MarchaMundialdasMulleresnaGaliza

Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres, cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo

Marcha Mundial das Mulleres :: Feminismo :: Galiza

VII Encontro Internacional na Galiza, Vigo 2008

Correo-e Imprimir PDF
Os próximos 18 e 19 de outubro a Marcha Mundial das Mulleres, rede feminista internacional que agrupa a mulleres de mais de 150 países, dará un paso máis na súa loita contra a pobreza e a violencia. Delegadas dos cinco continentes acudirán a Vigo para celebrar o VII Encontro Internacional, nunhas xornadas cargadas de reflexión para seguir construindo un mundo onde sexan erradicadas a pobreza e a violencia.Todas as persoas, mulleres e homes, e colectivos, que comparten estes dous obxectivos, teñen un convite para acompañar ás mulleres vindas dos cinco continentes, a dar este paso na cidade de Vigo.


Celebrara-se un Foro e unha Feira de Soberanía Alimentaria, onde mediante debates, exposicións, mostra de productos, obradoiros e música, denunciaráse a utilización dos monocultivos intensivos, os agrotóxicos, a especulación do capital financieiro coa produción,transporte e venda dos alimentos...,e como todo isto afecta na vida das mulleres, das comunidades, dos povos e do planeta, sendo as mulleres maioria na producción e elaboración dos alimentos, ainda tendo só o 1% da propiedade da terra. No Foro e na Feira defenderáse o dereito que teñen os povos a decidir sobre a sua alimentación, a súa agricultura e pesca, sinalando o papel das mulheres como agentes de Soberania Alimentaria.

O domingo 19 de outubro, nunha praza da cidade de Vigo, realizara-se a construción dun milladoiro para o que contaremos coas pedras que as delegadas transportarán na súa viaxe a Galiza desde distintos puntos do planeta, simbolizando a unidade das mulleres e dos camiños na loita contra a violencia e a pobreza.Este proxecto artístico elaborado polas alumnas da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, ficará en Vigo para dar testemuña ao longo do tempo da solidariedade vivida coas mulleres do mundo, na súa loita contra a pobreza e a violencia.

Ademais, poderemos compartir coas delegadas da M.M.M. as rúas de Vigo, na manifestación convocada para o domingo 19 de Outubro, baixo o lema "CAMBIAR A VIDA DAS MULLERES PARA CAMBIAR O MUNDO, CAMBIAR O MUNDO PARA CAMBIAR A VIDA DAS MULLERES".

Acode a Vigo o 18 e 19 de outubro para berrar con nós que este cambio é posíbel e para mostrar a tua solidariedade coas mulleres vindas de todo o mundo.
Modificado o ( Martes, 26 Agosto 2008 10:18 )
 

Fotos Concentración 18 de Agosto de 2008 en Ferrol

Correo-e Imprimir PDF


Concentraçom realizada en Ferrol, o luns 18 de agosto en repulsa polo asesinato de Aelica Da Costa.

"... Mais que nunca, a violencia machista é un problema de TODAS e de TODOS, por iso, apoiar políticas, expresións relixiosas ou culturais que impliquen discriminacións, ou deixar de actuar, de denunciar, de rechazar ou intervir contra as expresións e actos machistas, pode significar alimentar a espiral da violencia e máis vidas de mulheres tráxicamente interrumpidas".
Modificado o ( Mércores, 03 Decembro 2008 11:06 )
 

A MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA PARA HOXE CONCENTRACIÓNS DE REPULSA POLO ASESINATO DE AELICA

Correo-e Imprimir PDF
Aelica Dacosta tiña só 25 anos, ainda asi, a súa vida estaba chea de responsabilidades, dous nenos de 4 e 3 anos e unha vida laboral como empregada doméstica, que apunta un dia a dia cargado de dificultades.O machismo sesgou a súa vida e deixa unha ferida incurábel nas súas crianzas e na súa familia.Nen as leis, nen a acción da Xustiza, nen os servizos sociais de apoio foron útiles nesta ocasión, para salvar a súa vida, porque a violéncia machista,que se cobra vidas de mulleres en todo o planeta, xustificada polas leis en moitos estados e até hai pouco, non penalizada no noso país, necesita moito máis para ser erradicada.Precisa de profundizar no modelo social inspirado nos valores da igualdade e o respeto, que faga desaparecer das estruturas políticas, económicas, relixiosas e culturais todo o que signifique discriminación, desigualdade e opresión.Pode soar a utopía mais, para as feministas, é o camiño irrenunciábel.O sangue das 45 mulleres asesinadas no que vai de ano no estado español, e o sangue de Aelica, unha nova vítima mortal da violencia machista en Galiza,nos están indicando que non é suficiente coas políticas que se están aplicando, que non é suficiente a conciencia e o compromiso que está tendo a sociedade na loita contra o machismo, por máis que hai uns días tivesemos un ejemplo notábel, ainda que con tráxico resultado, na persoa de Jesús Neira, o ferrolán que se debate agora entre a vida e a morte por intervir para parar unha agresión.Mais que nunca, a violencia machista é un problema de TODAS e de TODOS, por iso, apoiar políticas, expresións relixiosas ou culturais que impliquen discriminacións, ou deixar de actuar, de denunciar, de rechazar ou intervir contra as expresións e actos machistas, pode significar alimentar a espiral da violencia e máis vidas de mulheres tráxicamente interrumpidas.

A Marcha Mundial das Mulleres, convoca concentracións de repulsa ante esta nova morte, expresando asi o noso rechazo a esta acción criminal e reclamando á sociedade galega un compromiso máis firme e sen tregua na loita contra o machismo.

Concentracións
Ás 20hs na Praza do Concello de Ferrol.
Ás 20hs diante do MARCO en Vigo.
Ás 20hs no Obelisco en A Coruña.
Modificado o ( Luns, 18 Agosto 2008 09:26 )
 

Programa do Foro Social de Soberania Alimentaria

Correo-e Imprimir PDF
Sábado 18 de Outubro (Auditorio Caixa Nova, Vigo,)

(17 / 19hs)

SOBERANÍA ALIMENTARIA, UN DEREITO DOS POVOS, UNHA FERRAMENTA PARA AS MULLERES.

•GLADYS ALFARO (México),
  • Representante do CIAM (Centro de Investigación e Acción da Muller Latinoamericana). Comité Internacional da Marcha Mundial das Mulleres.
•LIDIA SENRA (Galiza),
  • Labrega, da Secretaria das Mulleres do SLG. e de Via Campesina.
•IRENE LEÓN (Ecuador),
  • Socióloga e directora da área de muller de ALAI (Axencia Latinoamericana de Información). Colaboradora Via Campesina.
(19 / 19:30) Descanso.

(19:30 / 19hs)

CONSTRUINDO SOBERANÍA ALIMENTARIA, REALIDADES E PROXECTOS.

•CARIDAD YNARES (Jing) (Filipinas)
  • Avogada de Sarilaya-Kasarian Kalayaan.
•NANA AICHA CISSÉ (Mali),
  • Colaboradora da Coordenadora de Organizacións Campesinas de Mali.
•DENISA VUILLON (Francia),
  • AMAP "Association pour le Maintien de l´Agriculture Paysanne en France"
•ROSARIO SÁNCHEZ (Galiza)
  • Labrega, Proxecto "O Grelo Verde"
•ESTHER VIVAS (Catalunya),
  • "Xarxa de Consum Solidari".

Inscripción gratuita.Tradución simultánea.
Pódese facer a inscripción directamente AQUÍ
ou enviar a FOLLA PDF cos datos ao fax (986) 442 195
(imprescindíbel DNI ou pasaporte para retirar cascos)
Aforo limitado, admisión por orden de inscripción.
+info (986) 442 194
Modificado o ( Martes, 09 Setembro 2008 17:06 )
 

III Bandeira de Traiñeiriñas da Marcha Mundial das Mulleres

Correo-e Imprimir PDF

A III Bandeira de Traiñeiriñas da Marcha Mundial das Mulleres celebrouse o pasado domingo 11 de Maio de 2008 no peirao do porto de Bueu (Pontevedra).

Inscritas dez tripulacións, no último momento só participaron oito, por enfermidade dunha remeira de Amegrove e as da vila de Cangas, tiveron problemas “técnicos” que consideramos que máis que técnicos foron machistas, xa que non puideron participar por falta de barco e podrían facelo compartindo barco co dos rapaces; pero ao cambiar en orde a regata e adiantar ás rapazas despois dos xuvenís “non lles daba tempo a cambiar o barco”. De tódolos xeitos, a MMM considerou que tiñan que levar premio por estar ali e querer participar aínda que non puideran facelo.

