasinatos de persoas negras nos Estados Unidos está a producir axitación social e conflitos, mais os medios de comunicación e as redes sociais seguen culpando as mesma persoas: as que están a ser oprimidas tamén son criminalizadas cando toman medidas e reclaman xustiza.

Estas son as graves expresións da ideoloxía neoliberal e neocolonialista que cada día se fan máis fortes e que afectan á vida das persoas de todo o mundo. Empresas e estados están aplicando novas formas de colonización nos países do Sur. En África podemos ver como as multinacionais provocan o desprazamento de comunidades e poboacións indíxenas, as compañías están ocupando os territorios e saqueando os recursos naturais e a colonización cultural vaise dando a través do mercado capitalista e as tendencias de consumo, transmitidas a través dos medios de comunicación.

Defendemos as mulleres que son criminalizadas na súa loita por reclamar autonomía sobre os seus corpos e territorios. Enviamos a nosa solidariedade feminista a Sara Kaya, que foi elixida o ano pasado como co-alcaldesa de Nusaybin co 91% de votos do pobo. Nesta cidade kurda iniciamos a Caravana Feminista Europea o pasado 6 de marzo de 2015, e ela demostrou estar realmente comprometida coa nosa causa e o noso movemento. Por desgraza, informáronnos de que foi arrestada e destituída pola súa declaración sobre a autodeterminación hai dúas semanas. Condenamos a guerra e a opresión levada a cabo polo goberno turco contra as comunidades kurdas e mantemos a nosa solidariedade con Sara Kaya e calquera muller que fora criminalizada pola súa loita por un mundo mellor. Destacamos a Maxima, unha muller indíxena peruana que foi perseguida debido á súa resistencia na defensa da terra e da vida. Apoiamos a todas as persoas que resisten en todo o mundo.

Non queremos este mundo inhumano. Dicimos non, abonda! E para iso, ratificamos de novo o noso compromiso coa construción dun mundo novo no que a vida estea no centro de todo, no que todos os seres humanos gocen de novas relacións baseadas na xustiza, na liberdade, no respecto e no recoñecemento da diversidade, non só entre eles, senón tamén coa natureza.

Saudamos os esforzos de todos as coordinadoras nacionais que están traballando moi duro dende o comezo da nosa Acción Internacional o 8 de marzo, e que fan posible a acción a un nivel básico en moitas rexións e territorios, elaboran resistencias e alternativas e melloran a defensa do nosos territorios, corpos e da terra.

Saudamos as nosas irmás que conseguen vitorias no eido da política, nomeadamente a nosa camarada Sandra Morán de Guatemala, que acaba de ser elixida no Parlamento Nacional en representación dunha coalición de movementos sociais.

Estamos comprometidas con fortalecer a nosa relación con outros movementos sociais e aliados estratéxicos na crenza de que esta alianza fará o noso proxecto político máis forte e coherente. Por iso, seguiremos ocupando espazos políticos no ámbito local e internacional, para influír nos procesos de decisión e de deseño de políticas.

O vindeiro mes de decembro, mobilizaremos as mulleres de todo o mundo para que se unan ás accións internacionais sobre o COP21. Xuntas pronunciarémonos para protexer a Nai Natura e o medio e para demandar un cambio real no sistema e deter a devastación que está causando o cambio climático.

Coa esperanza de acadar esta sociedade guiada polos principios feministas, chamamos á loita e seguimos camiñando cara ao noso 10.º Encontro Internacional, en outubro de 2016, no que militantes de todo o mundo, de todos os territorios do planeta, reuniranse en Mozambique para dicir alto e claro: As mulleres na resistencia construímos un mundo novo!

Comité Internacional da Marcha Mundial das Mulleres

Quebec, 15 de setembro de 2015

Modificado o ( Martes, 29 Setembro 2015 12:00 )
 

A Carvana Feminista en Galiza (5 a 12 de outubro)

Correo-e Imprimir PDF

Aqui temos xa as diferentes actividades que terán lugar en Galiza ao paso da Caravana Feminista!

Carvana Feminista

Carvana Feminista

Carvana Feminista

Carvana Feminista

Carvana Feminista

Carvana Feminista

Modificado o ( Venres, 25 Setembro 2015 12:45 )
 

Percorrido da Carvana en Galiza

Correo-e Imprimir PDF

A Caravana Feminista chegará a Galiza procedente de Euskalherria e permanecerá no noso territorio ata o 12 de Outubro día no que pasará a Portugal onde a IV Acción Internacional remata co acto de encerramento do 17 de Outubro en Lisboa, Día internacional contra a pobreza.

Para a súa estancia entre nós, a Coordinadora Galega da MMM estamos deseñando diversas propostas de actividades:

5 DE OUTUBRO - FERROL

18:30h Chegada da Caravana Feminista a Galiza: Esperaremos á Caravana Feminista no Polígono do Río do Pozo en Narón para saír en Caravana ata Ferrol.

19:00h Recibimento da Caravana Feminista en Ferrol no Cantón de Molíns, donde haberá un acto festivo, lúdico e reivindicativo.

6 DE OUTUBRO – SAN SADURNIÑO e NARÓN

11:00h Recibimento da Caravana Feminista na Casa da Cultura de San Sadurniño.

11:30h Encontro e intercambio de experiencias entre as mulleres da Caravana e as mulleres que viven e traballan no rural.

14:30h Xantar e posterior visita das mulleres da Caravana á plantación de froiteiras do país promovida polo Concello de San Sadurniño

19:00h Recibimento da Caravana Feminista no Pazo da Cultura de Narón.

19:30h No Café-Teatro do Pazo da Cultura, Palestra sobre Ecofeminismo e realidade medioambiental da comarca.