Destacar tamén, que as remeiras de Cesantes (Redondela) e Coruxo (Vigo) uníronse para poder formar a tripulación dunha traiñeiriña.


A clasificación foi a seguinte:
  • 1º clasificadas (Bandeira de Traiñeiriñas da MMM) : C.R. Cabo Cruz de Boiro (Boiro)
  • 2º clasificadas: C.R. Chapela
  • 3º clasificadas: C.R. Sanmertolomeu de Meira
  • 4º clasificadas: C.R. Mecos do Grobe
  • 5º clasificadas: C.R. De Vilaxoán
  • 6º clasificadas: C.R. O Mar de Bueu
  • 7º clasificadas: C.R. A Cabana do Ferrol
  • 8º clasificadas: C.R. Cesantes-Coruxo
  • 9º clasificadas: C.R. Vila de Cangas

Contamos coa presenza de moitas mulleres con cargos de responsabilidade dentro das distintas administracións, algunhas das cales entregaron os premios como: Carmen Adán (Secretaria Xeral de Igualdade), Marta Souto (Directora Xeral de Deportes da Xunta de Galicia), Mª Xesús López Escudeiro (Delegada de Deportes de Pontevedra), Laura Ogando, Rebeca Gago, Teresa Madaleno (concelleiras de Igualdade, Educación e Servizos respectivamente do concello de Bueu), así como o alcalde e concelleiros do concello de Bueu.

A pesar do mal tempo, foi un día alegre e festivo para as remeiras e o público que estivemos ali en xeral.

Modificado o ( Venres, 15 Agosto 2008 10:08 )
 

Un millón de sinaturas para a defensa dos dereitos das mulleres

Correo-e Imprimir PDF
Desde a Coordenadora da Coruña, e como parte das iniciativas que estamos desenvolvendo para que o aborto libre e gratuíto sexa unha realidade no noso país, unímonos ao Chamamento Feminista Europeo colaborando con a recollida de un millón de sinaturas en denuncia da perda de liberdades das mulleres na Europa, e para exixir que o dereito a decidir de todas as mulleres sexa universalmente garante.
Para ler o texto do chamamento fazer click en Leer mais, e para asinar o chamamento fai click AQUÍ

Ler máis...
 
Máis artigos...
Páxina 59 de 61

Participa!

unete.png

Opinión - Debate

A Viñeta

A MMM en Twitter

Perfil no Facebook de Marcha Mundial Mulleres Galiza

Enlaces Web











Banner Apoio:



Coloca un na túa páxina web !

Campañas:

cartazrumboagaza.jpg

4accion.png

fotocool_web.png

pgda.jpg

Cartel
Cartel

Publicacións:

tribunal_acusacion.jpg marchabrazil.jpg novasfeministas.jpglibroaiiiaccioninternacional.png portada_aborto.jpg24maio.png

Descargas:

Organizacións que integran a MMM:

NACIONAL
ADEGA [ir]
Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista [ir]
Anova [ir]
BNG - Comisión de Mulleres [ir]
Cerna [ir]
CC.OO - Secretaría da Muller [ir]
Esquerda Unida - Área da Muller [ir]
Forum Galego de Política Feminista [ir]
Galiza Nova - Asemblea de Mulleres [ir]
MÁMOA, Asociación Galega Pro Lactancia Materna
Mulleres Cristiás Galegas
Sindicato Labrego Galego - Secretaría das Mulleres [ir]
STEG - Asemblea de Mulleres [ir]
Xuventude Comunista [ir]
VIGO
AREA LOURA – Mulleres do Val Miñor
Asociación multicultural de mulleres [ir]
Colectivo Violeta
Dorna
Federación Veciñal Eduardo Chao - Vocalía da Muller [ir]
FIGA (Feministas independentes Galegas) [ir]
Mulleres Progresistas de Vigo [ir]
Nós Mesmas [ir]
Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos [ir]
FERROL
Fuco Buxán [ir]
Lefre de Caldereta [ir]
USTG - Departamento da Muller [ir]
PONTEVEDRA
Asemblea de Mulleres de Pontevedra
COMPOSTELA
LIBERANZA, Asociación de Promoción da Muller
COSTA DA MORTE
Buserana
A MARIÑA
Observatorio da Mariña pola igualdade [ir]

Organizacións que colaboran coa MMM:

Mulleres Nacionalistas Galegas [ir]

Usa software libre

Cartel



Quen está en liña?

Temos 64 convidados en liña