7 DE OUTUBRO – BETANZOS e SANTIAGO DE COMPOSTELA

11:00h Recibimento da Caravana na Ribeira, faremos un percorrido pola zona vella de Betanzos acompañadas de pasarrúas ata chegar a Praza de Betanzos (García Hermanos)

11:30h Mercado Local con productos labregos da zona na Praza de Betanzos e se o tempo o impide será no Edificio Liceo, tamén situado na mesma praza.

13:30h Xantar de convivio coas mulleres labregas e exposicón de fotos no Edificio Matadoiro en Betanzos. O xantar será compartido por tódalas mulleres que participen na xornada. Teremos un tempiño de conversa coas mulleres da Caravana

17.30h Benvida á Caravana Feminista da MMM en San Lázaro. Pasarrúas con Batucada: San Lázaro, Fontiñas, Concheiros, Rúa de San Pedro, Porta do Camiño .. Primeira parada: Libraría de Mulleres Lila de Lilith, a continuación Praza de Cervantes, Preguntoiro, Orfas, Praza de Toural, Porta Faxeira e Alameda .. Segunda parada: As Marías, As dúas en punto, é o nome co que se coñece en Santiago de Compostela a parella formada polas irmás Maruxa (morta no 1983) e Coralia Fandiño Ricart (falecida no 1980), representadas dende hai anos nunha célebre escultura situada no parque da Alameda. Falará: Encarna Otero, profesora de historia e gran coñecedora da historia da cidade.

Unha vez rematada a visita a Alameda, voltamos a Porta Faxeira e dirixímonos á Galería Sargadelos, espazo onde desenvolveremos distintas actividades:

  • Actuación dun grupo de voces de mulleres a capela.

  • Actuación de Mónica de Nút

  • COLOQUIO

    • Muller e Arte, coa intervención de Encarna Otero

    • Ecofeminismo e soberanía alimentaria, coa intervención de Pura Seoane e Rebeca Raso.

    • Muller e Corpo, coa intervención de Mai – Lésbicas Creando

  • Actuación de Alba María

8 DE OUTUBRO – VILAR DE BARRIO e ALLARIZ

11.00h Visita a As Corcerizas en Vilar de Barrio, un proxecto xestionado por Amigas da Terra – aliada internacional da Marcha Mundial das Mulleres- de vida sustentábel no que coñeceremos os diversos proxectos que permiten facer da instalación unha construción autosustentábel.

12.00h Solta dun ave rapaz recuperada no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Alto do Rodicio

14.00h Xantar colaborativo as Corcerizas, coa colaboración do Centro Social A Cambalhota de Allariz.

18.00h Encontro coas mulleres de Allariz no Fogar do Maior. Organizado coa colaboraci´ñon do Concello de Allariz haberá un intercambio entre as experiencias das mulleres da Caravana Feminista e do rural. Ao remate haberá unha cea partillada en Allariz.

9 DE OUTUBRO – OURENSE

11.00h Benvida da Caravana Feminista na Praza Maior a través dun acto festivo, lúdico e reivindicativo cunha alfombra de sementes e actuación musical.

12.00h Encontro das Mulleres da Caravana que explicarán aos meios esta IV Acción Internacional.

14.00h Xantar colectivo na Praza de San Marcial

17.00h Encontro de Intercambio de Sementes na zona do Rianxo da Praza de Abastos nº1 de Ourense. Feira de intercambio de sementes autóctonas con produtoras e labregas locais. Ademáis haberá unha exposición da Marcha Mundial das Mulleres sobre a Soberanía Alimentaria e unha presentación do traballo das organizacións Marcha Mundial das Mulleres, Amigas da Terra e Grupo de Consumo Semente/Xurumelxs xunto con produtoras locais e veciñas que venden no Rianxo da praza.

20.00h Concerto de despedida da Caravana de Ourense no Café Cultural El Pueblo, nel participarán solidariamente con seu apoio e asistencia As da Chispa, The Tetas'Van e Transxenéricas.

10 DE OUTUBRO – VIGO

Todos os actos terán lugar no Parque de Castrelos

12:00h Concentración Praza dos Cabalos . Caravana a Castrelos

12:45h Acto de benvida en Castrelos coa actuación de Aureas

13:30h Palestra: Experiencias da Caravana

14:30 Xantar

16:30h Obradoiro : Violencia de xénero

18:30h Obradoiro de Batucada

20:00h Participación na manifestación contra o TTIP

21:00h SERÁN

11 DE OUTUBRO – VIGO

Todos os actos terán lugar no Parque de Castrelos

11:30h Proxección “Un mar de mulleres”

12:30h Palestra: Mulleres do Mar

14:00h Xantar

16:30h Obradoiro “As mulleres nas letras”

18:00h Obradoiro Corpo e expresión corporal

20:00h Acto de despecida con benvida ás compañeiras portuguesas que collen o relevo da caravana. CONCERTO: Presenta Arantxa Treus e participan coa súa actuación solidaria Mónica de Nut, Punkiereteiras e Habelas Hainas.

12 DE OUTUBRO – de GALIZA a PORTUGAL parada en TOMIÑO

11.00h Benvida á caravana Feminista no mercado de Tomiño.

  • Actuación de Acevedos Delgados

  • Intercambio de Experiencias da Caravana

  • Petiscos

  • Performance das Ghatas Salvaxes

  • Exposición itinerante da Caravana durante a xornada.

 

16.00h Saída da Caravana cara Porto.

Modificado o ( Xoves, 01 Outubro 2015 16:13 )
 
Máis artigos...
Páxina 7 de 60

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel



Quen está en liña?

Temos 99 convidados en liña